c0rr310

Pensamento Livre

Afílicos SGAE

Filed under: Faladas — pakolas @

music
Só quixera, de corazón, despedirme dos cada vez máis numerosos músicos que se adhiren á pegañenta rede comercial musical. Foi moi grato coleccionar e escoita-la vosa música. Fixémolo moitos muitas veces. Agora marchades a un planeta feo e escuro. Frío e arrogante. Dende aí non nos ides tocar. Temos a magnífica oportunidade de explorar novos camiños estrados de grupos e músicas. Homes e mulleres cheos de vida e música. Música, joder. Non canciós infectadas de comercio.
Licenzas livres e creación livre e arte por fama e por forma de vida. Por amor ó arte, se queredes. Non por amor á parte como facedes.
Agora mesmo Pel de Noz. Mala Herva. Tungsteno.
Mañá non sei, pero igual nunca máis Rosendo.
Non foi bonito. Segue a selo.
Vós que sodes o chan do arte. A base popular. De pobo. Falantes da linguaxe universal. Do son. Da danza. Agora traballades coma corsarios. Cómplices de roubo ou intento de xenocidio cultural. Ou asalariados de ladrós. Banqueiros sen bancada. Música mal parida.
Osades chamar piratas ós que vos deron puños en alto 20 anos. Ou 50. Ide mercar un piso a Cosmópolis, home. E quedarvos alí. Xa vos verán pola tele. ¡Qué vergoña!
O resto habemos seguir sen vós.

Adeus.

http://www.archive.org
http://ningunterra.com/2007/03/20/9-cosas-que-deberias-saber-sobre-la-sgae/
http://jamendo.org
http://safecreative.org

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons