Pensamento Livre

A trampa da palabra

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

pensiero
As argumentaciós creacionistas poden ter dúas vertentes:

A segunda ha de se-la incontinencia verbal dos máis ignorantes. Xentes perigosas pra o resto, que forman rebaños, e precisan de esquemas de comportamento e razós divinas para adivinar qué carallo fan no mundo.

A primeira, e non por elo menos difamante, é volitiva. Non é o produto do sentimento de comprensión. É unha ferramenta para dirixir ós demáis cara ó cerco da relixión.

O lastre que arrastra a humanidade é a confusión (xerada artificialmente polos avatares de determinados movementos relixiosos) que culmina na mezcla de relixión e espiritualidade. E non soamente isto, senon a posterior suposta “inhumanidade” dos que se reviran contra a sinrazón eclesiástica.

Ven isto sendo que primeiro precisan facer que confundas a túa espiritualidade coa necesidade dun deus, para cando te afastas del, condenarte por herexe.

Non vou caer na trampa de enumera-los males das igrexas. Tampouco as bondades.

Vou mirar cara o lado da miña propria natureza. Vou espirutualiza-los meus actos e palabras.
Nalgún momento da existenza, comeza a comprensión e o discernimento entre o que está ben e o que está mal. Comeza no mesmo lugar no que debera rematar toda pretensión espiritual ou relixiosa: No meu interior.

O aliñamento co pensamento relixioso ha de seren activo.

Voluntario. Honesto. Razoado. Sentido.

O aliñamento coa igrexa ha de seren pasivo.

Imposto. Dogmático. Indiscutibel. Sumiso.

¿ Qué lixo dixo de occidente qué, e quén o dixo? ¿Ú-lo occidente? ¿Na esquerda de qué mapa?

Da coraxe a pereza mental dos que arrastran todo o que ven de atrás e falan dende o púlpito da verdade dos seus, que non fan máis que fabricar infelices.

É.

Da coraxe a beleza vital dos que abrazan todo o que ven de atrás e falan deste minuto da realidade dos meus, que non fan máis que tentar ser felices.

Liverade-vos de dios. Sodes vós. Somos nós, os que temos que ir en pos da nosa propria comprensión. Queréde-vos. Non vos distraea xa a atención o circo ou ritual. Non precisades permiso. Precisades facer caso omiso do compromiso que vos impuxeron.

Saúde e calidade de vida, non ataúdes e benestar.

Así caigo de novo, irmaos e irmás, na trampa da palabra…

One Response a “A trampa da palabra”

  1. Eu mesmo Says:

    Nestes días nos que o santo pontificio se lanza ó orificio do sacrificio de oficio, cítame Adolfo a un tal Florencio Delgado Gurriarán no nada parco marco do Barco:

    “Levan a Cristo por fora, levan o demo por dentro; pregan o santo rosario e andan a matar labregos; din responsos en latin e enlixan os mandamentos”.

    Claro que eran outros tempos. Xa non se estila empregar os símbolos tan ben …(os punto e coma ; )
    Sí home… http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=FloDelga&alias=Florencio+Delgado+Gurriar%E1n
    Ese Florencio…

Leave a Reply

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons