Miña
Sinto reterte de memoria percibindo o mundo distinto. Teño frío, e a cotío, imaxínome preso do teu peso tan preto que queimas. Sen compromisos nen débedas. Sen concesiós nen súplicas. Por pura vontade.
Sinto roubarte minutos de ollos pechados e mente aberta descubrindo a lúa da pel túa, o sol por melena e por sorriso a mirada.
Sinto imaxinarte tan despoxada de todo, maxestuosa espida, muller e ser.
Sinto bicarte sen ti sabelo.
Sinto durmirte ó meu carón, e observarte rendida, reaccionando a soños absurdos que me escusan abrazos e cunas.
Sinto mostrarte o animal que son, dándome ou tomándote sen outra moral que a nosa.
Sinto non che ter dito ren do noso, mais bem pensado, é meu contigo.
Sinto todo iso.
Sintoo tan delicada e pracenteramente, que non esquezo nen un intre de estar contigo. Acordo citas pra atoparmos de novo. Nunha sala que non existe. Nunha habitación baleira chea de nós.
Sintoo tan bruscamente cada vez… que nono evito. ¿Pra qué?. Se son tan monstruo como os meus segredos… Por tí ló son un anxo.
Sintoo moito, e a miúdo.
Síntome bem, ó teu abrigo.
Eu quedo contigo.
Ti ficas comigo.