Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Político. Es un animal político. Non votes, votes a Xan, votes a Roque, é unha decisión política. Pensa no que se loitou para conseguir o dereito a voto. Vas desprezalo? Vota. “Pero os políticos son todos iguais!”. Mentira! Iguais non, parecidos. Vota.
E dime, vas votar aos partidos estatais? Bótaos, non te representan, non te defenden. Non os votes. Hai máis cores que o branco e negro. Non todo é rosa ou gaivota. “E logo a quen hei votar? Ao Bloque Nacionalista Galego?… É que eu non son nacionalista”. E iso que importa.
Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Tes os mesmos problemas ca min, adoecemos do mesmo:
-déficit de infraestruturas (cal foi o último lugar ao que chegou o ferrocarril?… e a historia estase repetindo co Ave, ou non?),
-bloqueo dos nosos sectores produtivos (construción naval, sector agrario…),
-avance na privatización do ensino público,
-impedimentos para acadar a normalización lingüística,
-necesidade do traspaso de competencias ao Goberno de Galiza (tráfico, salvamento marítimo [sabes cantas persoas faleceron no mar desde o que vai de ano? 14. Lembra o Prestige. Paréceche que dende Madrid xestionan ben a nosa costa?], seguridade viaria), etc.
Aínda que non cho pareza as decisión que se toman no Parlamento español aféctanos, e moito. Vota ao PSOE-PP e haberá uns cantos deputados lambéndolle o cu aos seus respectivos presidentes de partido Zapatero e Rajoy. Vota o BNG e terás deputados fieis aos intereses de Galiza e do pobo galego, con criterio independente, pensando en Galiza e pensando nos galegos, defendendo os nosos dereitos como pobo, reclamando melloras para a nosa nación. Vota ao PSOE-PP e terás uns deputados-servos de Zapatero e Rajoy. Vota ao BNG e terás uns deputados-servos de Galiza, que non teñen máis amo que o pobo galego.
Chegou o momento da decisión. O futuro, a historia estala a escribir neste momento. Son as decisións individuais dos cidadáns transformadas en vontade xeneral asque gobernan a historia e deciden o futuro. Decide, escolle. E se non te convenzo arreda do bipartidismo, vota a Esquerda Unida.
Marzo 4th, 2008 at
APOLOXÍA POLÍTICA GALEGA: cuartos.blogaliza.org