Pensamento Livre

Só son sons

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

cuerdas.jpg

Non oio ren. Só palabras, música e traqueteos de automóbiles.

Palabras demasiadas.

Música decente.

E automóbiles de merda.

Presta un demasiada atención ós sons que lle entran polas orellas porque nonas pode pechar, máis poucas veces atende por interese.
Porque todo ó redor dun é son. Mensaxes de aluminio, de celulosa ou de oxíxeno. De pedras, de oceanos e de carne.
Só son sons. Se queREmos, podemos ve-LA SInfonía DO Planeta. SInfonía de corda en MÍ maior. Concerto DO SOL sostiDO. Obertura en SÍ, grazas.
A materia non é redonda como no debuxo. Cada quark é unha corda, vibrante coma a dun violín, que dependendo da afinación, configura unha ou outra materia. Así, todo o que percibimos e coñecemos é son. Música e Palabras. Helio e Carbono. Se estás afinado en DO, escoitas a gaita redonda. Se en RE, a grileira. Gústache a materia na que estás afinado, e queres ás Xentes que cantan no teu coro.

Ou afiliación. Ou canción.

Un universo de son que vibra ó teu carón. O único plano plano é o das ideas, que pretenden case sempre velo todo dende fora, e se distrae un da vibración que nos fai homes ou mulleres.

Ou pedras. Ou Terra.

Moda ou Fashion: O que ven.

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

Debido á nefasta influencia que nalgúns seres provocou o todavía peor costume de volcar tódolos esforzos persoais en estar ó tanto de algo tan artificioso como a moda, determinadas persoas perden o control da situación, e abandoan todo razoamento para obter, posuir e abarcar un enfermizo volume de materiais sintéticos coas máis variadas formas e cores.

Cando se agrava nalgún aspecto, esta neurosis desemboca en síndrome.

Aproveitando a adherencia destes desaxustes a vocablos fashion, votemos unha ollada ó que ven:
* As cores: Ós básicos branco e negro, súmanse os pensamentos críticos -ciencia, espíritu e verde herba-, as protestas -interaccción, comunicación, anticlasismo, progresismo, ciberactivismo- e os máis chillós -arte, cultura e natureza-.

* Xéneros rústicos, alimentación naturista, respeto, transparencias, orgullo, reivindicación, conciencia, multitude intelixente, ciberpunks desenfadados, coñecemento e información.

* Estilos de tódalas épocas: os 50s e 60s, pasando pola onda hippie e o retro-rock dos 80s. Feminino e masculino singular, urbanita para o día e labrego para a noite.

* Na biblioteca: Pantalós e saias para vestir, camisas con mangas, calzado cómodo para a saúde e roupa de abrigo para o frío.

moda* Os detalles: pins reinvidicativos, emblemas livertarios, bandeiras de sentimentos, mensaxes “pásao”, tecnoloxía livre aplicada, pancartas escritas con sangue e mentós erguidos. Frores. Lunares gordos e fracos, libros cargados e detonadores nas maos, artesanía e camisetas desafiantes.

* Frases con detalles exclusivos, minis e microostias a remeiros e trepas, balas de algodón, polleras de corte sajón, irreverencia e intolerancia ó cacique.

*Tendencias altruistas e responsabilidade civil. Comunidades e razoamento colectivo.

A trampa da palabra

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

pensiero
As argumentaciós creacionistas poden ter dúas vertentes:

A segunda ha de se-la incontinencia verbal dos máis ignorantes. Xentes perigosas pra o resto, que forman rebaños, e precisan de esquemas de comportamento e razós divinas para adivinar qué carallo fan no mundo.

A primeira, e non por elo menos difamante, é volitiva. Non é o produto do sentimento de comprensión. É unha ferramenta para dirixir ós demáis cara ó cerco da relixión.

O lastre que arrastra a humanidade é a confusión (xerada artificialmente polos avatares de determinados movementos relixiosos) que culmina na mezcla de relixión e espiritualidade. E non soamente isto, senon a posterior suposta “inhumanidade” dos que se reviran contra a sinrazón eclesiástica.

Ven isto sendo que primeiro precisan facer que confundas a túa espiritualidade coa necesidade dun deus, para cando te afastas del, condenarte por herexe.

Non vou caer na trampa de enumera-los males das igrexas. Tampouco as bondades.

Vou mirar cara o lado da miña propria natureza. Vou espirutualiza-los meus actos e palabras.
Nalgún momento da existenza, comeza a comprensión e o discernimento entre o que está ben e o que está mal. Comeza no mesmo lugar no que debera rematar toda pretensión espiritual ou relixiosa: No meu interior.

O aliñamento co pensamento relixioso ha de seren activo.

Voluntario. Honesto. Razoado. Sentido.

O aliñamento coa igrexa ha de seren pasivo.

Imposto. Dogmático. Indiscutibel. Sumiso.

¿ Qué lixo dixo de occidente qué, e quén o dixo? ¿Ú-lo occidente? ¿Na esquerda de qué mapa?

Da coraxe a pereza mental dos que arrastran todo o que ven de atrás e falan dende o púlpito da verdade dos seus, que non fan máis que fabricar infelices.

É.

Da coraxe a beleza vital dos que abrazan todo o que ven de atrás e falan deste minuto da realidade dos meus, que non fan máis que tentar ser felices.

Liverade-vos de dios. Sodes vós. Somos nós, os que temos que ir en pos da nosa propria comprensión. Queréde-vos. Non vos distraea xa a atención o circo ou ritual. Non precisades permiso. Precisades facer caso omiso do compromiso que vos impuxeron.

Saúde e calidade de vida, non ataúdes e benestar.

Así caigo de novo, irmaos e irmás, na trampa da palabra…

Un roubado á materia escura

Arquivado en: Faladas — pakolas @

materiaIsta parece se-la faciana da intuída ata o de agora materia escura, que nos une e nos condena a ser todos un mesmo. Realidade invisibel.

¿Quén?… ¿Eu?

Arquivado en: Faladas — pakolas @

 

 

 

EUA tele é unha merda. A música son as vibraciós que sincronizamos. A terra é a Gaia. Os animais sodes vós. O inferno, os demáis. Todo, nada, sempre e nunca son palabras continuamente mal empregadas. Nikola Tesla era un xenio, e Gandhi un bó home. Os fillos dunha cadela, non teñen memoria que repetir. Esvaécense con todo o seu equipo sempre que desaparecen e volven á terra. Para seren un primate, temos pouco pelo, e os demais animais; as bestas que andamos a despreciar, nos teñen medo. O Xadrez é un xogo e a playextension unha porquería. Sabemos que ler nos da sabedoría, pero non lemos. Que coñecer nos da perspectiva. Que os que cambian o mundo somos os que o cambiamos, pero nen coñecemos, nen cambiamos. Coma as bestas, temos medo.

Éxito: Resultado feliz dunha actuación.

Fracaso: Falta de éxito ou non realización dun proxecto.

O planeta está ás escuras. Ocorre que os ollos mostran un tipo de radiación concreta. NADA máis. O planeta segue ás escuras. Me perdo na diversidade das formas que vexo, e esquezo que o 95% da realidade non é visibel.

Amáis diso, son unha consecuencia sen numerar, (porque numerar é de humanos), dun terribel acontecemento que aconteceu noutro tempo (porque o tempo é de humanos).

Nos rixen 4 forzas: A electromagnética, a gravidade, a nuclear forte, e a nuclear débil. Do demáis só falamos entre nós coma se fora realmente importante. Supoño que porque non nos da tempo nunha existencia de facer ren que trascenda. ¿Ou si?

É este un exercicio de trascendencia… para humanos.

Primeira anotación

Arquivado en: Xeral — pakolas @

Como arranca un blogue, ou como remata un tempo. Todo para crear algo. As ferramentas tecnolóxicas a disposición dos internautas. Neste caso, para desmantela-la concencia e montala de novo nun espazo virtual proprio. É tranquilizador saber que non existe a intromisión pornográfica ou molesta do espazo dos demáis. Aquí son livres os que o queiran ser. Eu tamén.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons