Pensamento Livre

Femia insecto

Arquivado en: Faladas — pakolas @

femia A femia insecto con ancas armadas de cuchillas en cuclillas.
Con longos brazos articulados. Bastós ate o chan controlando o entorno. Elevada xuíza letal da elección e selección da xenética futura. O macho testarudo có seu sino mortal por atender á súa natureza.
Cando nengunha ameaza nen traba impide ser el quen sea, asegúrase a insecto de que os futuros serán quén de loitar ó mundo e facelo bem.

Non sei moi bem se falo de insectos ou do xeito do noso sexo ou da natureza do resto pra eu me atopa-la miña. E “túa” tamén é “nosa”. Que 0 e 1 son 1 e femia e macho tamén.

Parece mentira

Arquivado en: Faladas — pakolas @

manuscritoSe cho digo de noite parece poesía e parece mentira se cho digo de día.
Non durmo por velarte, que queren as nosas mentes imprudentes que somos nós e non nengún ente impotente de facernos sentir tan preto (case por consciencia en perspectiva e escala real de que “realmente preto” precisa de estar no mesmo planeta).
A miña cabeza retén a presa que provoco o corvo que asexa nalgures neste corpo. Por un lado é sempre algo e do outro, mira tí, hai outra cousa.
Vai ser que sí. Que todo e que nada. E que endexamáis ou sempre. Ou algunha cama quente.

Ou algunha outra cousa que pensa o mundo que por non dicila comprensibel, nona sinto ou nona tiven.

Ocasional Visión Na Ionosfera

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

platoA noite sorprendentemente clara de luz de estrelas por millós e de lúa por unha, sorprendeunos tumbados boca arriba, desentrañando constelaciós. Unha extraña luz azulada, aceirada, en forma de anel, separouse dunha formación estelar desvelando un extraño engano visual. Iniciou un vó horizontal cara ó norte. Ducias de kilómetros en segundos. Parouse en seco. Suspendeuse por uns intres e ascendeu na vertical do planeta a unha velocidade imprevista, anulando a posibilidade de que fora un artefacto humano. O ceo recuperou a serenidade, e 0 e 1 a calma.
1- Tíííío… Tííío… ¿Viches iso?
0- Si. Un OVNI
1- Ninguén o creerá. En fin… eu tampouco teño moi claro iso dos avistamentos…
0- Outro porco na corte…. Nin tropezando con el. Sodes moi inxenuos. Pero vamos a ver, mona… ¿Era un obxeto?
1- Si. E a bó seguro se reflexou nalgún radar.
0- ¿Voaba?
1- ¡A saco!
0- ¿E sabes o que era?
1- Nom.
0- Moi bem. Aló temos un obxeto voante non identificado ¿non?
1- Si
0- …

Sorprendido polo descubremento, 1 oteou de novas a inmensa cúpula celeste. Fantaseou con ter que atender el ó novo ser. Nada diso ocurrirá. E sen embargo existen…

O xeito de levar adiante unha horta cheíña de vida é mirar pra ela. ¡Vaia!… ¡Qué coincidencia!…

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Deserto fiscal

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

No deserto fiscal, mulleres e outros escravos semidesnudos dispensaban uvas de racimos en divanes pra que os incautos se onanizasen de plástico. Lonxe de preocuparse, 0 e 1 camiñaron outro tramo.

1- Seica van abri-las arcas dos paraísos fiscais.

0- ¿E?

1- E nada. A ver se reparten.

0- ¿E?

1- Que como é unha economía anti-persoa, o único que fan é mirar nuns ordenadores a cantidade de numeritos que pone. Non hai un puto lingote detrás, nen un billete impreso de débeda. Non hai ren. Logo os estados renegociarán tal débeda, reaxustarán o IPC ou algún delito deses, cambiarán o tamaño dos teus billetes, e te dirán crisis muitas veces, a ver se insistes en currar.

0- Non pensarás que a macroeconomía é solventabel…

1- Nom

0- Nen creerás que os bancos deixarán de coller cartos das contas corrientes…

1- Nom

0- Nen pedirás factura ó banco do que se incauta por motivos financierosos…

1- Nom. O banco que eu sepa non declara á mesma facenda que nós

0- Nom

1- E tí nom terás tabaco…

0- Iso sí.

Incomodados pola circunstancia de dar mal exemplo ós nenos, non fumaron de inmediato. Afanosamente e sen perde-lo paso, liáronse un peta agardando pacientemente ó fin do relato. E cando por fin se achegaban a.

1- ¡Dame lume!

1001

Arquivado en: 0-1 — pakolas @


A dureza de Sol e a golpe de area, o esqueleto dun colosal mamífero parou a marcha de 0 e 1 que con curiosidade natural, blanderon pezas daquel puzzle morto.

1- Só co óso xa son perigoso coma o oso roxo de Favila.

0- Mil anos antes de 2001, xa acontecera que un primate ideou unha ferramenta que lle ía  liberar da opresión doutro individuo. O caso é que o primate opresor (que era un animal), lle agarrou a cabeza e usou a recente contraposición do pulgar pra vaciarlle as cuncas dos ollos. Pasaron todos eses anos antes de que se lle ocurrira a outro.
En realidade, os primates opresores non van en contra da evolución. Só a frean.
Pretenden unha exolución. Unha evolución paralela á natural, na que o individuo pretende tomar control da súa propria natureza e manexala a capricho. Algo estúpido.

1- Fixo bem zoscarlle.

0- Amáis empezou él.

As Tectónicas son individuos conscientes de se-la etapa consciente da evolución das placas tectónicas. A súa convicción máis forte é a de voltar formar no futuro parte da placa pra seguer a empurra-lo mundo.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Ren

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Hoxe hai de todo.
A música repetida mil veces. A foto que dixo algo que lembro cada vez. Un contrato inasumibel por relación. Un protocolo adoptado. Un comercio inxusto e desvirtuado. Unha fórmula individual separatista. Un aparello pra te distrae-la mirada. Unha cunca de alimentoides. A vida enlatada. Ouro que non brila. Xoguetes solitarios. Aventuras programadas i éxito asegurado. Seguros pra mamas de nais e semen roubado pra naceren abandoado.
Mañá non haberá ren.

Niño baleiro

Arquivado en: Faladas — pakolas @


No niño baleiro, frío e seco, as palliñas agarimosamente enlazadas non quecen xa nada vivo e os oviños apodrecidos esperan a alimaña que os tire pra desfacerse en vermes e cucarachas. Sen futuro, a árbore envelenada seca de tronco e ramas e as raíces  escapan da terra enchoupadas… empantanadas.

Fun alí a chora-la miña pena, e roubáronme a escea. E parei. Alí mesmo. E fixen campaña. Logo casa.

E lume. E do árbol leña. E lareira. Logo criei. E sacrifiquei e madurei. Amei e conquistei. Follei e parín e seguín crecendo.

E lembrei a árbore, o pantano e o pesar enteiro. Nono esquecín. Lembreino.

Caféspello con letras

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Qué sería dos reflexos sen nós. Onde estarían os espellos sen os demáis, que sómo-lo resto. Demandades o reflexo equivocado. Querédelo concebido pra contestar sempre sí.

Disfruta do sexo, non es tan guapa, deixa ós demáis ser quen son, la coca no es guay, esquece esa pose, pécha-los ollos pra mentir, imaxinas que odias, fas o ridículo, invades espazo, nom nos interesan as túas miserias, nom som amigo teu, esos nom son os teus amigos, desconfías ate molestar, eres una cerda, pero non o bastante, a min nom me enganas, nom me veñas con gilipolleces, respétate tí primeiro, mintes e é evidente, non estás enferma, fas dano e o sabes, iso nono podes mercar, recoñécete perdida e bota a andar, dimo que pensas dunha puta vez, sofre tí, cumpres séculos, devolve iso e descúlpate, iso que fas é sucio e feo,  ámote.

Volo digo a vós, Anxo, Esteban, Estanislao, Carol, Xaime, Xaquín, Laura, Victor, Iris, Adolfo, Uxía, Gonzalo, Alberto, Cayetano, Miguel, Marga, Tania, Serxio, César, Vero, Alonso, Xacome, Javier, Jose, David, María, Alfonso, Manolo…

Pra cada un a súa reflexión, eu prefiro esperar… a caer bem.

Profetas sen terra

Arquivado en: Faladas — pakolas @

O mono espido chegou entón a muda-los seus principais canais de comunicación social (poderiase falar que a nivel xenético en poucas xeraciós) por diversas interacciós tecnolóxicas predominantes na época. Deste xeito, o que outrora fora gusto polo arte, xa atourado de información e posibilidades deixou de elixir, e deste xeito ningún membro da comunidade logrou ser recoñecido socialmente no seu entorno baseándose no arte ou no coñecemento.
Soamente a recepción de información a través de canais como a televisión, internet, ou a prensa escrita, permitían ó individuo aprecia-lo valor e conveniencia do que lle rodeaba.
Isto foi correxido pola popular contramedida aplicada máis adiante: A “Localización Cultural”, que consistía en darlle prensa a través dos escasos canais públicos funcionais ós artistas locais.
Inmediatamente a xente recoñeceu o seu e houbo gran regocijo.

O CHE

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

Prácidamente acomodados nun espejismo, dúas birras os invitaron a unirse á fantasía:

0- Mira. Tí mais eu imos montar un negocio. O CHE ( de “chistes españoles”). Poñemos por escrito que o chiste dos dous heavies que van polo deserto é noso e facemos unha estimación aproximada das veces que se conta entre os muitos que contan na Administración Pública. Iso nos permitiría cobrarlles un bó pico a cada edificio, oficina e ventanilla pública. Un “canon”.
1- Pois iso é o que fai a Suciedade Xeral nas Frores.
0- Exacto.
1- Bó é que non é noso…
0- Bó é.

Astendidos bolas mensanas dos colós, 0 i 1 conjundieron la enfrenda car sa vinistro.

Lázarus

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

Nunha das escasas ocasiós nas que toparon cun bó penedo, 0 e 1 reflexionaban sentados na noitiña sobor da famosa historia do máis longevo humano na historia aínda non escrita.

1- E ese Lázarus… ¿era banquero?
0- Nom. Era supervivinte. Mais cando chegaba como pionero a un novo planeta, o primeiro que facía era organizar un banco de débeda. Esto significaba imprimir papel-moeda do seu banco. Mantendo calquera producto imprescidibel (normalmente semente) como referencia. Cando decidía abandonalo todo pra comezar outra “personalidade” noutra aventura colonizadora, comezaba a deixar de dar créditos (imprimir papel) e queimaba cada un dos billetes que entraba no banco. Iso eliminaba a débeda.
1- Xa, pero estes non van facer iso…
0- Nom, pero comezaron igual.

A rabia de 1 nunca é tan grave como pra armala, mais desta ocasión pensou en bombas e granadas, todas elas fétidas e desgranadas.

Só iso

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Que non sei se me explico, que van xa un cento e pico
de veces que nada, sendo tan rico.
De ocasiós perdidas de non perdemos nada.
Que teño unha balanza de senso escollida
pra te teren tan atopada coma perdida
Eu entre as túas tetas e tí no máis seguro do Planeta

Governo de Emerxencia

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

As poderosas espinas dobregábanse baixo o coiro lumbar de 0 e 1. Á sombra do cactus compartían conversa e Marihuana.

1- E os anarkistas… ¿votamos?
0- O que botamos os anarkistas e de menos unha boa anarkía. Mais xa no lío, deberiamos ir concretando un Governo de Emerxencia. No caso de que a cousa se poña fea (por exemplo xa), ter cabezas pensantes que sí poidan opinar sobor do que gobernan, e toma-las riendas das infraestructuras políticas xa financiadas varias veces.
1- Ponme a mín de ministro do rock.
0- Non, que tí non tes nin puta idea. Mais podes propoñerte. Terías un salario, se a xente te vota claro.
1- ¿E por onde comezamos?
0- Ministro de economía: Noam Chomsky.
1- Hai un fulano, mestre e mariñeiro, que no meu pobo os poñía a todos a nadar. Conselleiro de pesca: O rubio.

0 sorriu. Fixo palanca contra o cactus ate erguerse. Marcando a chupa a cuchillo, pensando no novo tempo que viría cando morrese o demo da cracia.
1 riu abertamente, debuxando a man na areia con sombras. Primeiro a victoria co índice e cos corazós. Logo virou a man e baixou o índice.
1- Cabrós.

Caféroticon letras

Arquivado en: Faladas — pakolas @

¡Qué bem me viñas! ¡Qué bem te tiña!
Menuda e quente chea de vida disposta a amanta-lo mundo.
Me viñas de fronte deixando a dignidade na roupa. Abríndomos ollos por eones que parecen segundos.
Regalándome contracciós non verbais que comprendo non comprender de todo.
Te tiña bebéndote das dúas mamás que gardan con celos o lugar máis seguro do Planeta.
Regalándote segredos animais que entendo que os entendas mellor ca mín.
Veño de soñarte.
De atarte a mín con brazos gordianos.
De darte a mín a parte que das sen medida.
Diso veño.

Entropía (en diante S)

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

En termodinámica, a entropía é a magnitude física que mide a parte da enerxía que non pode empregarse pra producir traballo. Pero voltemos á realidade:
A noite cae fría e seca no deserto, e a lúa brila pola súa presenza. E vémola porque non estamos no medio (ou a eclipsamos) e lle da a luz, (ou o Sol a irradia).
1 trabou as puntas das botas na areia, e o aceiro atacouna cun raiante fío agudo. Erguiu o mentón ate a prepotencia.
1- A Lúa me atrae. A saco. A Terra me atrae máis. Neste punto, claro. Tamén poidera caer na Lúa. Isto me lembra a unha noiva que tiven.
0- A consecuencia deste fluxo e refluxo constante (ou ritmo) que remexe a auga e a enturbia, é que saen seres do caldo. Papá Sol e Mamá Lúa. Un da calor, e outra remexeo todo. A búsqueda entrópica (ou S) de vida noutros planetas debería combinarse coa búsqueda de lúas proporcionalmonte enormes con respecto ó planeta luneado. Neste sistema hai moita pedriña polos Júpiter, pero nada comparado con Selene.
1- Pero cero, eu falaba dunha pava. Quecina e arroupei, e ela…
0- ¿Remexeute todo?
1- ¡Eh! Cómo…
0- ¡Ah! Migo…
Na noite as crestas coma navallas das dunas aceiradas semellaban trampas desproporcionadas que inútilmente pretendían cortarlle-lo paso.

Antes de dicir nada; Vamos a dar por suposto que existe a realidade…

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Fi

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Tentarei mirar atento a natureza mesma que se lle da por mostrárseme nun cento de recipientes. Un máis fermosa que outro. Xentes que pra seren inexactos son xustamente a consciencia da mesma natureza, mais escravos da súa mente matemática en base fi. Creando o mundo e explicando os acontecementos e físicas dende o mesmo e único patrón, que remata na sorprendente medición de o que ó fin non é máis que un grado, ou unha medida do mesmo tipo de consciencia.
Entrementres, distintas vidas se atopan e recoñecen pra xenerar novas vidas e acontecementos. Só medibels para outros, observadores tristes do devenir dos demáis.
Se creo querer quererte, ou se quero creer que o fago, convírtome nun mago. De verbas retortas de sentimentos imponderabels.

¡Qué curioso! Que o único indefinibel sexa a ánima que nos permite medilo todo. E ló, se son eu quen o xenero todo, tí non existes. E se me trabuco e tí existes, se me xeneras, estoupan sexos, e derrítense meles, e rózanse peles, e imprímense a lume figuras de neuronas imborrabels ate a morte ou o fallo eléctrico, coa única e derradeira oportunidade de contarllo ó supervivinte, ou deixalo por escrito. Ou pintalo na pintura despreciada polo canon. E se ó fin non importa tanto comprendelo como vivilo, entón gañémo-lo tempo. Eiquí escribíndoo ou alí léndoo.
Dóemo lombo de enterra-la morte, e chóranmos ollos de ve-la beleza. Vivo o que podo, novato nesta ocasión. Veterano nunca de poucos anos, ou non tantos coma novela final da historia da consciencia (que ninguén lerá).
Grazas por todo. Eu xa marcho. Pero bueno, teño un momento.
Cedo o espazo ó medo que me da compartilo, pra ver se me trabuco e remata pagando a pena non ter medo a nada. Dígoo todo pra mentar algo certo, e bícoo todo pra atinarlle nos beizos á natureza que me fixo capaz de facelo.
De nada. Aquí me quedo. Pero bueno, non teño moito tempo.
Espero que seleccionedes o que vos sirva pra algo. De mín e de cada complexidade que atopedes.
Gosto de tentar abrir tódalas portas e fiestras, pra ver se entra a treboada que peta fora, e se nos leva a todos e nos limpa de estar folgando.
Gosto de tocar tódalas notas e pezas, pra ver se dun acorde involuntariamente ábre-los beizos pra dicirme algo que me faga seguir tocando.

Teleostias

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

1- Joder, ¡Qué calor!
0- ¡Home…! Estamos no deserto…
1- Molaba teletransportarse ate o oasis.
0- Xa. Coma cando te estás facendo polvo, e pensas na cama.
1- Sí tío, fas ¡chas! e te teletransportas onde queiras.
0- Pffff… O teletransporte é un superpoder que non vale tío. É como trampa. Non serve. Cero. Nada. Date conta:
Pra empezar, teriamos que falar do teletransporte tipo “Rondador Nocturno”, é dicir, sen cabinas nen nada ¿non? porque doutro xeito, xa te vexo poñendo unha cabina en cada lugar ó que precisaras seren teletransportado. ¡E te regalo as inalámbricas!. Mais isa non é a cuestión principal. A cuestión principal é que se te desmaterializas nun punto “A”, e te materializas nun punto “B”, non estás viaxando. Definitivamonte non vale, porque NON É UN TRANSPORTE. Non te porta, tío. Te deriva, e logo te integra. Te modula, e logo te demodula. Te destrúe, e logo te reconstrúe.
E no caso de que lograses o “transporte” (en plan Iron-man, que llo compra supertodo a un fulano superlisto que llo mete no supertraxe: “-¡Hala!… Se me acaba de ocurrir una idea buenísima. Un misil nuclear interplanetario del tamaño de una moneda.”) e lograses “transportar” a túa materia dun espacio a outro, eu pregunto… ¿En qué preciso momento ou lugar, se des/materializa a consciencia? É dicir, se recolocases exactamente a mesma materia exactamente coa mesma estructura exactamente no lugar preciso … ¿Son suficientes as tres dimensiós (espaciais) pra da-la condición da túa consciencia colocando todo no sitio exacto, ou precisas da cuarta dimensión (temporal)? ¿Daríanse as condiciós ideais pra “exactamente” a mesma consciencia, ou volverías a comezar coma un bebé?.
1- Sí tío, mellor a pata.
0- Sí. Amáis así Falamos…

1-0 Falan de 0′ (en diante 0 prima)

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

1- ¿Y a moza?
0- ¿Qué moza?
1- Non jodas.
0- ¡Ah…! Vina onte. Lle dixen: “Te quiero”
1- ¡TIPO!… ¡Non lle podes dicir iso a unha muller!
0- Dixen “te quiero”, mais preferíría telo retirado e matizado. Ó que me refiro é a que os humanos repetimos esa fórmula pra intentar facer entender ó resto dos humanos o que sentimos. Evidentemonte, isto nom é posibel, mais consensuámo-la fórmula pra evitar parecer estúpidos intentado explicalo. Entón ven a parte na que cada un intenta atopa-las verbas adecuadas nom tanto pra explicalo como pra que a outra mente se poda facer unha idea. ¡Da igual!. Ningunha mente se pode facer unha idea. Cada unha fai a súa. É inútil.
De feito, estamos de acordo en que o azul é a cor, mais isto a base de aprendizaxe. Certo é que físicamente o ollo recolle a info dun xeito determinado e a envía ó cerebro. De ahí en diante, pódese falar muito, mais aseverar pouco. Quero dicir, que unha cousa é o proceso e outra a percepción en sí.
Cae polo seu peso, sabueso, que isto se lle ocorreu a alguén moi listo, e resulta unha práctica moi práctica, e logramos entendernos co informático cando lle explicamos cómo se queda a pantalla cando sobreven o colapso do ordenador.
Cando andan polo medio os sentimentos, todo se complica, pois non temos un referente global que nos indique a dirección do consenso. Non existe unha versión do amor humano externa ó ser humano. O amor é a versión humana do amor (en todo caso). Nen sequera ó namorado lle parece suficiente a comparación coa novela do Montesco.
1- Xa… E ela ¿qué dixo?
0- “Te quiero”
1- Xa…

O - 1

Arquivado en: 0-1 — pakolas @

Atópanse dous sudorosos heavies (en diante 0 e 1) no deserto.
0 -Joder, tío, cómo gostaría de atopa-las verbas exactas pra comuicarte a ledicia que me produce atoparte.
1 -Eu tamén tío.
Un abrazo

Camiñan xuntos, e ó cabo 0 agóchase sorprendido recollendo algo da areia:
0 -¡Ostia|, Tipo…, ¡Unha pedra preciosa…!
1 -¡Quita de aí!, se iso é un ladrillo…
0 -¿Qué pasa?… A mín me mola.
1 - Alégrome moitísimo de que te mole, porque non podo percibila coma tí, mais sí entendo o pracer que produce esa sensación. A mín me pasa cos Zeppelin.
0 -Buscan vocalista.
1 -Sí. Molaba.
0- Sí.

Etapas

Arquivado en: Faladas — pakolas @

A rocha ten varias etapas que dividen a súa existencia. Primeiro é un inferno de todo á vez. Logo se enfría, logo se divide en mil millós de cousas, e acaba sendo wolframio de Santa Comba na miña orella. Claro que durante a etapa consciente da rocha, da tempo a dicir estas cousas. Aproveito pra dicir tamén antes de purrar contra unha placa tectónica uns millós de anos máis, que soamente os que me sobrevivan no tempo poderán lembrar que o dixen.

E non erremos, se non tivera potasio de Ordes no cerebro, tampouco podería Falar disto. Orgulloso da miña orixe, coma se precisara xustificala.

perla1.png

En xeral, os heavies sempre foi a xente que máis música escoitou. Anque só sexa en volumen.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

O eixo do carro

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Hai 20 fulanos no mundo (15 deles na Galiza), que saben facer e montar un eixo de carro de buxo, se houbera buxo. Mentres estes homes e mulleres non publiquen un dossier sobre o tema na wikipedia, ese saber é privilexio de poucos. No momento en que o publiquen, pasa a ser parte do coñecemento humano “dixitalizado”.

Porque o coñecemento humano, é un. 1.

perla1.png

Mexade nas alcantarillas, non nas esquinas. Non sodes cas.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Có meu paso en pé xiro e soporto o planeta, os puños apoiados no universo.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Lín a un Sol abrazador, a carón dun bravo castiñeiro, e pasei pola pedra ó ritmo da música, e abrin camiño entre regos de follas, e escoitei a queixume dun sauce. ¿Foi así? Ou ¿cómo foi?

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

A túa tranquilidade depende da túa mesura e, por certo, a vida non precisa intervención do usuario.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Esquece esa viaxe. Non podes ir onde non esteas tí.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

Eu o digo, porque ás veces o que quere un é tomarse unhas vacaciós de sí mesmo, cando a viaxe fundamental é cara dentro (viaxe que pode durar toda a existencia consciente para bem, ou un suspiro para mal).
Te recoñeces e podes ir a calquera sitio. Desplazándote ou dende eiquí mesmo.
Eu o digo porque tampouco é o mesmo viaxar ó Cabo da Crus, que pernoctar a Granville (Normandie).
(Ó Calor de Carol. Claro).

perla1.png

Receita:

Arquivado en: Faladas — pakolas @

- Dous lomiños de porco empanados doble capa como a min me mola.
- Ensalada con tomate, cebola, sal, aceite e atún.
- Baloucas fritidas.

Ingredientes:

- Animal morto.
- Pez morto.
- Óvulo de ave sen fecundar.
- Cousas collidas do chao. Algunhas de debaixo.
- Pedras.

perla1.png

As chiquilladas de hai dez anos serán noutros dez as que hoxe nono parezan. Tampouco o parecían daquela. Isto resta importancia a algunhas canalladas, e fortalece algunhas ilusiós. (Comprimido, ate o inasequibel).

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Son a etapa consciente da experiencia vital da rocha. ¿Volverei a selo? (me permito o luxo de preguntar ás miñas outras queridas etapas de rocha (máis ou menos conscientes do que son (eu(digo)))).

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Como dijo Cyrano al soltar su bolsa al resto -Sí… pero ¡Qué gesto!- Lo quijotesco no admite presupuesto.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

La una

Arquivado en: Faladas — pakolas @

La clara diferencia entre una estrella y la luna es que la una brilla y la otra hay una.

Si me equivoco, cuando muera, que me digan lo que quieran. Porque ahora mismo soy libre de hacer la guerra y si pierdo o si gano y si cierro o si abro no es cosa vana ni es pública ni es triste ni es única. Quiero aprender, quiero entender. Porque existo. Por querer. Porque resisto. ¿Y si soy listo? ¿y si tengo razón? y si ella es la dueña de mi … diré sinrazón… porque corazón no sé si tengo. Sé que funciona, pero si lo retengo se queda en eso, y no es broma. ¿Y si es mi mente la que la juega?, la que ruega. La que viola sus sueños, la que quiere ser dueña, la que piensa y tuerce el pensamiento a vida o suerte…

Cuando quiera y me levante, cuando me hierga y me cabree, entonces quemaré el espacio que ocupen mis brazos y si tú estás cerca y te quemo, arde conmigo ese fuego. ¿Qué quieres que diga?… si es que rima. ¿Qué quieres que haga?… ¿qué quieres que viva? ¿es esta tu vida o es la mía? ¿somos lo mismo o es utopía? ¿es amor o sólo poesía?

No te dejo ni de noche ni dormida.
Mi cama vacía solo conmigo, soñando contigo.
Y durmiendo me entretengo, y soñando te prevengo… que en mis sueños eres mía.

Me aprovecho y me invento el lecho, que en mis sueños sus almohadas son tus pechos y mis sábanas tu piel y tu miel y tu hiel que bebo, que ya sé que no debo, que no eres mía, que eres del mundo, que es tan grande que sucumbo ante la idea de tentarte. Y que llorar no es malo. Yo lo intento, pero no me sale, sólo siento que lo que me vale es lo que canto y ¡dale!… que si esto… que si lo otro… que tú eres bella y que yo un monstruo… que mi pene, que tu coño… que tus pechos, que mis dedos y que más da, si en el futuro si queremos sin un duro, si no queremos estoy seguro de que otro amor casi tan puro saldrá de nuevo. Casi. Seguro.

Bebo vino y bebo en vano pues la bebida de Baco me envenena el acto.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Puedo andar

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Siempre pienso -¡que suerte tengo!- y luego caigo en cuenta que pensando he perdido el tiempo. Siempre divago, devano, nunca vagueo. Nunca a tiempo. Voy a hacer algo, luego hago nada y a otro camino. Lo ando. Me empapo y nada. Y por otro y vuelta al paso.

Lo que sé todo a lo largo es que no quiero acabarlo… ¡lo que quiero es andarlo!. Y mientras pienso cuál nuevo tomar y mientras pienso cómo es de ancho, pasa el tiempo y vuelvo a andarlo. Luego aparece un ángel. Enamorado. Es un arcángel. Exagerado. Luego resulta que es para tanto, y me regalo.

Claro que el verso es dorado y la vida negra (por lo encontrado). Y sin ojos los tonos no existen. Y sin boca los poemas no dicen. De colores, de naranjas, de violetas. De perfumes, de sabores y de metas. Y así creo que voy a dormir, porque esta noche, con tanto trino, me estoy poniendo fino y mi sexo que te aguarda, que te persigue y se resguarda, espera inquieto y ten cuidado, porque si quiero no te respeto, porque si quiero…

Fé, esperanza e caridade.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

Fé en que é un sistema operativo.

Esperanza en que funcione.

Caridade con MicoSoft.

perla1.png

As grazas por todo había que darllas a Frodo

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Falar por Falar

Arquivado en: Bolas — pakolas @

Hai dez anos me molestei en facer unha chamada… Velaí a tedes.

Luz

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Canto a la luz. Que me atraviesa.

Me da pereza que en voz en alto

improvisar no es fácil, y sin embargo,

hacer figuras… forzar ideas,

en poemas cortos,

en cuentos largos…

que traen lo obviado, lo innombrado

y todos a escuchar en lugar de mirar.

Repetimos un hablar, un callar, un discurso ya manido. Sobado.

Y aburrido.

Lo mismo siempre, siempre lo mismo, … dame otra cosa, dame un sonido.

Dame esta luz, dame un ruido, dame un abrazo… dame un bramido.

Yo de ti ya sé. Yo de tí nada, porque si aprieto, condenada,

te me escurres entre dedos… te me escapas… te me apagas.

Quiero un espejo en que mirarme, no de cristal… uno de carne.

Uno que vibre, uno con sangre, uno que cante… uno que baile.

HOXE:

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Aconteceu:

A madrugada deume moito que pensar e pouco que facer. A mañanciña desapareceu e a mediodía comecei co techo da terraza. Pra tal poño as chanclas que me molan sen que se me pasara pola cabeza pensar que as usara pra puli-lo óxido do cadaleito. Despois de dous ou cinco minutos, descubro o que parece o paseo dunha pantasma con chanclas metálicas por toda a casa, que inclúen os farrapos que… que poño mil lavadoras, vamos… e xa postos vai o saco, o cójeme de Son Gokū (孫 悟空,?) e uns trapiños.

-Esta pintura é unha mera mancha branca. Non axuda ren ter furado buscando as viguetas inexistentes pra colga-la hamaca. Dúas capas.

Xa que xogo a debuxar vou polos arreglitos do baño. A zoa máis exposta á humidade parece deixarse espatular ate o infindo (término que define o que non precisa ser tan basto, pero se te pos sae todo).

-Bem. Xa postos rasco todo, mais limpar logo requerirá unha muller, ou un esforzo infindo. Joder. ¿Pedacitos de pintura manchados de pintura?

Repaso un ovo, e limpo cos dous. Decente.

-Esa marca quedará … sempre… sei que está aí… podo vela… BBrrfff….en fin.

O corredor observa con odio o meu paso. Pero me asustan os seus metros. Pra outra.

Me como un plátano. Zumo. Fumo.

-Por certo… pasei polas pezas das venecianas. Coloca-las dúas que faltan deixaría un fermoso espazo libre na memoria do meu Xa Petao cerebro. Colocadas.

-¡Ay! ¡Mi dedo…!

Molaba encintar pola cociña (o fregadero só… veña), pero pra iso teño que livera-lo todo e lava-la louza. E non por ese orden. Joder.

-Está demasiado atascado pra non asesina-la gata no intento, así que desmonto, e remonto as cañerías ate o impoluto final. Sí. Era necesario.

Lavo todo o que existe. Continentes enteiros.

-¡Bem! Xa podo raspar os azulexos pra que pague a pena o esforzo de logo enmasillalos. Quedou un bó pedazo feito. Mañá o remato.

Me como un plátano.

Escrebo unha líña a unha muller…

Lembráronme que lembrara lembrar isto:

Arquivado en: Bolas — pakolas @

Falas Faladas

Onanismo verbal

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Quixen dicirlle a soas… “-Ven antes e marcha máis tarde.”, e rematei suplicando… “-¿Por qué non vés antes de te iren?”.

Ennubecidos coma bobos impúberes vencímo-lo cumio fumando a Juana a caramelo, e o mel a lametós, e aquela vivencia tan dramáticamente insípida que eu épicamente engrandezo ate o HenryMillerianorgasmático, lle dí ós outros o que queren oir.

Así me invento varias danzas miñas que eloxia o resto, e nen sequera teño que pensa-lo que signifique. Sorte que os que me ulen se achegan buscando traductores personalizados de sentimentos e outras alleas complicaciós non só pra estaren de acordo.

A palabra é un medio fortísimo de comunicación. O máis seguramente. A verba escrita entra e reentra coma puñal.

Mais… ¿Tí entende-lo que che digo? Tí me escoitas ¿non é?

A maxia non existe. Existímo-los ilusionistas.

Eu Falo así… e desaparezo.

Eu, xenio.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

auroraygenioluz.jpgXa sei que este o meu xeito de senti-las cousas non é axeitado, mais de sempre, asustado, me teño axustado ás normas fixas de xente extraña.
E endexamais me serviu.

Existo por seres externos que me fixeron subsistir ate deixar que o fixera por min. E non fuxo das esixencias que nos unen.

Sego a desexa-lo que non coñezo coma un obseso, alimento o seso e desexo o mesmo sexo, non pra enxaulalo mais preservalo.

O éxito é o feliz fin dun axioma. Coma núas xuntas as amantes liveradas, que elixen hoxe pra deixa-lo mundo e adicarse ó outro.

Non deixo de vixiar que non xordan reixas nen verxas de redor, e as derribo a soplidos e en campo aberto abro os brazos e sinto cada verba pra aturuxa-lo teu nome alto e bravo. Calado ate os ósos do oxíxeno que me queima a pel.

Vexo a claridade frouxa e difusa do crepúsculo coma penúltima, e gozo o luxo de cada verba túa coma luz de lúa.
Luz que é arte. Que peta nela e parte de rebote, coma atoparte.

Eu, xenio, baixo o peso da sensación de saber mais por sabio que por pelexo, que se de base teño un x, son fuste que ten e sostén o planeta por capitel.

Calor

Arquivado en: Faladas — pakolas @

calo.pngPois hoxe vai de alegría e consciencia. Consciente de estar alegre e ir indo e vir vivindo. Alegre por seren consciente de que hoxe, coma outrora alguén me pediu que escribira. Grazas.
A ela e a todos, que sei que existides por egoísmo. Case por supervivença.
Mais me servides bem de espello no que verme mellor ou pior. Sodes vos os que me mostrades o bon e malo de min, igual que eu a vos. Cando son só solo ser espectador pouco severo conmigo mesmo, por coñecerme. Por comprenderme e arrouparme a min mesmo, que son o mellor que teño. E o único.
Pretendía coñecervos e comprendervos, e arrouparvos, parvos, mais vos, o que pretendedes e acabar comigo.
Pois nesa loita luito; E agradezo a compaña. Miúdo vehículo planetario comandamos, con toda esa parafernaria de vida, sangue, dor e de morte.
E toda esa pesca, e toda esa caza, que de sobrada vai linda e marcada e mancada por outros coma nós.
Hoxe montei unha partición en /dev/mapper/. Foi un erro.
Que me deixa aquelado ate volver ó taier.
Hoxe soltei unha maldición, e non confesei estar disposto a non poseerte tanto que te me escorregues entre os dedos.Terte cada vez, non todo o tempo. Foi outro erro.
Que me deixa tocado ate volverte ver ou voltar a verte, e que só quero liberar esas verbas na escuridade dos teus ollos.

Kaos

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Na miña experiencia, a Natureza se empeña en devolverme ó caos. Á terra.

Faime perde-lo móbil, o pin dos Guns, córtame as unllas, e faime depender do sangue que me oxixena ate morrer.

Non vou eu pelexar contra a miña propria natureza. Non podo colecciona-la miña vida, e facer unha exposición dela.

Ela é desas praias de area tan rica que contra máis a presiono pra retela máis se che me escorrega entre os dedos. Ó fin non sabe un qué lle quedará. Se lembranzas e pó, ou a pedra preciosa da esencia da Terra.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

perla1.png

O bipartidismo e a nai que os votou

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Política bem entendida como a de que cada cidadán sexa quen decida en cada momento cómo emprega-lo rendimento do seu traballo é unha cousa extraviada. Cando o comercio e a industria emprega Recursos Humanos, xa non é unha cuestión persoal, e te jodes.

Que de cada grupo de persoas con intereses parecidos xorda un representante que os defenda é lóxico e preciso pra unha funcionalidade mínima (supoño). Se segues globalizando o poder de decisión aparecen ducias de grupos políticos. Se continúas acabas como en USA ou en Spain, cunhas elecciós que recordan moito ó Madrid-Barça, e ó final, (como nom), acaba mandando un tipo.

Isto me recorda un pesadelo que tiven.

Algalia de arriba abaixo, un tipo verde: - Cen anos de sabeduría. ¡Quén os pillara!… cos que teño agora.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Se un alemán fala alemán, tí tamén podes ¿nom?

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

A caixa de Pandora tivo que abrila un incauto… ou unha muller

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

É así

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Un fulano ten 1207 corbatas no seu perfecto armario. Quere poder elexir, e cada mañán moléstase en elexir unha.

Outro fulano ten 5. Parecidas. Gosta de elexilas. Non gosta de que o molesten namáis erguerse.

Un fulano ten toda a discografía de todo…

E así…

Así e todo… manda carallo.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

As respostas inmediatas, son inevitablemente as menos meditadas

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Chámasme mestre. Sono. Por ser quen de aprender de tí. Ló ti é-lo mestre.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Xogo e fumo e bebo e curro e cociño e Falo e escoito e piloto e escribo e leo e ataco e leito e loito e bico o oceano porque logo de morrer non hai ren. Pra min ren.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

O coñecemeto hai que velo dende arriba, non por ter moito, senon por ser quén de aprendelo.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

As cidades son os xoguetes inúteis dos nenos grandes, que xogan sós, e cando se volven aburridas, á merda e mamá cómprame outro xoguete. O malo é que destrúen pobos enteiros.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

A película que botan na tele, son os anuncios da publicidade. Apaja a tele.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Chiste

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Unha parella está facendo o amor. Ela convencida de quedarse, rematado o acto, lle pregunta:

- ¿E cómo lle imos chamar ó bebé?

Mentres o home anuda o condón, o tira polo water e tira da cadea di:

- Se sae desta… McGuiver.

Ela levanta desafiante un alfiler, e responde:

- Ou Houdini…

Unha figura esquecida que botamos de menos os humanos é o can de bar. Xa non hai. Merda pra o ministerio pertinente.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Presa

Arquivado en: Faladas — pakolas @

greta.JPG

¿Así que qués unha poesía?

¿Unha miña que te diga? ¿Que te escriba?

Pois non son escritor, que Falador. Mais se queres che falo que atravésa-lo meu espazo con ese desparpajo e atención. Disípa-lo vaho que vos cubre a todos co alento da túa risa e coa claridade das canicas dos teus ollos. Furacanes de intelixencia e aire limpo que me traen con forza planetaria.

Trapos inxustamente axustados e medias enteiras caladas ate onde eu non chego. Calado cálido desexo. Non atino a descobri-la túa greta. Vulnerabel punto fraco de entrada pra rompe-la resistencia que te manten tan enteira e insumisa.

Pra ti ló esta cuña. Publicitaria de min. Pénsoa golpear ate te abrir, e no colapso afogar se son quen na avalancha presa licuada do teu corpo forrado en pel. E nos teus beizos lambe-lo teu mel, se son quen… rendido.

Poida que vencido.

Primeiro Batallón de Autodefensa Animal Contundente a Dúas Maos.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Erguédevos, membros do Primeiro Batallón, desempolvade as vosas casacas

 

Engrasade as baionetas, dirixímonos á batalla

 

Destruíde tódolos muros, derrubade as alambradas

 

Atoparémo-lo noso refuxio, entre rúas destrozadas

 

Rajade, golpeade. gruñide, Krunch. As súas testas son vosas dianas

 

Facédevos coas estradas, de estandartes alfombradas.

El Heavy no es prudencia.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

É certo que o que fai falta é unha guerra. Pero sen misiles nen exércitos. Unha na que meu poidera defender… cabrones.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Os “dereitos das mulleres” non existen. A ninguén se lle ocorre falar dos “dereitos dos homes”.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Se estou vivo, estou morto.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

A Terra non esmorece. Esmorece o actual estado natural. Esmorecemos nós. Esmorecémosnos.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Ós amigos nonos teño. Mantéñoos coma podo. Mórrenme todos porque foron amigos ate que marcharon. A ningún deles poderei decepcionar xa. A tí si.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

As verbas como amigo, felicidade, amor, ou paixón, son recipientes de cen onzas dun oceano de sentimentos. Manteñen a esencia, mais nono son todo. Nen moito menos. Acabas falando a palabra polo que sabes que a xente vai entender por ela, non polo seu significado. Deixas a mercede dos demáis o que queres dicir. O xenuíno é vivilo, non repetilo ate o estúpido. Con todo, a fala e a escrita son un fantástico instrumento. ¿Ou..?

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Final polo comezo

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

No comercio e na industria o mel é un producto. O apicultor son recursos humanos, e as abellas aparellos de producción. Qué triste filosofía. Mais claro, tes tí a razón… que todo costa e nada vale.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Unha vez recoñecido o senso do problema, desaparece como tal e pasa a ser resolvibel ou nom. Se o é te preocupas de resolvelo. Se nono é, nom.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Enganáronnos coa heroína e morreron e morren. Non permitamos que o fagan agora coa cocaína, o alcohol ou a marihuana. Fagamos un debate serio sobre as drogas, e preguntémoslle a quen sabe, nom ao político de turno de 4 anos, 100 promesas, 1000 mentiras e nin 1 gramo de sentidiño.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

O humano sería en todo caso darlle un día especial a Miguel, que con 16 anos non pode comprender a diferencia entre alma e espíritu. Facerlle unha festa e que todo o seu clan estea pendente del un día enteiro. O seu día especial.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Conan é o videoclip da banda sonora de Conan.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Tódolos libros son diccionarios. Nada máis.

Arquivado en: Bolas — pakolas @

perla1.png

Mar

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Sentímonos inmediatamente extraños, cansados de recoñecernos.
Nom por incomodidade, senom porque todo ó noso redor comezou a ralentizarse e as conversas convertirse en música de fondo.
Podería comeza-lo incendio e forma-la cúpula que non nos faría desvia-la mirada nen frea-la conversa.
- A ver a que me dis…
- ¡Nom! Desta vez soñei que a túa presencia por segundas me distría dun monitor pra comprobar que o que parecía carmín descolocado era unha bagoa de sangue na comisura dos teus hoxe fermosos beizos. E choraches.

Anos

Arquivado en: Faladas — pakolas @

ano.jpegHai moitos anos. Hainos froidianos, kaftkianos, aristotelianos, platonianos. Básicamente, todos levamos un ano dentro. Eu agacho as orellas cando penso na bronca que nos botaría calquera destes grandes pensadores se sacásemos da ficción a posibilidade de que algún poidera opinar hoxe. Grandes homes e mulleres que dun ou outro xeito iluminaron unha nova área de pensamento cunha intensidade descendente en círculo, de xeito que outras mentes poideran partir dalgún punto e segui-lo seu proprio camiño. Sen embargo nos empeñamos en calcular e recalcular e redefinir e matiza-las ideas xa iluminadas.

O pensamento fulano, abre varias portas pra cruzalas e ver qué pode haber alí. Portas que antes non coñeciamos.
- ¿Pero é que non me escoitades?. Que digo que non todo é o mesmo, que hai moitas cousas.¡Que hai que asomarse a mirar!

E nós:
- Elocuentemente… ¡Qué bem falou Zaratrusta…!
- Imos redesenrola-lo roio pra alcanzar os 17 matices de branco da luz que ilumina o resto das cousas. A ver… 1.

Agudo é un ángulo de menos de 90 graos. Paupérrimo ángulo de visión en relación ós 360 posibels por dimensión.

Obtuso pode pasar dos 90, e seguer a selo. Anos, claro.

Maga

Arquivado en: Faladas — pakolas @

maga.png

Es o xoguete que nunca tiven. Tes beizos coma labios e labios coma teclas de cerebro. Non tes curvas, que son tetas e ano, que amo se amar é algo. Seino de ti, que sabe-lo que digo. Que fago un amago de violencia pra desfacerme de miles de anos de memolución e senti-la dureza da Vida fodendo o calor do Sol.
Tiña moitas gañas de veren algo tan bonito coma ti.¡Oiches?

Chéiranme os dedos a hiel, e ó mel, e a túa boca sabe a min, se é que o sabor se conxuga, e misturámo-los sensos, e os sabores e os sentidos, e xa non son un. Son dous.
Xa sei o que se sinte sendo ti. É o mesmo que sinto eu.
Loito coas telas que me negan a natureza, e antes de me espir, xa nos corrimos.
Xogos de roles, de rolos e cinchas, e mantas e plumas, e panos e roupa.
Contos ao oído e estertores de vida.
Logo acordo rastrexando o teu corpo. Buscando asi-la ergonomía da túa pelvis. Fechando torpes as maos atopando ausencia. Enganado porque este leito ule a tí, que estás a mil ladrillos, a cen cidades. A dous parsecs de min.

Y eu só quería despertarte pra facerte volver durmir.

Redes

Arquivado en: Faladas — pakolas @

medios.gifÉ incríbel o lonxe, ou adentro, que pode chegar a frivolidade da publicidade. Manteño a respiración pra ler un comunicado dun anuncio na estúpida tele:

-”Tes dereito a Internet”.

Unha de dúas. Ou saben o que din, ou non.

Se nono saben, corrixo:

A mensaxe está mal construída. Propoño:

-”Tódalas persoas teñen dereito ó acceso livre e non mercantilista ós medios de comunicación modernos por pura herdanza tecnolóxica”.

Somos as xeraciós dos homes e mulleres que idearon e innovan tecnoloxías. O coñecemento non é un novo producto de mercado. É a evolución lóxica das comunidades liverpensantes cára un novo estado de cousas.

O ser humano foi quen de desenvolve-la tecnoloxía necesaria pra construcción das novas rúas da comunicación. O Software madura xa de largo en tempo GNU/Linux. Coma sempre a ignorancia frea o normal avance das nosas comunidades en materias como a comunicación, a enerxía ou a alimentación.

Porque isto é no caso de que non sepan o que din.

A outra posibilidade é que sí o sepan, e se mofen e bofen do dereito natural á livre comunicación. Dereito non susceptibel de compra. Dereito non concedido senon posuído por naceren de muller.

Se este é o caso, volve frear a ignorancia a normal evolución.

Xa cansa tanta mona. Uns por activa, e outros por pasivos.

Server embotado

Arquivado en: Faladas — pakolas @

serverdp.jpgNunha destas gestas co meu tántriko socio, nos vemos montando un servidor bem guapo. Con debian e excelencias armadas ate os dentes. Incluído un sistema de identificación por MAC pra controlar ó acceso á rede, producto do ocio do meu socio.

Contentos co resultado, chegamos ó punto de enrackalo e nos atopamos con que o espazo non é suficiente. Pois nada. Montamos unha estructura de aluminio na que embebimos placa, fonte, e dous discos. Mínimo perfectamente suficiente. Dúas RJ45. A da placa, e outra recortada dunha PCI. Na base unha plaquiña “protectora” e “estabilizadora”. Agora está entre oitenta PC’s e o router. Mola.

Infowars ou as guerras da información

Arquivado en: Faladas — pakolas @

einstein.jpgEnder foi un dos líderes da guerra contra os insectores, e ó final acabou todo bem porque non era máis que un fermoso libro.

A Guerra na Terra desgraciadamente son Toneladas de cadáveres e Kilómetros cúbicos de bágoas.

Coa incómoda perspectiva do que depara o mundo, vexo máis luitas de poder e máis atrocidades, aínda que poida que non coas mismas armas. Poida que a cuarta guerra mundial non sexa con paos e pedras como advertía Einstein. Poida que a información se concrete (e o fará) como un elemento moito máis definido e decisivo (que o será) para toda a raza humana.

Poderiamos ve-los actuais movementos monopolistas monstruo-empresariais como os primeiros alborotos das primeiras revoltas Inforacionais do século XXI. En fronte todo tipo de guerrillas livertarias em luita pola liveración da información e as culturas nunha Rede livre. Nun entorno social en troques do barro ate os xeonllos, onde morre o peor do ser humano.

Nono podo saber. Despois duns poucos anos de “informática”. Unha novidade. Un neoloxismo. Mais algo totalmente distinto a calquera outra innovación humana (poida que a imprenta). Non deberían chamala revolución informática, porque suxire algo como que por fin os microprocesadores do supermercado tiran a mil petahertzios. A Revolución é humana. O proceso será o acceso á información que nos pode completar como humanos. ¿Por qué ei pensar inocentemente nuha web se é claro que vai cára a estandarización informática no software? ¿Por qué vou pensar en mega-empresas cando a tendencia é a racionalización do traballo e as novas oportunidades pra os mozos? Noutros 15 anos vai se…-la ostia.

Un paso decisivo cára a evolución. Un cambio cualitativo na creación, procesado e transmisión da información. Esa que nos fará livres, esa verdade que non coñecemos ou que se nos censura. Porque se nos censura.

Un goberno delincuente tamizando e filtrando a información, ou roubandoa ós seus lexítimos proprietarios.

Ou un goberno incompetente denegando o acceso dos seus patróns a redes de información na que soluciona-los seus problemas ou comunicarse cos seus pais.

Coa perversa de nacemento escusa de que a información e o acceso a ela é cousa da libre empresa e dos malnados que compran a Terra por cachos pra zampar uvas nun diván.

Cando realmente o acceso á comunicación sexa livre poderemos falar de referendum e non dunha “demo” de “cracia”.*

*(N. do T: Nótese da traducción ó inglés “demo” of “crazy” .

Documentación sobor da Informática real

Arquivado en: Faladas — pakolas @

lectura.gif Un dos traballos que estamos a facer dende a asociación CompostelaWireless consiste en seleccionar, recopilar e traducir diferentes documentos dos que pululan libremente pola Rede, e que nos permitan transmiti-lo xeito en que entendemos e vivimos Internet. Hacking, coñecemento aberto, Software Libre, redes sociais, arqueoloxía informática… son algúns dos temas que fumos tocando nos dous anos que levamos escollendo e traducindo documentos. Aquí vos deixo enlaces ós documentos que compoñen a nosa biblioteca pública. Leva un exemplar. Non fai falla que o devolvas. Son pra ler.

Cómo ser un hacker
E a info será livre
Materiais pra un debate informado
O poder das Redes
Ó principio foi a liña de comandos
TODO

Miña

Arquivado en: Faladas — pakolas @

minha.jpgSinto reterte de memoria percibindo o mundo distinto. Teño frío, e a cotío, imaxínome preso do teu peso tan preto que queimas. Sen compromisos nen débedas. Sen concesiós nen súplicas. Por pura vontade.

Sinto roubarte minutos de ollos pechados e mente aberta descubrindo a lúa da pel túa, o sol por melena e por sorriso a mirada.
Sinto imaxinarte tan despoxada de todo, maxestuosa espida, muller e ser.
Sinto bicarte sen ti sabelo.
Sinto durmirte ó meu carón, e observarte rendida, reaccionando a soños absurdos que me escusan abrazos e cunas.
Sinto mostrarte o animal que son, dándome ou tomándote sen outra moral que a nosa.
Sinto non che ter dito ren do noso, mais bem pensado, é meu contigo.
Sinto todo iso.
Sintoo tan delicada e pracenteramente, que non esquezo nen un intre de estar contigo. Acordo citas pra atoparmos de novo. Nunha sala que non existe. Nunha habitación baleira chea de nós.
Sintoo tan bruscamente cada vez… que nono evito. ¿Pra qué?. Se son tan monstruo como os meus segredos… Por tí ló son un anxo.
Sintoo moito, e a miúdo.
Síntome bem, ó teu abrigo.
Eu quedo contigo.
Ti ficas comigo.

Apolicía de Goebbels

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Propoño ler o seguinte con moito coidado de non caer na estupidez, e de velo todo dende a perspectiva que se merece. Recordando que no transcurso da historia, cambian as situaciós políticas, as circunstancias sociais e os sistemas de comunicación, mais non a natureza humana, a codicia, nen a sabeduría ou ignorancia (que ó fin e ó cabo, son graos da mesma medida).

Propoño buscar exemplos recoñecibels na política actual (e por tanto futura) de cada punto do decálogo que transcribo, obra do ministro de propaganda xa citado.

Propoño tranquilidade, serenidade, mais non medo, nen respeto a quen nono merece (de mérito).

Imos dende o principio. Os principios da propaganda:

1. Principio de simplificación e do inimigo único. Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único inimigo.

2. Principio do método de contaxio. Reunir diversos adversarios nunha soa categoría ou individuo. Os adversarios han de constituírse en suma individualizada.

3. Principio da transposición. Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo ó ataque co ataque. “Se non podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian”.

4. Principio da exageración e desfiguración. Converter calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave.

5. Principio da vulgarización. “Toda propaganda debe ser popular, adaptando o seu nivel polo menos intelixente dos individuos aos que vai dirixida. Canto máis grande sexa a masa a convencer, máis pequeno ha de se-lo esforzo mental a realizar. A capacidade receptiva das masas é limitada e a súa comprensión escasa; ademais, teñen gran facilidade para esquecer”.

6. Principio de orquestación. “A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas e repetilas incansablemente, presentalas unha e outra vez dende diferentes perspectivas, pero sempre converxendo sobre o mesmo concepto. Sen fisuras nen dúbidas”. De aquí ven tamen a famosa frase: “Se unha mentira repítese suficientemente, acaba por converterse en verdade”.

7. Principio de renovación. Hai que emitir constantemente informacións e argumentos novos a un ritmo tal que, cando o adversario responda, o público estea xa interesado noutra cousa. As respostas do adversario nunca han de poder contrarrestar o nivel crecente de acusacións.

8. Principio da verosimilitude
. Construír argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informacións fragmentarias.

9. Principio da silenciación
. Acalar as cuestións sobre as que non se teñen argumentos e disimular as novas que favorecen ó adversario, tamén contraprogramando coa axuda de medios de comunicación afines.

10. Principio da transfusión. Por regra xeral, a propaganda opera sempre a partir dun sustrato preexistente, xa sexa unha mitoloxía nacional ou un complexo de odios e prexuizos tradicionais. Trátase de difundir argumentos que poidan arraigar en actitudes primitivas.

11. Principio da unanimidade. Chegar a convencer a moita xente que pensa “como todo o mundo”, creando unha falsa impresión de unanimidade.

Sempre temo-la perspectiva clara política cando miramos cara atrás porque os datos son cotexados, ou porque temos tempo para o análise. Mais na política, concluir cómo foi ou deixou de ser tal ou cal periodo ou candidato, non nos aporta ren. Ben mirado, políticamente, só deberiamos observa-lo futuro e presente político, pois é o único que nos vai influir a partires de … xa.

Sen embargo, a experiencia nos axuda a comprender determinadas actitudes non-políticas senon propagandísticas. E non hai que olvidalas.
Mais cando te atopas con xente que non ten argumentos políticos, senon modus operandi pra acadar un fin, non son facilmente identificabels, pois parte das súas acciós van encamiñadas a ocultar este término.

Vós mesmas…

Falas Faladas

Arquivado en: Faladas — pakolas @

 

 

 

Creative Commons

Aquí téde-las Falas Faladas.

Recollido no “Acceso Universal ó Coñecemento Humano”, ou Archive.org.

Baixo Licenza Creative Commons.

Música por DaRkSiDeZ ProDuctionS.

10010110:

^ΣndΣr^

Ebanista

Arquivado en: Faladas — pakolas @

edu.jpgEbanista contrúe con madeira unha cadeira máis aló da descripción das verbas atinadas ou non.

Pra facelo emprega un afiado machado que conserva por bó.

Algún animal educado mal, empregou o machado pra sesga-la vida doutro cidadán.

Só é unha ferramenta. Sería estúpido limita-lo acceso a ela.

Inútil sería tamén pretender acota-la desbordante expansión de información consecuencia dos avances tecnolóxicos. E se no tempo que levamos, o volume de información accesibel multiplicouse exponencialmente ¿cal será o acceso a ela noutros XV anos?

Todo o mundo poderá construir calquera ferramenta. A única posibilidade de que non se empreguen mal é a educación.

Educación cidadá no senso máis inxenuo, que é tamén o máis exacto. Só así poderiamos evitar a miles de trogloditas blandendo afiados machados conservados por bós.

E os rapaces que agora teñen XV e non aprenden ren, son as bestas que nos atopamos con XXX incapaces de solucionar ren, e que frean ó resto cára un pobo mellor.

Alquimista

Arquivado en: Faladas — pakolas @

alquim.jpgO alquimista cambiou o concepto do seu nome. Convertiuse nun constructor de materia. Un home do futuro que aprendeu os segredos da “construcción”. Soupo de elementos e enlaces. Aprendeu de sistemas e procesos. Empregou máquinas e colaborou con tódalas mentes que se achegaron.

Simplemente deseñaba, calculaba, preparaba e recolocaba carbono, nitróxeno, oxíxeno e fósforo. Da mesma forma reconfiguraba enfermidades, creaba vida ou materia inerte.
Pensaba o perigosa que era a súa habilidade. E o marabillosa.
Resoplaba e botaba as mans á cabeza imaxinando o que poderían ter feito os seus predecesores cun poder tan cargado de responsabilidade.
A humanidade avanzara finalmente no seu camiño de comprensión do seu proprio universo respetando, serenando, creando e vivindo.
Xa tódolos procesos de comunicación se compartiron e distribuiron.

Humanos e demáis animais, coexisten sen a necesidade de loitar polos seus dereitos, xa garantidos polas leis. Leis que evolucionaron tamén e maduraron da man do desenvolvemento das comunidades liverpensantes cára educación dos máis novos nunha comunidade responsabel, abandoando as proto-leis de condena e penalización de anos pasados.
Por fin o control das actitudes humanas foi devolto ós seus lexítimos donos pra definirse un a un nunha mesma coexistencia, convivencia e comunidade.
Preguntábase o creador de cosmos se o verían os seus ancestros coma un deus. Programador da casuística. Creador e terminador de vida. Teletransportador cuántico de materia. Inxenieiro de existencia. Manipulador electo de vida.
E negaba coa cabeza. Fungaba e rumiaba aspaventos comprendendo a inxenuidade daquelas xentes sen formación nen información que non podían senon ter fe no seu futuro en troques de construilo.
Non tiña claro se aqueles séculos escuros de guerra, maltrato á única natura e analfabetismo social foran tan cruciais, ou simplemente foi un anaco de historia a non olvidar por todas e todos.

Cada minuto durante décadas morreu a coñecedora da solución da enfermidade. O creador da máquina de transporte inocuo e a nai do futuro fillo. Tamén un músico extraordinario, un sastre, unha modista, e un gran mestre de xadrez.
Todos eles desapareceron pra sempre por culpa da mala educación no berce.

¡Cántos alquimistas morreron á vista cega e estúpida do resto da humanidade!

Onironauta

Arquivado en: Faladas — pakolas @

onironautaA onironauta aprendeu a ser consciente nos soños. Consciente da súa ensoñación. Capaz de distinguila da outra realidade. Esa da cama, da carne, dos ósos, do tempo perdido e do tempo gañado.
Era exactamente espertar durmida no medio do soño pra entender que estaba soñando, e comezar a experimentar con tódolos caprichos da súa mente.
Este outro mundo non tiña limitaciós. Nen físicas nen metafísicas.
A exploradora de sí mesma adoitaba tenta-la cordura mentres durmía, empregando os soños como lámpadas maravillosas que lle permitían converter calquera situación nun pracer pra os sentidos, e volatizar todo o que a incomodaba.
Cada noite era unha aventura nova na que mergullarse tra-los persoaxes dos seus soños que a esperaban pra arroupala cos seus desexos máis íntimos.
Aprendeu a facer isto en pouco tempo, mais lle deu a impresión de coñecelo de sempre.

Posuía dous mundos. O real, limitado por compartido, e o onírico, onde todo era posibel, onde non existían normas nen regulamentos. Un mundo autodictatorial sen os inconvintes morais da denegación de dereitos dos demais seres vivos, inertes ou ideados.
Tralas experiencias, non persistían as culpas nen os rencores. Non había penas nen alegrías. Todo quedaba nun recordo máis ou menos duradeiro dun acontecemento que nunca acontecera.
Pero… ¡qué incríbel sinfín de momentos!
¡Qué sensación de liberverdade!¡Non vivi-la situación, mais inventala!
Tódolos seus soños a enchían de viaxes de calma, calor e carne. De paz e sonrisas. E de frores.

Tódolos persoaxes aparecían e volatizaban á velocidade do seu pensamento, coexistindo na súa realidade inventada perfecta.
Soamente atopou un espazo descoñecido. Imprevisto. Un recuncho que a atraía como nengún. Alí unha cadeira baleira, e unha figura escura, que fumaba a carón dun lume imposibel ideal, pesadamente apoiado na repisa dunha lareira. Reflexivo e ausente.

-¿E tí quén es?
-¡Es tí quen é! Eu non existo…

Botouno do ensoñamento á velocidade do pensamento.
Mais voltou. Cada vez máis a miúdo. Cada vez máis presente. Cada vez máis atraínte.
Aquela sensación de descoñecemento lle resultaba excitante e familiar.

Era como buscar e descubrir novos seres e estares.
Era como no mundo real.

O recto senhor

Arquivado en: Faladas — pakolas @

sabio.jpgO senhor rector do sainete de promociós nacionais do oligopolio, como moitos ignorantes do seu entorno, molestan ó resto con frases lapidarias como que se vai acaba-la piratería e que as industrias industriosas se encargarán desos rufians.
As persoas que posuímo-lo Dereito, que somos todos, (escribíndoo con maiúsculas porque entendemo-lo que significa e dignifica se-lo herdeiro do Dereito que outras mulleres e homes lograron poñer en cita universal pra garantir a calidade de vida dos seus semellantes) temén sabemos distinguir entre os Dereitos e as Leis.
Tan boas ideas tiveron estes homes e mulleres que o resto da Humanidade estivo de acordo con eles, e o puxeron por escrito pra os presentes e futuros membros da comunidade. Por desgraza ou pra regozijo de algún, o devenir da comunidade pensante do Planeta, sufriu varias épocas escuras durante as que determinados grupos de individuos caían presa da ignorancia ou desentendemento do seu tempo, pervertindo as Leis ou adicando a súa vida ó mantemento de determinadas instituciós decrépitas e antisociais numerosas en gran número cántas veces e de qué forma…
O peculiar da raza Humana é a inconsciencia da falta de perspectiva.
Así moitos temos que sofrir a iracunda embestida de sofridores do seu traballo, coa incontenida risa que nos provoca, e que ás veces nos asusta.
A creación artística nunca foi dirixida por nengún artista cára exclusión do espectador.

Existe algunha institución artista-legalista belicista moi lista e pouco realista, que causa sensación cós seus despregues de cartos, mezclando o Dereito cos negocios.

-De tódolos xeitos da igual.
-Déixaos estar… Dicía Currás que ten que haber de todo.
As novas tecnoloxías nos están dando a oportunidade de darnos unha oportunidade a nós mesmos e ós nosos conxéneres.
As ideas globalizadoras neoconservadoras son perigosas. Os comentarios previsibels de personaxinhos de poucos anos e moitos cús, non conmoven a ninguén que estea relacionado mínimamente coa tecnoloxía real e non a través dos escasos medios divulgativos que temos a man.
Hai que ser humildes e renderse con disposición ás mentes que nos fan crecer como comunidades livres que somos.
Xentes que nos guiaron como amotinados nun barco sempre á deriva cheo de falta de espazo. Nos mostraron o camiño e nolo seguen a mostrar. Prestemos atención a quen realmente a merece.
A piratería non existe. A cultura só ten un sentido, e no noso mundo, hoxe, só cabe esperar que de novo as instituciós perversas da sociedade acaben o seu ciclo e desaparezan pra redirixir de novo o barco cáro Norte da calidade de vida para TODOS. O esforzo dunha empresa por sobrevivir, non debe ser confundido coa declaración de Dereitos dunha comunidade. Grazas senhor O.E.K. pola súa opinión. Sabemos qué é o que precisan vostede e a súa empresa.
O resto dos seres coidaremos de nós mesmos.
Crearémo-las nosas redes de comunicación e conservarémo-la nosa cultura e natureza. A súa tamén.
Sorte ós bós.

Galiza, dentro e fora

Arquivado en: Faladas — pakolas @

galizan.jpgResulta que imos ser tod@s iguais.

As mulleres son todas iguais e iguais ós homes; Todos eles son iguais ó resto dos espanhois; Estes iguais ós franceses, alemans e resto de idénticos europeos; Aqueles son moi parecidos ós americanos e todos queren que asiáticos e africanos veñan a igualarse ó resto.

Isto fronte á Lei. Pra impoñerlles os mesmos impostos, penalos coas mesmas penas ou endereita-los seus dereitos.

¿Qué pensará da Lei e da nacionalidade un africano sen patria nen estado?

Senos mollados papeis, porque tampouco ten nacionalidade. Perdido na súa casa. Perdido nese mapa africano de liñas pintadas a escadra hai mil anos por algún absurdo sajón que tampouco sabía de onde viña.

De vez en cando hai que escoitar a algún imbécil decíndote de onde es ou de onde debes ser. Normalmente xente que xa perdeu, ou que aínda non buscou as súas raíces. Profundas ou sanguentas. Negras, bastardas, quechuas, indias ou protoceltas.
Nacional tamén é unha palabra jodida, porque cada un pensa no seu nacional particular, e recorda, sabe, ou cre saber qué significa.

O interesante é o que cada un sinte como seu. Outra cousa é que non teñas grupo nen manada (qué putada). Entón tes tódalas papeletas pra convertirte nun observador de nacionalidades, e comezar a decirlle ó do lado de quén ven sendo.

Eu e outros iguais ca mín témo-la sorte de ser de onde nos sae dos collós.

Da man do coñecemento

Arquivado en: Faladas — pakolas @

conocimiento.jpgTod@s cren que Eduard é especial, tirando a tolo.

Porque a cada paso se sorprende de todo.

A medida que adquire coñecemento, a súa cachola é capaz de comprender máis detalladamente cada un dos acontecementos que observa.

E cada pequeno anaco de vida lle leva á sorpresa constante do incríbel que resulta a súa simple existenza.

E tódolos enormes universos de vida o sorprenden constantemente polo alucinante que resulta a súa complexa existenza.

Se é que exinten…
Cando arrinca a máquina, todo é normal, e o que prema o botón pode non parar un intre a recrear mentalmente os 1024 procesos e compoñentes que interactúan nun segundo pra que funcione.
Non é o caso do forxador das pezas, ou do constructor do aparello. Ou de calquera que coñeza o seu funcionamento polo miúdo e que poida chegar a recrear na súa mente o maravilloso e complexo proceso, e disfrutar da súa comprensión.

Tamén podería asombrarse do funcionamento físico-químico, ou meta-físico-cómico da súa mente.

Todo depende da atención que preste. E da sabeduría que goce.

E é fantástico…

De resanca

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Xan foi estudante pra enseñeiro, e aturou moitas veces a retranca dun canteiro:Velha e burro.jpg

-”Estudiante que estudías. Que sabes latín e letanías…

…¿cómo é que estando o burro no prado, en troques de redondo, caga cadrado?”.

Mascou moitas noites unha solución axeitada a semellante inquedante fenómeno:

-”Según a ciencia mo ensina, e os libros mo indican

dentro do burro hai un canteiro, que antes de cagalo,

… o pica”.

Pasaron anos e se reconciliou coa súa vivenza. Comprendiu que as mentes pensantes interactúan cós seus semellantes. Facéndoos partícipes do seu mundo.

Así voltou Xan a face-lo plantexamento de tal enrevirado acontecemento pra espalla-lo seu proprio coñecemento:

-”¿Sabes o que pasa?.

Ó que lle espetaron:

-”Que tu culo se retrasa”.

Por sorte pra todos voltou acontece-la interacción entre mentes pensantes. Facéndose partícipes dos seus mundos.

Rindo o absurdo, e brindando coas drogas que en troques de levalo o outros mundos, o traían de volta ó seu. Pra mirarse máis preto, e voltar á reconfortante sensación de sinceira fraxilidade.

Só son sons

Arquivado en: Faladas — pakolas @

cuerdas.jpg

Non oio ren. Só palabras, música e traqueteos de automóbiles.

Palabras demasiadas.

Música decente.

E automóbiles de merda.

Presta un demasiada atención ós sons que lle entran polas orellas porque nonas pode pechar, máis poucas veces atende por interese.
Porque todo ó redor dun é son. Mensaxes de aluminio, de celulosa ou de oxíxeno. De pedras, de oceanos e de carne.
Só son sons. Se queREmos, podemos ve-LA SInfonía DO Planeta. SInfonía de corda en MÍ maior. Concerto DO SOL sostiDO. Obertura en SÍ, grazas.
A materia non é redonda como no debuxo. Cada quark é unha corda, vibrante coma a dun violín, que dependendo da afinación, configura unha ou outra materia. Así, todo o que percibimos e coñecemos é son. Música e Palabras. Helio e Carbono. Se estás afinado en DO, escoitas a gaita redonda. Se en RE, a grileira. Gústache a materia na que estás afinado, e queres ás Xentes que cantan no teu coro.

Ou afiliación. Ou canción.

Un universo de son que vibra ó teu carón. O único plano plano é o das ideas, que pretenden case sempre velo todo dende fora, e se distrae un da vibración que nos fai homes ou mulleres.

Ou pedras. Ou Terra.

Moda ou Fashion: O que ven.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Debido á nefasta influencia que nalgúns seres provocou o todavía peor costume de volcar tódolos esforzos persoais en estar ó tanto de algo tan artificioso como a moda, determinadas persoas perden o control da situación, e abandoan todo razoamento para obter, posuir e abarcar un enfermizo volume de materiais sintéticos coas máis variadas formas e cores.

Cando se agrava nalgún aspecto, esta neurosis desemboca en síndrome.

Aproveitando a adherencia destes desaxustes a vocablos fashion, votemos unha ollada ó que ven:
* As cores: Ós básicos branco e negro, súmanse os pensamentos críticos -ciencia, espíritu e verde herba-, as protestas -interaccción, comunicación, anticlasismo, progresismo, ciberactivismo- e os máis chillós -arte, cultura e natureza-.

* Xéneros rústicos, alimentación naturista, respeto, transparencias, orgullo, reivindicación, conciencia, multitude intelixente, ciberpunks desenfadados, coñecemento e información.

* Estilos de tódalas épocas: os 50s e 60s, pasando pola onda hippie e o retro-rock dos 80s. Feminino e masculino singular, urbanita para o día e labrego para a noite.

* Na biblioteca: Pantalós e saias para vestir, camisas con mangas, calzado cómodo para a saúde e roupa de abrigo para o frío.

moda* Os detalles: pins reinvidicativos, emblemas livertarios, bandeiras de sentimentos, mensaxes “pásao”, tecnoloxía livre aplicada, pancartas escritas con sangue e mentós erguidos. Frores. Lunares gordos e fracos, libros cargados e detonadores nas maos, artesanía e camisetas desafiantes.

* Frases con detalles exclusivos, minis e microostias a remeiros e trepas, balas de algodón, polleras de corte sajón, irreverencia e intolerancia ó cacique.

*Tendencias altruistas e responsabilidade civil. Comunidades e razoamento colectivo.

A trampa da palabra

Arquivado en: Faladas — pakolas @

pensiero
As argumentaciós creacionistas poden ter dúas vertentes:

A segunda ha de se-la incontinencia verbal dos máis ignorantes. Xentes perigosas pra o resto, que forman rebaños, e precisan de esquemas de comportamento e razós divinas para adivinar qué carallo fan no mundo.

A primeira, e non por elo menos difamante, é volitiva. Non é o produto do sentimento de comprensión. É unha ferramenta para dirixir ós demáis cara ó cerco da relixión.

O lastre que arrastra a humanidade é a confusión (xerada artificialmente polos avatares de determinados movementos relixiosos) que culmina na mezcla de relixión e espiritualidade. E non soamente isto, senon a posterior suposta “inhumanidade” dos que se reviran contra a sinrazón eclesiástica.

Ven isto sendo que primeiro precisan facer que confundas a túa espiritualidade coa necesidade dun deus, para cando te afastas del, condenarte por herexe.

Non vou caer na trampa de enumera-los males das igrexas. Tampouco as bondades.

Vou mirar cara o lado da miña propria natureza. Vou espirutualiza-los meus actos e palabras.
Nalgún momento da existenza, comeza a comprensión e o discernimento entre o que está ben e o que está mal. Comeza no mesmo lugar no que debera rematar toda pretensión espiritual ou relixiosa: No meu interior.

O aliñamento co pensamento relixioso ha de seren activo.

Voluntario. Honesto. Razoado. Sentido.

O aliñamento coa igrexa ha de seren pasivo.

Imposto. Dogmático. Indiscutibel. Sumiso.

¿ Qué lixo dixo de occidente qué, e quén o dixo? ¿Ú-lo occidente? ¿Na esquerda de qué mapa?

Da coraxe a pereza mental dos que arrastran todo o que ven de atrás e falan dende o púlpito da verdade dos seus, que non fan máis que fabricar infelices.

É.

Da coraxe a beleza vital dos que abrazan todo o que ven de atrás e falan deste minuto da realidade dos meus, que non fan máis que tentar ser felices.

Liverade-vos de dios. Sodes vós. Somos nós, os que temos que ir en pos da nosa propria comprensión. Queréde-vos. Non vos distraea xa a atención o circo ou ritual. Non precisades permiso. Precisades facer caso omiso do compromiso que vos impuxeron.

Saúde e calidade de vida, non ataúdes e benestar.

Así caigo de novo, irmaos e irmás, na trampa da palabra…

Un roubado á materia escura

Arquivado en: Faladas — pakolas @

materiaIsta parece se-la faciana da intuída ata o de agora materia escura, que nos une e nos condena a ser todos un mesmo. Realidade invisibel.

¿Quén?… ¿Eu?

Arquivado en: Faladas — pakolas @

 

 

 

EUA tele é unha merda. A música son as vibraciós que sincronizamos. A terra é a Gaia. Os animais sodes vós. O inferno, os demáis. Todo, nada, sempre e nunca son palabras continuamente mal empregadas. Nikola Tesla era un xenio, e Gandhi un bó home. Os fillos dunha cadela, non teñen memoria que repetir. Esvaécense con todo o seu equipo sempre que desaparecen e volven á terra. Para seren un primate, temos pouco pelo, e os demais animais; as bestas que andamos a despreciar, nos teñen medo. O Xadrez é un xogo e a playextension unha porquería. Sabemos que ler nos da sabedoría, pero non lemos. Que coñecer nos da perspectiva. Que os que cambian o mundo somos os que o cambiamos, pero nen coñecemos, nen cambiamos. Coma as bestas, temos medo.

Éxito: Resultado feliz dunha actuación.

Fracaso: Falta de éxito ou non realización dun proxecto.

O planeta está ás escuras. Ocorre que os ollos mostran un tipo de radiación concreta. NADA máis. O planeta segue ás escuras. Me perdo na diversidade das formas que vexo, e esquezo que o 95% da realidade non é visibel.

Amáis diso, son unha consecuencia sen numerar, (porque numerar é de humanos), dun terribel acontecemento que aconteceu noutro tempo (porque o tempo é de humanos).

Nos rixen 4 forzas: A electromagnética, a gravidade, a nuclear forte, e a nuclear débil. Do demáis só falamos entre nós coma se fora realmente importante. Supoño que porque non nos da tempo nunha existencia de facer ren que trascenda. ¿Ou si?

É este un exercicio de trascendencia… para humanos.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons