c0rr310

Pensamento Livre

Con ciencia

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

 

A categoría “ciencia e enxeñaría” do programa instalador “centro de software ubuntu”, danos unha idea do volume de software libre que se está a desenrolar no eido da ciencia. Neste apartado aparecen a día de hoxe 309 aplicacións. Os exemplos son tantos como en número, se ben ocorre o que ven pasando estes anos. Proxectos diferentes que traballan sobre o mesmo tema, acaban uníndose e xerando software máis completo, unindo esforzos. As subcategorías son Astronomía, bioloxía, electrónica, enxeñaría, física, informática e robótica, matemáticas, química, xeografía e xeoloxía. Boa parte das aplicacións son axudas profesionais para xerar ou estudar todos estes temas, e percorren todos os aspectos das ciencias. Aprendizaxe, consulta, creación e deseño de planos, circuítos, simuladores biolóxicos…

Podes percorrer a galaxia nunha especie de módulo estelar, dirixíndote nas tres dimensións alén das posibilidades físicas para visitar outros sistemas. Podes facer os planos dun edificio con CAD profesional. Crear circuítos electrónicos ou eléctricos e poñelos a proba. Navegar por un mapa completo xeográfico do planeta. Xerar fractais. Simular e visualizar procesos biolóxicos. Simular experimentos físicos nun laboratorio virtual con todo a man e sen perigo real de que algo saia mal.

Boa parte deste software vai dirixido ás persoas aficionadas ou profesionais que precisan realizar tarefas moi concretas e complexas. Todo este software é continuamente testeado polos propios usuarios

Todo este software está a disposición de calquera persoa empregando software libre. E non só nesta distribución. Outros sistemas operativos (sempre sendo software libre), teñen aceso a estes almacéns de aplicacións chamadas “repositorios”.

Hai que comprender, que o feito de que a xente empregase software libre máis ou menos ate o día de hoxe, non impide que se desenvolvesen e mellorasen todas estas ferramentas que hoxe repasamos. Noutras categorías como “educación”, “gráficos”, “internet”, “son e vídeo”, ocorre o mesmo. Un total de 44920 referencias. Hai que saber que algunhas son publicacións relativas ao propio software e bisbarras, e que poden ou non ser mercadas. Así tamén un pequeno número de aplicacións, e sempre por custes razoables e en definitiva como apoio ós distintos proxectos, que implican a moita xente que traballa para levalos adiante.

A miña reflexión é futurista. Que escenario (e nós que o vexamos) haberá nos anos que veñen? Probablemente coa mesma capacidade de sorprendernos, a tecnoloxía terá adoptado por completo o emprego de software libre. Poucos sistemas operativos e aplicacións de software privativo sobrevivirán como o fixeron ate o de agora. Serán anecdotario, e tamén parte da historia do software. En todo caso, existirán con novas fórmulas moito máis construtivas, sostibles e respetuosas cos dereitos das persoas. Serán o froito da semente da liberación do coñecemento que supuxo o movemento hacker, o software libre e o das licenzas libres. Este software evoluciona cunha aceleración continua, e non é máis que a demostración do que pode facer a comunidade compartindo coñecemento. Saúde. Pakolas.


Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons