c0rr310

Pensamento Livre

Bolas

Filed under: Bolas — pakolas @

–> Seguendo sen compender, comprendo que seguindo no tempo, máis que comprendelo todo, ireille quitando importancia a facelo.

–> ¡Carallo!.. ¡cómo insiste a natureza! E a xenética, ¿cómo carallo se manexa?

–> O salvaxe é a cotío o máis civilizado.

–> Non é imposibel.. É máis probabel outra cousa.

–> Eu ó que aprendín foi a loitar contra o imposibel. O que non fago é loitar contra o inviolentabel, e esa vontade túa…

–> O amor é a versión humana do amor.

–> A mín fálame en clave.

–> Dito así por riba, ámote igual que a todo.

–> Non podo, non tes, non chego. Non qués.

–> Escolle-las verbas pra que a frase signifique exactamente o que queres dicir ó final.

–> As meninas de Picasso.

–> A árbore é dona de sí mesma sempre, e por momentos escrava da súa calma.

–> Xa me dixéche-las grazas. Agora damas.

–> Non te enfrontas á morte. Enfróntaste á morte dos demáis.

–> Quero voltar nacer. Máis adiante…

–> O que fago ben, nono fago pra o exame. O fago pra mostrar as miñas preferencias. É un sistema de comunicación.

–> Tes gañas de escribir, e nengunha de facelo.

–> Se te devolveran tódolos cartos dos pedazos de plástico que tes mercado, comprabas unha tele máis grande.

–> Spiel ein spiel. Mit mir. Gib mir deine hand. Komn. Spiel mit mir ein spiel. Weil mir alleine sind. Vater Mutter Kind.

–> Pode que o noso morra. Pero non deixalo nacer…

–> Non poderei loitar mentres non apareza o monstruo. Loitar antes sería estúpido.

–> Creo nisto. Non só o creo.

–> Falo mellor do que escribo. A proba é que nunca poría isto por escrito.

–> Como o último tren que collín, que me dixeron que iba cara alí, e ó fin, tróuxome ate eiquí.

–> Come terra. Cava ondo. Bebe auga.

–> Ás veces poño auga de por medio.

–> ¿Quén é a lúa que cae e levanta, e revolve e quebranta?

–> O sexo é un gradiente. Hai 6.000 millós de sexos. Ou sexa 1.

–> A dixitalización do coñecemento nas redes é unha brea de dimensión temporal da humanidade.

–> Subo montañas ou subo ós ceos.

–> Non hai tantas mulleres misóxinas porque non contan con perde-lo pene.

–> Sei o que quero ulir ó respiraren. Uli-lo teu alento, que ule a min por dentro.

–> Sempre me dou conta ó colga-lo teléfono do moito que desexo falar contigo.

–> Son obxectivo terrorista estatal da policía internacional.

–> Que é día xa o sei. O que non sei é qué día é.

–> Ríndome a loitar.

perla1.pngperla1.pngperla1.pngperla1.pngperla1.pngperla1.pngperla1.png

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons