O recto senhor
O senhor rector do sainete de promociós nacionais do oligopolio, como moitos ignorantes do seu entorno, molestan ó resto con frases lapidarias como que se vai acaba-la piratería e que as industrias industriosas se encargarán desos rufians.
As persoas que posuímo-lo Dereito, que somos todos, (escribíndoo con maiúsculas porque entendemo-lo que significa e dignifica se-lo herdeiro do Dereito que outras mulleres e homes lograron poñer en cita universal pra garantir a calidade de vida dos seus semellantes) temén sabemos distinguir entre os Dereitos e as Leis.
Tan boas ideas tiveron estes homes e mulleres que o resto da Humanidade estivo de acordo con eles, e o puxeron por escrito pra os presentes e futuros membros da comunidade. Por desgraza ou pra regozijo de algún, o devenir da comunidade pensante do Planeta, sufriu varias épocas escuras durante as que determinados grupos de individuos caían presa da ignorancia ou desentendemento do seu tempo, pervertindo as Leis ou adicando a súa vida ó mantemento de determinadas instituciós decrépitas e antisociais numerosas en gran número cántas veces e de qué forma…
O peculiar da raza Humana é a inconsciencia da falta de perspectiva.
Así moitos temos que sofrir a iracunda embestida de sofridores do seu traballo, coa incontenida risa que nos provoca, e que ás veces nos asusta.
A creación artística nunca foi dirixida por nengún artista cára exclusión do espectador.
Existe algunha institución artista-legalista belicista moi lista e pouco realista, que causa sensación cós seus despregues de cartos, mezclando o Dereito cos negocios.
-De tódolos xeitos da igual.
-Déixaos estar… Dicía Currás que ten que haber de todo.
As novas tecnoloxías nos están dando a oportunidade de darnos unha oportunidade a nós mesmos e ós nosos conxéneres.
As ideas globalizadoras neoconservadoras son perigosas. Os comentarios previsibels de personaxinhos de poucos anos e moitos cús, non conmoven a ninguén que estea relacionado mínimamente coa tecnoloxía real e non a través dos escasos medios divulgativos que temos a man.
Hai que ser humildes e renderse con disposición ás mentes que nos fan crecer como comunidades livres que somos.
Xentes que nos guiaron como amotinados nun barco sempre á deriva cheo de falta de espazo. Nos mostraron o camiño e nolo seguen a mostrar. Prestemos atención a quen realmente a merece.
A piratería non existe. A cultura só ten un sentido, e no noso mundo, hoxe, só cabe esperar que de novo as instituciós perversas da sociedade acaben o seu ciclo e desaparezan pra redirixir de novo o barco cáro Norte da calidade de vida para TODOS. O esforzo dunha empresa por sobrevivir, non debe ser confundido coa declaración de Dereitos dunha comunidade. Grazas senhor O.E.K. pola súa opinión. Sabemos qué é o que precisan vostede e a súa empresa.
O resto dos seres coidaremos de nós mesmos.
Crearémo-las nosas redes de comunicación e conservarémo-la nosa cultura e natureza. A súa tamén.
Sorte ós bós.