c0rr310

Pensamento Livre

120 horas

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

 

adicto2

Aproximadamente o tempo que levo sen prende-lo ordenador. É sorprendente o fácil que resulta adoitar case cada momento para atopar unha escusa e buscar algo pola web. Revisa-lo correo, ou as aplicacións “sociais”, que teñen pouco de socializadoras. Se o pensas ben, a razón que te leva é que precisas facelo. Se o pensas mellor, simplemente non é certo. Parecera que a propia Internet (e isto no fondo é claro), funciona grazas a que todos e cada un mantemos un montón de servizos máis ou menos interesantes e proporcionamos contidos dixitais a unha descomunal montaña dixital que acumula un corenta de nada, un corenta de pouco e un vinte de algo. As persoas con menos experiencia en xeral, máis xoves e influenciables, poden chegar a malograr as súas vidas por causa deste eterno e inabarcable deserto de información no peor dos casos, e no mellor adicarlle esas tres ou catro horas en total no día. E eu digo. Se practicara co piano ese tempo durante un aniño, si que me cambiaba a vida. Hai poucas cousas ás que lle adiquemos tanto esforzo e tempo, e cando rematamos, miramos atrás, e apenas nos queda información “útil”. Mais o virtual funciona dun xeito curioso. Ten ese aura de realidade, e nas nosas mentes funciona realmente como se nos aportara “fisicamente” recursos e obxectos. Tamén nos empuxa a manter contas de usuario en redes sociais como se diso dependera o propio sistema (certo en parte), e mantenos ocupados e preocupados en darlle forma, contidos… tempo. Con todo, non hai tantos anos que manexamos as redes informáticas como para coñecer en detalle as consecuencias e problemas que pode carrearnos. O mesmo podería dicirse das vantaxes. É indiscutible o placentero que poden resultar os usos que lle damos á informática, e calquera actividade placentera é susceptible de converterse en adicción. Mais o importante da adicción non é a actividade que xera a dependencia, se non a relación que se establece con ela. En moitos casos é unha relación negativa, e destrutiva, que ás veces non somos capaces de controlar. A participación en grupos virtuais, ten coma cor de fondo en moitos casos a incapacidade persoal para realizar actividades parecidas no mundo real, limita e reduce o círculo de relación, e os lazos de relación que se xeran son débiles, fronte aos fortes naturais. A pertenza ao grupo social, remata sendo, nunha ou noutra forma, parte importante da túa propia identidade, e pode axudar a reforzar determinadas carencias persoais, mais normalmente, non proporciona moito que non sexa “ruído”.

Pola parte máis positiva, evidentemente, atopar grupos afines ós intereses propios, e a autoaceptación que pode chegar a desenrolarse con estas ferramentas.

Por suposto, xa apareceron psicopatías relacionadas co emprego da Int3rn3t, do mesmo xeito que existen adiccións digamos “convencionais”, como ao sexo, ou ao xogo. Oficialmente, no DSM ( Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales) non existe unha adicción, se non un posible “uso excesivo”. O trastorno de dependencia da rede recibiu varios nomes nestes anos: Desorden de adicción a Int3rn3t, (Goldbert, 1995), emprego compulsivo de Int3rn3t, (Morahan-Martin e Schumacker, 1997) ou emprego patolóxico de Int3rn3t (Young e Rogers, 1998). Todos eles estudosos do tema intentando aclarar conceptos. Mais cando nos topamos con esta relación “virtual”, é difícil buy-trusted-tablets.com diferenciar ou definir o tipo de adicción. A pregunta sería: É unha adicción ós contidos da rede, ou á rede mesma? Neste aspecto, Prararelli (1999) emprega o termo de adicción ó ordenador/Int3rn3t e a define como un desorde pautitativo que depende tanto do medio como da mensaxe, sen destacar un sobre o outro.

Vexamos sete criterios para a identificación e predición de tal adicción, que nos sirva para autodiagnosticarnos ou argumentar ó resto:

* O número total de horas que pasas conectado.

* Outras persoas pensan que tes un problema coa rede.

* Experimentar serias consecuencias relacionadas co emprego da rede.

* Experimentar unha intensa intimidade na rede.

* Manter o tempo real que permaneces conectado coma un secreto.

* Idade (a xuventude incrementa o risco de adicción)

* Non poder esperar a chegar ao ordenador e conectarse.

 

Eu remato de escribir isto, miro o correo, e apago tódolos trebellos. Hoxe toca hamaca, piscina e nenas. Saúde.
adicto

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons