¿Quén?… ¿Eu?
A tele é unha merda. A música son as vibraciós que sincronizamos. A terra é a Gaia. Os animais sodes vós. O inferno, os demáis. Todo, nada, sempre e nunca son palabras continuamente mal empregadas. Nikola Tesla era un xenio, e Gandhi un bó home. Os fillos dunha cadela, non teñen memoria que repetir. Esvaécense con todo o seu equipo sempre que desaparecen e volven á terra. Para seren un primate, temos pouco pelo, e os demais animais; as bestas que andamos a despreciar, nos teñen medo. O Xadrez é un xogo e a playextension unha porquería. Sabemos que ler nos da sabedoría, pero non lemos. Que coñecer nos da perspectiva. Que os que cambian o mundo somos os que o cambiamos, pero nen coñecemos, nen cambiamos. Coma as bestas, temos medo.
Éxito: Resultado feliz dunha actuación.
Fracaso: Falta de éxito ou non realización dun proxecto.
O planeta está ás escuras. Ocorre que os ollos mostran un tipo de radiación concreta. NADA máis. O planeta segue ás escuras. Me perdo na diversidade das formas que vexo, e esquezo que o 95% da realidade non é visibel.
Amáis diso, son unha consecuencia sen numerar, (porque numerar é de humanos), dun terribel acontecemento que aconteceu noutro tempo (porque o tempo é de humanos).
Nos rixen 4 forzas: A electromagnética, a gravidade, a nuclear forte, e a nuclear débil. Do demáis só falamos entre nós coma se fora realmente importante. Supoño que porque non nos da tempo nunha existencia de facer ren que trascenda. ¿Ou si?
É este un exercicio de trascendencia… para humanos.