Pensamento Livre

Anos

Arquivado en: Faladas — pakolas @

ano.jpegHai moitos anos. Hainos froidianos, kaftkianos, aristotelianos, platonianos. Básicamente, todos levamos un ano dentro. Eu agacho as orellas cando penso na bronca que nos botaría calquera destes grandes pensadores se sacásemos da ficción a posibilidade de que algún poidera opinar hoxe. Grandes homes e mulleres que dun ou outro xeito iluminaron unha nova área de pensamento cunha intensidade descendente en círculo, de xeito que outras mentes poideran partir dalgún punto e segui-lo seu proprio camiño. Sen embargo nos empeñamos en calcular e recalcular e redefinir e matiza-las ideas xa iluminadas.

O pensamento fulano, abre varias portas pra cruzalas e ver qué pode haber alí. Portas que antes non coñeciamos.
- ¿Pero é que non me escoitades?. Que digo que non todo é o mesmo, que hai moitas cousas.¡Que hai que asomarse a mirar!

E nos:
- Elocuentemente… ¡Qué bem falou Zaratrusta…!
- Imos redesenrola-lo roio pra alcanzar os 17 matices de branco da luz que ilumina o resto das cousas. A ver… 1.

Agudo é un ángulo de menos de 90 graos. Paupérrimo ángulo de visión en relación ós 360 posibels por dimensión.

Obtuso pode pasar dos 90, e seguer a selo. Anos, claro.

Maga

Arquivado en: Faladas — pakolas @

maga.png

Es o xoguete que nunca tiven. Tes beizos coma labios e labios coma teclas de cerebro. Non tes curvas, que son tetas e ano, que amo se amar é algo. Seino de ti, que sabe-lo que digo. Que fago un amago de violencia pra desfacerme de miles de anos de memolución e senti-la dureza da Vida fodendo o calor do Sol.
Tiña moitas gañas de veren algo tan bonito coma ti.¡Oiches?

Chéiranme os dedos a hiel, e ó mel, e a túa boca sabe a min, se é que o sabor se conxuga, e misturámo-los sensos, e os sabores e os sentidos, e xa non son un. Son dous.
Xa sei o que se sinte sendo ti. É o mesmo que sinto eu.
Loito coas telas que me negan a natureza, e antes de me espir, xa nos corrimos.
Xogos de roles, de rolos e cinchas, e mantas e plumas, e panos e roupa.
Contos ao oído e estertores de vida.
Logo acordo rastrexando o teu corpo. Buscando asi-la ergonomía da túa pelvis. Fechando torpes as maos atopando ausencia. Enganado porque este leito ule a tí, que estás a mil ladrillos, a cen cidades. A dous parsecs de min.

Y eu só quería despertarte pra facerte volver durmir.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons