c0rr310

Pensamento Livre

Tanto botón…

Filed under: Faladas — pakolas @

dardosa4O botón é vermello chillón pra que non haxa confusión.
Ten tapa de protección por se acaso algún mamón.
É a perfecta fórmula achada a machada pra non ter tí máis que pagala cos baladís que apañas da condescendencia dos ladrós que enganan a naide menos a eles.
Quixeras o botón prá solución do que resulta un problema complexo pois atañe a toda a convexidade do teu universo.
Tes que facer, tes que atinar, tes que superar, tes que competir. Tes que te calmar. E os problemas enfrontar dende a complexidade da súa natureza. Tes que te adaptar do mesmo xeito que o fixeron os que che doaron por herdanza a intelixencia. Esa da lectura e da consciencia.
Non existe fórmula vital mais que na patética tele que cho oferta emplasticado recheo de mentiras por un módico capital, xa que polo visto non es tan tonta.
Dubido moito das soluciós globais, que nos fan a todos alemáns, e que dunha propina me arranxe a mín a vida, ou me dea unha patada na espinilla, que doe. Abofé.
E tranquila, que non pasa nada.
E tranquilo, que me ergo mañá.
Saúde

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons