c0rr310

Pensamento Livre

Mar

Filed under: Faladas — pakolas @

Sentímonos inmediatamente extraños, cansados de recoñecernos.
Nom por incomodidade, senom porque todo ó noso redor comezou a ralentizarse e as conversas convertirse en música de fondo.
Podería comeza-lo incendio e forma-la cúpula que non nos faría desvia-la mirada nen frea-la conversa.
– A ver a que me dis…
– ¡Nom! Desta vez soñei que a túa presencia por segundas me distría dun monitor pra comprobar que o que parecía carmín descolocado era unha bagoa de sangue na comisura dos teus hoxe fermosos beizos. E choraches.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons