c0rr310

Pensamento Livre

Fi

Filed under: Faladas — pakolas @

Tentarei mirar atento a natureza mesma que se lle da por mostrárseme nun cento de recipientes. Un máis fermosa que outro. Xentes que pra seren inexactos son xustamente a consciencia da mesma natureza, mais escravos da súa mente matemática en base fi. Creando o mundo e explicando os acontecementos e físicas dende o mesmo e único patrón, que remata na sorprendente medición de o que ó fin non é máis que un grado, ou unha medida do mesmo tipo de consciencia.
Entrementres, distintas vidas se atopan e recoñecen pra xenerar novas vidas e acontecementos. Só medibels para outros, observadores tristes do devenir dos demáis.
Se creo querer quererte, ou se quero creer que o fago, convírtome nun mago. De verbas retortas de sentimentos imponderabels.

¡Qué curioso! Que o único indefinibel sexa a ánima que nos permite medilo todo. E ló, se son eu quen o xenero todo, tí non existes. E se me trabuco e tí existes, se me xeneras, estoupan sexos, e derrítense meles, e rózanse peles, e imprímense a lume figuras de neuronas imborrabels ate a morte ou o fallo eléctrico, coa única e derradeira oportunidade de contarllo ó supervivinte, ou deixalo por escrito. Ou pintalo na pintura despreciada polo canon. E se ó fin non importa tanto comprendelo como vivilo, entón gañémo-lo tempo. Eiquí escribíndoo ou alí léndoo.
Dóemo lombo de enterra-la morte, e chóranmos ollos de ve-la beleza. Vivo o que podo, novato nesta ocasión. Veterano nunca de poucos anos, ou non tantos coma novela final da historia da consciencia (que ninguén lerá).
Grazas por todo. Eu xa marcho. Pero bueno, teño un momento.
Cedo o espazo ó medo que me da compartilo, pra ver se me trabuco e remata pagando a pena non ter medo a nada. Dígoo todo pra mentar algo certo, e bícoo todo pra atinarlle nos beizos á natureza que me fixo capaz de facelo.
De nada. Aquí me quedo. Pero bueno, non teño moito tempo.
Espero que seleccionedes o que vos sirva pra algo. De mín e de cada complexidade que atopedes.
Gosto de tentar abrir tódalas portas e fiestras, pra ver se entra a treboada que peta fora, e se nos leva a todos e nos limpa de estar folgando.
Gosto de tocar tódalas notas e pezas, pra ver se dun acorde involuntariamente ábre-los beizos pra dicirme algo que me faga seguir tocando.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons