c0rr310

Pensamento Livre

Presente de indicativo.

Filed under: Faladas — pakolas @

Boto en falta que me sobre empeño.
Falo en verbas o que soño e vexo.
Alugo atenciós que pago con opiniós.
Creo na Fé que cre ter o resto.
Supoño que amaño e me temo que apaño.
Pecho portas de carballo que non quebran.
Abro alas de fiestras ó Sol.
Son persoaxe de seiscentas historias que só eu coñezo.
Conspiro pensamentos dos que tí es obxeto lonxe e preto.
Calculo mil formas de números posibels. 1.
Deixo que me encha o disfrute de poder facelo.
Tolero o suficiente. Denuncio o preciso.
Río muito a risa da comusira do sorriso que aparece cando a nosa crece.

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons