c0rr310

Pensamento Livre

Tes correspondencia

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

corresponde1

Cando chega o momento (que sempre chega) no que xa non dubidas que te están tomando o pelo co software privativo, unha das procuras pola web máis recomendable é a das listaxes de correspondencias entre este software e o software libre. Con este tipo de orientación, tes a vantaxe de dirixirte directamente ás aplicacións libres que poidan substituír as que empregas habitualmente, e ir “migrando” ate cubrir necesidades e non sufrir inconvenientes.

Hai varias cuestións a ter en conta:

* Esta listaxe é curta. Mínima. Ínfima. Somentes fago unha relación básica das aplicacións máis populares.

* Todo o software da dereita das listaxes é software libre. Esperando ser instalado e empregado dende o primeiro momento de xeito completo e libre.

* As funcionalidades (as distintas tarefas dos menús) da maioría das aplicacións libres, son superiores ás de software privativo, en calidade e número, mais esta non é a única vantaxe. As actualizacións, melloras, ampliacións, corrección de erros, cambios de versións, etc… fanse automaticamente a través da actualización periódica do sistema, e non hai máis que “aceptar” tal proceso cando o sistema o suxira para estar “á última”.

* É legal. Quero dicir con isto, que podes insistir en que traballas con Ph0t0sh0p, ou 0ffice, mais poucos poden dicir que pagaron a licenza, non é? O software libre está a disposición de todos nós para o seu emprego libre.

* A oferta é máis ampla nas aplicacións libres en calquera eido, o cal permite elixir entre varias as que mellor se adapten ás túas necesidades.

* Unha das condicións esixidas (e cumpridas) nas aplicacións libres é a de incluír un manual completo de todas e cada unha das funcionalidades e usos na documentación da axuda. Isto permite instalar calquera aplicación, e aprender a manexala dende cero sen https://www.acheterviagrafr24.com/acheter-viagra-en-ligne/ restricións ate manexalas de xeito profesional. No idioma que queiras.

* O avance das aplicacións e a súa mellora, non dependen de ningunha empresa que hoxe exista e mañá se venda, desapareza, ou decida ou non corrixir un erro. As aplicacións libres poden evolucionar, combinarse, fusionarse ou cambiar de nome, mais nunca terás problemas co traballo xerado con elas, pois traballan con estándares que sempre te permitirán recuperar os arquivos, e tratalos pasados os anos coa mesma aplicación, ou con outra equivalente.

* A instalación de todas as aplicacións libres, non van alén dun par de clics tipo “instalar”, aportar o teu contrasinal de administrador, e “aceptar”. Non vou agora a describir a instalación de aplicacións privativas, sexan dende un instalador mercado, ou copiado ilegalmente. Porque non é preciso facelo.

* Estes programas de software libre, son serios, e teñen o código optimizado, e moito máis estudado. Isto trae consigo moitas vantaxes relativas á estabilidade, fiabilidade e rapidez. Tamén ao espazo que ocupa no teu disco duro. Poñamos por exemplo a versión actual de Ph0t0sh0p (CS6). A instalación mide 1,8 Gigabytes (1843 Megabytes) . A de Gimp (o correspondente) mide 19 Megabytes. Ollo, que hai que ter en conta o que permanece logo no disco, ampliacións, etc, pero é clara a diferencia, e ten moito que ver co xeito de “programar” o software.

Podes instalar calquera deles en calquera sistema operativo para botarlle unha ollada, empregalo, comparalo, etc… mais soamente o verás funcionar ao máximo nivel sobre un sistema operativo libre, real e adecuado, e isto, colega, significa empregar GNU/Linux. Saúde.

corresponde2

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons