Pensamento Livre

Só son sons

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

cuerdas.jpg

Non oio ren. Só palabras, música e traqueteos de automóbiles.

Palabras demasiadas.

Música decente.

E automóbiles de merda.

Presta un demasiada atención ós sons que lle entran polas orellas porque nonas pode pechar, máis poucas veces atende por interese.
Porque todo ó redor dun é son. Mensaxes de aluminio, de celulosa ou de oxíxeno. De pedras, de oceanos e de carne.
Só son sons. Se queREmos, podemos ve-LA SInfonía DO Planeta. SInfonía de corda en MÍ maior. Concerto DO SOL sostiDO. Obertura en SÍ, grazas.
A materia non é redonda como no debuxo. Cada quark é unha corda, vibrante coma a dun violín, que dependendo da afinación, configura unha ou outra materia. Así, todo o que percibimos e coñecemos é son. Música e Palabras. Helio e Carbono. Se estás afinado en DO, escoitas a gaita redonda. Se en RE, a grileira. Gústache a materia na que estás afinado, e queres ás Xentes que cantan no teu coro.

Ou afiliación. Ou canción.

Un universo de son que vibra ó teu carón. O único plano plano é o das ideas, que pretenden case sempre velo todo dende fora, e se distrae un da vibración que nos fai homes ou mulleres.

Ou pedras. Ou Terra.

Leave a Reply

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons