Apolicía de Goebbels
Propoño ler o seguinte con moito coidado de non caer na estupidez, e de velo todo dende a perspectiva que se merece. Recordando que no transcurso da historia, cambian as situaciós políticas, as circunstancias sociais e os sistemas de comunicación, mais non a natureza humana, a codicia, nen a sabeduría ou ignorancia (que ó fin e ó cabo, son graos da mesma medida).
Propoño buscar exemplos recoñecibels na política actual (e por tanto futura) de cada punto do decálogo que transcribo, obra do ministro de propaganda xa citado.
Propoño tranquilidade, serenidade, mais non medo, nen respeto a quen nono merece (de mérito).
Imos dende o principio. Os principios da propaganda:
1. Principio de simplificación e do inimigo único. Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único inimigo.
2. Principio do método de contaxio. Reunir diversos adversarios nunha soa categoría ou individuo. Os adversarios han de constituírse en suma individualizada.
3. Principio da transposición. Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo ó ataque co ataque. “Se non podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian”.
4. Principio da exageración e desfiguración. Converter calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave.
5. Principio da vulgarización. “Toda propaganda debe ser popular, adaptando o seu nivel polo menos intelixente dos individuos aos que vai dirixida. Canto máis grande sexa a masa a convencer, máis pequeno ha de se-lo esforzo mental a realizar. A capacidade receptiva das masas é limitada e a súa comprensión escasa; ademais, teñen gran facilidade para esquecer”.
6. Principio de orquestación. “A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas e repetilas incansablemente, presentalas unha e outra vez dende diferentes perspectivas, pero sempre converxendo sobre o mesmo concepto. Sen fisuras nen dúbidas”. De aquí ven tamen a famosa frase: “Se unha mentira repítese suficientemente, acaba por converterse en verdade”.
7. Principio de renovación. Hai que emitir constantemente informacións e argumentos novos a un ritmo tal que, cando o adversario responda, o público estea xa interesado noutra cousa. As respostas do adversario nunca han de poder contrarrestar o nivel crecente de acusacións.
8. Principio da verosimilitude. Construír argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informacións fragmentarias.
9. Principio da silenciación. Acalar as cuestións sobre as que non se teñen argumentos e disimular as novas que favorecen ó adversario, tamén contraprogramando coa axuda de medios de comunicación afines.
10. Principio da transfusión. Por regra xeral, a propaganda opera sempre a partir dun sustrato preexistente, xa sexa unha mitoloxía nacional ou un complexo de odios e prexuizos tradicionais. Trátase de difundir argumentos que poidan arraigar en actitudes primitivas.
11. Principio da unanimidade. Chegar a convencer a moita xente que pensa “como todo o mundo”, creando unha falsa impresión de unanimidade.
Sempre temo-la perspectiva clara política cando miramos cara atrás porque os datos son cotexados, ou porque temos tempo para o análise. Mais na política, concluir cómo foi ou deixou de ser tal ou cal periodo ou candidato, non nos aporta ren. Ben mirado, políticamente, só deberiamos observa-lo futuro e presente político, pois é o único que nos vai influir a partires de … xa.
Sen embargo, a experiencia nos axuda a comprender determinadas actitudes non-políticas senon propagandísticas. E non hai que olvidalas.
Mais cando te atopas con xente que non ten argumentos políticos, senon modus operandi pra acadar un fin, non son facilmente identificabels, pois parte das súas acciós van encamiñadas a ocultar este término.
Vós mesmas…