c0rr310

Pensamento Livre

Estamos na onda

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

https://www.acheterviagrafr24.com/vente-viagra/ onda2

 

A “Hipersensibilidade electromagnética” (EHS) ou síndrome das microondas, empezárona a estudar os rusos nos anos 50 porque tiñan un número alarmante de baixas por enfermidades diversas (incluído o cancro) en operadores de radar e persoas que traballaban en ámbitos nos que se expoñían a este tipo de radiación.

O wifi é a emisión e recepción de información mediante microondas de alta frecuencia (HF).Xera microondas a 2,5 Gigahertzios, igual que un microondas doméstico ou unha antena de telefonía móbil. Emite campos electromagnéticos (CEM) pulsados. Existen emisores naturais como o Sol, o campo magnético terrestre, un raio, ou a aurora boreal. O CEM artificial que empregamos para as telecomunicacións, irrádianos cunha potencia 10 millóns de veces superior. Emisores deste tipo son a electricidade alterna, os móbiles, os ordenadores, o AVE, ou os electrodomésticos. O wifi son ondas invisibles con carga eléctrica que emite un campo eléctrico e outro electromagnético que transporta enerxía. Electróns rebotando e transferindo información, masivamente instalado en lugares públicos. A lóxica industrial prevalece nestes casos, pois é moito máis económico e práctico que o cableado. As nosas células tamén se comunican vía wifi. Ou sexa, electromagnéticamente, pero a niveis un millóns de veces inferior. A radiación electromagnética de alta frecuencia funciona entre os 300 Mhz e os 3 Ghz e a súa lonxitude de onda varía entre 1mm e 1 m.

Existen dous tipos de radiación: A ionizante e a non-ionizante. A ionizante, é capaz de romper os enlaces moleculares en seres vivos inmediatamente (radiografías as xustas). As microondas, e por tanto o wifi, están na marxe non ionizante, máis a exposición prolongada a medio e longo prazo, actúa do mesmo xeito que as ionizantes. A radiación pode influír na estrutura do ADN de dúas formas: Directamente nas células, ou indirectamente a través da auga, pois actúa exactamente na frecuencia de resonancia da auga (2,45 Ghz), e os humanos somos nun 80% iso. Auga.

Informes e estudios ó longo de décadas, foron ninguneados polos gobernos en favor das industrias de telecomunicacións. O “ Estudio Europeo Reflex” (2004), coa participación dun grupo do Hospital Ramón y Cajal conclúe que a radiación dos teléfonos móbiles nos límites autorizados actuais “provoca efectos xenotóxicos (danos xenéticos e celulares)”. Suspendéronlles o financiamento. Normal. O “Informe Bioinitiative” (2007) afirma que “as axencias sanitarias e os responsables escolares deberán evitar e prohibir con firmeza a instalación de antenas sobre edificios escolares e as súas proximidades nun radio de 300 metros e retirar a instalación wifi en aulas, garderías e centros de ocio. É máis, deberían desactivar as instalacións inarámbicas existentes”. O límite de exposición das persoas ás microondas permitido hoxe en día neste país é de 4500 miliwattios por metro cadrado sobre 850 Mhz, e en canto a wifi e telefonía de alta frecuencia, 9810 mw/mc. O estudo recomenda nas súas conclusións baixar o límite a 1 mw/mc! Falamos dun estudo realizado sobre dados recollidos durante 30 anos, 2000 informes relacionados, coa participación de 27 científicos e 12 expertos externos. En 2012 repetiron o informe con 1800 novos estudos. O mesmo; Danos no ADN, autismo e enfermidades neurodexenerativas. Recomendaron baixalo a 0,003 mw/mc. Nin caso. A lexislación que adoptou o goberno, recolleuna “oportunamente” dunha recomendación europea de 1999, no que non se teñen en conta exposicións superiores a 6 minutos, nin sobre nenos, embarazadas, anciáns ou enfermos. Isto é ridículo. E ademais só contempla efectos térmicos, non biolóxicos. Isto quere dicir que a radiación debe ser tan intensa como para quentar os teus órganos antes de ser limitada. O que oes. En Rusia o límite é 24 mw/mc. En Suiza 40. En China 66. Nova Zelanda 0,1. Australia 0,01. https://www.viagrasansordonnancefr.com/viagra-prix/ En Spain, o dito; 4500/9810 mw/mc . Asemade, algunha comunidade autónoma díscola como Castilla-la Mancha, impuxo o límite en 1mw/mc. Cataluña fixo o propio en 2000 mw/mc.

Finalmente, xa en evidencia, na resolución 1815 de 2011, o parlamento europeo expón que: “(…) a telefonía móbil parece ter efectos biolóxicos non térmicos máis ou menos nocivos(…) incluso cando a exposición é a niveis que están por debaixo dos valores dos limiares oficiais“. No tocante ós nenos, resolve: “Para os nenos en xeral, e en particular para as escolas, e nas aulas, débese dar preferencia ás conexións por cable e regular estritamente o emprego de móbiles na escola”. A axencia europea de medioambiente (EEA) confirmou que “as radiacións de microondas poden provocar enfermidades como leucemia infantil, tumores cerebrais, cancro de mama, alteracións no sistema nervioso, cambios nas funcións cerebrais, e danos no sistema inmunolóxico”. A OMS, en 2011, clasificou este tipo de radiación (microondas) como “2b”: “Posiblemente canceríxenas”. Son uns pusilánimes. A maioría dos expertos confirman que os efectos do wifi poden dar lugar a curto-medio prazo a dificultades de atención, hiperactividade, problemas de aprendizaxe, ansiedade, ou depresión.

Nunha carta aberta a pais e educadores, Magda Havas, científica experta e catedrática de estudios ambientais da universidade de Trent (Canadá) ampliou valentemente a advertencia:

A curto-medio prazo: Dores de cabeza, mareos, sentirse fora de lugar, pulso rápido, arritmia, náuseas, cansazo, entumecemento. A longo prazo pode perpetuar o crecemento do cancro, causar dano permanente no ADN, comprometer o sistema inmunolóxico ou minguar a calidade e cantidade de esperma.

Pero como “Informática Real” versa sobre tecnoloxía, direi que acaba de saír unha app (por fin) que frite o cerebelo á vez que coce os callos. Así podes estar na onda. O de sempre. Saúde.

 

Espectro Tabloid

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons