c0rr310

Pensamento Livre

Ai! Agora

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

 

???????????????????????

As leis sobre protección de dados sempre soa a andrómena porque pode dar a impresión de que como para nós non son úteis os dados persoais de ninguén, tampouco acheter du cialis en ligne o han ser para o resto. Tamén pode parecer que da igual que os teus dados persoais sexan “comercializados” por unha empresa privada, e vendida ó mellor postor. A axencia Nacional de Seguridade norteamericana (NS4) adícase entre outras cousas a protexer ao mundo. Para protexernos da ameaza fantasma, mercan dados persoais e xerados nas contas de usuarios de distintos servizos da 1nt3rn3t. Temos que ter en conta que son empresas privadas que dan servizos “gratuítos”, pero con contratos leoninos en materia de privacidade e uso dos dados dos usuarios. Así, dende hai tempo atopámonos cun sinfín de atropellos legais sobre os dereitos dos usuarios, que ó tratarse de novas tecnologías e servizos, e a pesar de existir legislación ó respecto, non contan coa concienciación das persoas de que este tema é tan importante preservalo como outros que xa temos ben clariños. A ninguén se lle ocurre consentir que se trafique cun historial médico, por exemplo. É grotesco. Sen embargo, algunhas empresas privadas chegaron a “mercar” parte desa información para valorar contrataciones, etc…

 Isto apesta. Imaxinemos agora que o servizo “prota” deste artigo oferta un servizo gratuíto, no que contactas con coñecidos, envías mensaxes, compartes cousas (virtualmente ou non), e no que todo queda registrado. Agora imaxinemos que a NS4 quere ter todo tipo de información sobre miles de persoas, centos de miles de persoas, ou sobre o millón que están registrados como usuarios. Cando te conectas, dende onde, con quen falas, de que, quenes son as túas amizades, que te interesa… Todo (que é moito) o que pode reflexar tal cantidade de información xerada pola interacción de tanta xente. A nivel persoal e profesional. Pois non imaxinedes máis. Presuntamente, e de xeito habitual, negocian un precio, e todo o que a ti respecta, xa está en mans privadas (xa o estaba). Isto ten tamén como consecuencia, que non existe seguimento de tales dados, e han de “pulular” de man en man para un ou outro negocio ou actividade.

Todas estan cousas pasan porque a 1nt3rn3t non é unha rede pública. É unha rede privada, na que infinidade de empresas privadas fan negocio de xeito máis ou menos honesto, e na que os “contratos legais” dos servizos gratuítos que ninguén le, ríense a gargalladas virtuais dos dereitos reais das persoas físicas.

As consecuencias ás veces pasan desapercibidas, ou simplemente “non pasa ren”, ou como nesta ocasión, imos ver cómo resolve a xustiza un novo conflito.

Resulta que Max Schrem, estudiante de dereito austríaco, propuso unha demanda colectiva contra f4c3b00k. Baixo a lei autríaca, varias persoas poden transferir as súas demandas financieiras a unha única persoa, neste caso Schrems, e así é como nas últemas xornadas, máis de 25000 persoas de todo o mundo (inclúome), piden unha indemnización de 500 € para cada demandante en concepto de “danos e enriquecimento inxusto”. Non sei se a denominación legal se axusta a nosa legislación ou é a máis correcta, e dubido que se poidera facer deste xeito no noso país, pero por sorte nestes casos non hai fronteiras. Tampouco as houbo para realizar a venda de dados

A documentación completa, formulario de alta, e explicación do proceso está na web fbclaim. Hai que identificarse con DNI (escaneado, claro), pois estamos a falar dun proceso real e serio.

 E a ver… un millón de usuarios… a quini… un montón de pasta. Espero que sirva de lección para todos. Para quen transgrede e actúa en contra do dereito das persoas impunemente por un lado, e para nós polo outro, actuando coa xustiza contra todas esa industria ó redor da compra-venda de libertades. Se gañamos a demanda, penso publicalo no meu muro. Saúde.


1111111

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons