Infowars ou as guerras da información
Ender foi un dos líderes da guerra contra os insectores, e ó final acabou todo bem porque non era máis que un fermoso libro.
A Guerra na Terra desgraciadamente son Toneladas de cadáveres e Kilómetros cúbicos de bágoas.
Coa incómoda perspectiva do que depara o mundo, vexo máis luitas de poder e máis atrocidades, aínda que poida que non coas mismas armas. Poida que a cuarta guerra mundial non sexa con paos e pedras como advertía Einstein. Poida que a información se concrete (e o fará) como un elemento moito máis definido e decisivo (que o será) para toda a raza humana.
Poderiamos ve-los actuais movementos monopolistas monstruo-empresariais como os primeiros alborotos das primeiras revoltas Inforacionais do século XXI. En fronte todo tipo de guerrillas livertarias em luita pola liveración da información e as culturas nunha Rede livre. Nun entorno social en troques do barro ate os xeonllos, onde morre o peor do ser humano.
Nono podo saber. Despois duns poucos anos de “informática”. Unha novidade. Un neoloxismo. Mais algo totalmente distinto a calquera outra innovación humana (poida que a imprenta). Non deberían chamala revolución informática, porque suxire algo como que por fin os microprocesadores do supermercado tiran a mil petahertzios. A Revolución é humana. O proceso será o acceso á información que nos pode completar como humanos. ¿Por qué ei pensar inocentemente nuha web se é claro que vai cára a estandarización informática no software? ¿Por qué vou pensar en mega-empresas cando a tendencia é a racionalización do traballo e as novas oportunidades pra os mozos? Noutros 15 anos vai se…-la ostia.
Un paso decisivo cára a evolución. Un cambio cualitativo na creación, procesado e transmisión da información. Esa que nos fará livres, esa verdade que non coñecemos ou que se nos censura. Porque se nos censura.
Un goberno delincuente tamizando e filtrando a información, ou roubandoa ós seus lexítimos proprietarios.
Ou un goberno incompetente denegando o acceso dos seus patróns a redes de información na que soluciona-los seus problemas ou comunicarse cos seus pais.
Coa perversa de nacemento escusa de que a información e o acceso a ela é cousa da libre empresa e dos malnados que compran a Terra por cachos pra zampar uvas nun diván.
Cando realmente o acceso á comunicación sexa livre poderemos falar de referendum e non dunha “demo” de “cracia”.*
*(N. do T: Nótese da traducción ó inglés “demo” of “crazy” .
Un dos traballos que estamos a facer dende a asociación CompostelaWireless consiste en seleccionar, recopilar e traducir diferentes documentos dos que pululan libremente pola Rede, e que nos permitan transmiti-lo xeito en que entendemos e vivimos Internet. Hacking, coñecemento aberto, Software Libre, redes sociais, arqueoloxía informática… son algúns dos temas que fumos tocando nos dous anos que levamos escollendo e traducindo documentos. Aquí vos deixo enlaces ós documentos que compoñen a nosa biblioteca pública. Leva un exemplar. Non fai falla que o devolvas. Son pra ler.