c0rr310

Pensamento Livre

Piraña Rock

Filed under: Faladas — pakolas @

dardosa4 Rockeiros de mais ou menos xeración. Templo sen relixión dos descontentos do resto. Lar de mar de puños, de femias fermosas e de tipos atípicos. Mesas de la muerte, Jesus Christ pose, ponme Nine Inch Nails, Sandra, Sandra…, al gordo, musicaca goonie, ride on, dez rusos blancos, trofeios de recordos, recordos de esforzos, risas e máis risas, bestas da idade de pedra, festa por exemplo, Stephano Goché, balón de oxíxeno, seica chove, paraugas asasinos, fresas, arándanos e rosas, vodka negro e cervexa por defecto, nomes e motes, la bola del ocho, inspección técnica periódica, rincón acdc, cabina de Rock, tabaco, futbolo, dardos, Jueves, Ano, Popular e Heavy Rock. Baranda de culo, meseta de mus e seis oitenta e dous de barra de Adolfo e xadrez.
– Te comercio un mechero de ensueño, artesanía de una amiga mía. Aquí tocaron todos, y jugamos a “a ver si tienes…” o a “a ver…¿qué es esto?”.

Apostamo-la birra que nos consensúa o rato de xogo mentres a tomamos. Vin uns ollos. Cando teñan nome atoparei unha rima. Hoxe tiraron de mín, coma eu doutro o outro día. Durmo na túa casa.
Nom despido ren. Vivín cada hora e pico larga mentres fun. Enriqueceunos a case todos, e de xeitos distintos. Algún nom debera ter ido nunca, muitos o disfrutamos e outros nono verán como foi. Sorte. Nom. Xustiza.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons