c0rr310

Pensamento Livre

De película

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

peli2

 

As historias ó redor do desenrolo de software libre moitas veces soan a guión de película. 0racl3 evitou que continuara o desenrolo de OpenSolaris, un sistema operativo baseado noutro anterior, privativo. Isto significou que un gran número de persoas que participaron nun proxecto aberto e libre para crear software, viron desperdiciado todo o seu tempo de traballo, e malogrado o proxecto. Este tipo de colaboracións entre programadores, non se basea en relacións empresariais convencionais, e responde moito mellor á vontade dos que o conforman, a tal punto, que poden abandoa-lo proxecto en bloque, escindirse, facer un proxecto paralelo, paralizar o proxecto temporalmente…
No caso que nos ocupa hoxe pasou algo moi parecido. De feito, 0racl3 mercou Sun Micr0syst3ms no seu día cunha morea de cartos. Esta ultima financiaba boa parte do proxecto OpenOffice, así que todos esperaban que de novo se dera ó traste con outro magnífico proxecto de software libre.
Isto ocorreu no 2010. Algúns membros do proxecto crearon un “fork” (bifurcación). Un novo grupo, un novo nome, o mesmo obxectivo. Chamárono LibreOffice. Alomenos provisionalmente. Invitaron a 0racl3 C0rp0rati0n a unirse ó proxecto, e doar o nome, para recuperar a identidade anterior. Que non, que non querían, e ademais esixiron a membros da empresa involucrados en OpenOffice que renunciaran ás súas actividades, debido a “conflito de intereses” como lle chamaron. Claro está cialisfrance24.com que as empresas de software privativo procuran rematar calquera brote de software libre (e gratuíto) e a poder ser destruír proxectos enteiros. Conflito de intereses. Se no fondo é verdade. Uns son intereses comerciais, lucrativos, mercantilistas e industriais, e os outros non. Houbo tempo aínda no medio da historia para recoller algunhas melloras e aportes doutro “fork” que se creara por parte de Nov3ll chamada Go-OO, e incluílas en LibreOffice.
Todo isto fixérono a través dunha fundación á que chamaron “The document foundation”.
Hoxe en día Libreoffice, é a mellor, maior e superior suite ofimática que existe. E non somentes polo xa feito, se non porque é software libre, e o seu futuro apunta alto. En realidade con este tipo de software, eu dubido que xorda nada novo. É o definitivo. Como todo o software libre. Poida que remate de outras mil cores, con mil nomes e logos, mais o proxecto é o mesmo. Crear unha suite ofimática libre. É de todos, e non pertence a ninguén. Pode empregala calquera, e a ninguén se lle obriga a facelo. Non custa cartos, mais da traballo e remuneración a moita xente.
A suite inclúe as seguintes aplicacións:

Writer: LibreOffice Writer é o procesador de textos da suite. As características e o que podes facer con el, son todas as posibles. Incluída a compatibilidade con outros procesadores “menores”. Os formatos estándar e os privativos.

Calc: LibreOffice Calc é a folla de cálculo da suite. Xa supera en moito ao resto de programas das súas características.

Impress: LibreOffice Impress é o programa de presentación multimedia da suite. Tamén é compatible con formatos con copyr1ght como os de M1cr0S0ft, e incluso exporta presentacións para reproducir simplemente con flash.

Base: LibreOffice Base é a base de dados da suite. Creación e manexo de bases de dados, formularios e informes como o que é, unha ferramenta moderna. Compatible con fontes de dados JET, ODCB e MySQL/PostgreSQL. Da igual que non te soe. Isto inclúe o manexo de a practica totalidade de bases de dados do planeta.

Draw: LibreOffice Draw é un editor de gráficos vectoriais. Traballa con diagramación, gráficos ou maquetación.

Math: LibreOffice Math é un creador e editor de fórmulas matemáticas, con moitas ferramentas incluídas para o estudio e edición matemática.

O emprego de esta suite é obrigado. Existen outras suites como Corel WordperfectOffice, Lotus SmartSuite, iWork… Invítovos a conseguilas (mercalas ou facer unha copia ilegal), instalalas, estudialas e todo iso… Eu paso. Saúde.
peli4

 

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons