c0rr310

Pensamento Livre

Anos

Filed under: Faladas — pakolas @

ano.jpegHai moitos anos. Hainos froidianos, kaftkianos, aristotelianos, platonianos. Básicamente, todos levamos un ano dentro. Eu agacho as orellas cando penso na bronca que nos botaría calquera destes grandes pensadores se sacásemos da ficción a posibilidade de que algún poidera opinar hoxe. Grandes homes e mulleres que dun ou outro xeito iluminaron unha nova área de pensamento cunha intensidade descendente en círculo, de xeito que outras mentes poideran partir dalgún punto e segui-lo seu proprio camiño. Sen embargo nos empeñamos en calcular e recalcular e redefinir e matiza-las ideas xa iluminadas.

O pensamento fulano, abre varias portas pra cruzalas e ver qué pode haber alí. Portas que antes non coñeciamos.
– ¿Pero é que non me escoitades?. Que digo que non todo é o mesmo, que hai moitas cousas.¡Que hai que asomarse a mirar!

E nós:
– Elocuentemente… ¡Qué bem falou Zaratrusta…!
– Imos redesenrola-lo roio pra alcanzar os 17 matices de branco da luz que ilumina o resto das cousas. A ver… 1.

Agudo é un ángulo de menos de 90 graos. Paupérrimo ángulo de visión en relación ós 360 posibels por dimensión.

Obtuso pode pasar dos 90, e seguer a selo. Anos, claro.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons