c0rr310

Pensamento Livre

Eu, xenio.

Filed under: Faladas — pakolas @

auroraygenioluz.jpgXa sei que este o meu xeito de senti-las cousas non é axeitado, mais de sempre, asustado, me teño axustado ás normas fixas de xente extraña.
E endexamais me serviu.

Existo por seres externos que me fixeron subsistir ate deixar que o fixera por min. E non fuxo das esixencias que nos unen.

Sego a desexa-lo que non coñezo coma un obseso, alimento o seso e desexo o mesmo sexo, non pra enxaulalo mais preservalo.

O éxito é o feliz fin dun axioma. Coma núas xuntas as amantes liveradas, que elixen hoxe pra deixa-lo mundo e adicarse ó outro.

Non deixo de vixiar que non xordan reixas nen verxas de redor, e as derribo a soplidos e en campo aberto abro os brazos e sinto cada verba pra aturuxa-lo teu nome alto e bravo. Calado ate os ósos do oxíxeno que me queima a pel.

Vexo a claridade frouxa e difusa do crepúsculo coma penúltima, e gozo o luxo de cada verba túa coma luz de lúa.
Luz que é arte. Que peta nela e parte de rebote, coma atoparte.

Eu, xenio, baixo o peso da sensación de saber mais por sabio que por pelexo, que se de base teño un x, son fuste que ten e sostén o planeta por capitel.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons