c0rr310

Pensamento Livre

Ruído

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

hc3a1ckers

É un orgullo para os círculos hackers formar parte do máis grande e exitoso movemento social das últimas décadas. O movemento do software libre comezou con esa historia tan humana como transcendental para a humanidade que foi a de Richard Stallman como punto de inflexión entre as tendencias á privatización do software, e a súa “liberación”. Podríase pensar que isto quedaría como anecdotario da historia do software. Historietas e andanças de frikis. Pero resulta que por desgracia evitamos cada vez máis incorporar ó aprendizaxe a parte “espiritual”, “filosófica”, o “ethos” (o carácter, a conducta…), e só prestamos atención ó máis espectacular, colorido, fogoso e ruidoso. E rapidito. A importancia e trascendencia deste movemento, vai alén da materia informática. Tan lonxe nas tres dimensións como alcanza a capacidade humana. E por qué? Na miña opinión:

* O software é unha creación humana para axudar en calquera tarefa. É unha ferramenta. Anda polo éter, virtualmente atrapada nunha rede en binario. Sen saber moi ben como funciona a súa creación, todos recoñecemos o imprescindible que é hoxe (e será mañá). Non é somentes o teu aparello. Son tamén as miles de máquinas-nodo de toda a internet, por exemplo. Todas dependen do software para funcionar.

* O software “empapa” o coñecemento continua e crecentemente con toda esta interacción do ser humano coa informática por (digamos) tres décadas de forma masiva. Vai “dixitalizando” o saber humano, e o difunde por todo o planeta case instantaneamente.

* A dixitalización do coñecemento grantiza (con reservas) o seu posterior aceso e emprego. Isto xera un substrato de coñecemento valiosísimo para todos, que naturalmente debera ser liberado e legado para mellorar as condicións de vida actuais e futuras das persoas e o entorno. Non quero intentar resumir o que representa ter aceso ao coñecemento de xeito libre. Podo dicir que sería bo para todos. Prefiro suxerir a imaxe do que pode chegar a ser a wikipedia có paso do tempo. Non por ser unha sima de coñecemento, se non tamén por ser libre. En realidade aínda non, porque que eu saiba está secuestrada nunha rede privada. Internet.

* Ocorre que isto non se queda no eido da informática, porque outra das consideracións sobre o software libre é que basease nun xeito de traballo tan novo como antigo. O traballo colaborativo. A información compártese continuamente entre todos, e inténtase non resolver o mesmo problema dúas veces. O normal cando se traballa entre todos. Os resultados son excepcionais. Pero na práctica, os sistemas de traballo que coñecemos son os que son, e por iso isto soa raro. Todo é xerarquía, secretismo, individualidade, competitividade, etc… O impresionante é que estas fórmulas de traballo que sempre existiron, (e que foron condenadas a desaparecer polo mercantilismo, o cemento, e outras involucións ate case desaparecer da memoria) son recollidas de novo e reaparecen o cooperativismo, o mancomún… adaptadas aos novos tempos mais co mesmo espíritu. Cousas que por ser antigas as damos por obsoletas, e sen embargo son un tesouro para o desenvolvemento, e a calidade de vida das persoas. Non se reinventa nada, mais é un caso de éxito inestimable para todos, e desbroza un camiño que levaba moito a monte.

 

Por todo isto, sen precisar medallitas, o mundo hacker e do software libre participou, e segue a facer historia na procura do ben común. E mostra e demostra o valioso que é para o ser humano traballar con liberdade, con conciencia social, igualdade, creatividade e máis valores fundamentais que todos recoñecemos como bos e que non viamos por ningures. E o resultado de todo https://www.viagrasansordonnancefr.com/viagra-prix/ ese traballo é xa por sempre noso, e libre. Saúde.

 

colaborativo

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons