Pensamento Livre

Alquimista

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

alquim.jpgO alquimista cambiou o concepto do seu nome. Convertiuse nun constructor de materia. Un home do futuro que aprendeu os segredos da “construcción”. Soupo de elementos e enlaces. Aprendeu de sistemas e procesos. Empregou máquinas e colaborou con tódalas mentes que se achegaron.

Simplemente deseñaba, calculaba, preparaba e recolocaba carbono, nitróxeno, oxíxeno e fósforo. Da mesma forma reconfiguraba enfermidades, creaba vida ou materia inerte.
Pensaba o perigosa que era a súa habilidade. E o marabillosa.
Resoplaba e botaba as mans á cabeza imaxinando o que poderían ter feito os seus predecesores cun poder tan cargado de responsabilidade.
A humanidade avanzara finalmente no seu camiño de comprensión do seu proprio universo respetando, serenando, creando e vivindo.
Xa tódolos procesos de comunicación se compartiron e distribuiron.

Humanos e demáis animais, coexisten sen a necesidade de loitar polos seus dereitos, xa garantidos polas leis. Leis que evolucionaron tamén e maduraron da man do desenvolvemento das comunidades liverpensantes cára educación dos máis novos nunha comunidade responsabel, abandoando as proto-leis de condena e penalización de anos pasados.
Por fin o control das actitudes humanas foi devolto ós seus lexítimos donos pra definirse un a un nunha mesma coexistencia, convivencia e comunidade.
Preguntábase o creador de cosmos se o verían os seus ancestros coma un deus. Programador da casuística. Creador e terminador de vida. Teletransportador cuántico de materia. Inxenieiro de existencia. Manipulador electo de vida.
E negaba coa cabeza. Fungaba e rumiaba aspaventos comprendendo a inxenuidade daquelas xentes sen formación nen información que non podían senon ter fe no seu futuro en troques de construilo.
Non tiña claro se aqueles séculos escuros de guerra, maltrato á única natura e analfabetismo social foran tan cruciais, ou simplemente foi un anaco de historia a non olvidar por todas e todos.

Cada minuto durante décadas morreu a coñecedora da solución da enfermidade. O creador da máquina de transporte inocuo e a nai do futuro fillo. Tamén un músico extraordinario, un sastre, unha modista, e un gran mestre de xadrez.
Todos eles desapareceron pra sempre por culpa da mala educación no berce.

¡Cántos alquimistas morreron á vista cega e estúpida do resto da humanidade!

Leave a Reply

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons