c0rr310

Pensamento Livre

Son só

Filed under: Faladas — pakolas @

images1

Son só por esquivar estou solo. Pra que nom me manchen as inocentes palabras, que intentan reproduci-la percepción que teño sempre por compaña. Nem me apura nem me frea. Son filósofo da miña filosofía e evanxelista da miña circunstancia. Nom me asusta o mundo porque xa estou no lío, e agora non confío nas pequenas e grandes traxedias que me escupen ós ollos o resto de anormales adormecidos polo medo a facer o que consideren mellor. Acojonados charlatás que preocupan ó resto cos medos proprios e se enorgullecen de ter tirón. E de ser mirón da vida do resto. Pra logo vomitarlle o fillo desatendido. Probiño carne de drama enfermado de selo.
Vaites. Se non sabes pregunta e cando o sepas aínda cho han contar.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons