c0rr310

Pensamento Livre

Do Tomagochi

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

 Tamagotchi

Vou falar con xente de cámaras de video, postproducción, edición, formatos, modelos, cousas e roios. E doume conta do mesmo de sempre. Topeime e manexo tres cámaras Canon XL1. A definición, ou capacidade de almacenamento de dados, por ser de tipo miniDV, é de 720 x 480 pixels, e realmente non é comparable coas actuais HD. Euro 1080, foi o primeiro canal de maldita televisión que emitiu en Alta de finición. 1920 × 1080 píxeles, cumprindo a normativa europea de compresión estándar (DVB-S MPEG2). Hoxe xa hai moito máis movemento. Pero soamente me rodeo de técnicos que comparan as características técnicas, que me sirven de moito, mais non me din ren de que facer con tal ou cal aparello. Imaxino nas novatas mans de usuarios coma nós, un tomagochi como un ordenador portátil comprimido con función de teléfono. Chegou o día na que a tecnoloxía nos supera moralmente, e soamente atende ás súas esixencias. Estamos a disposición das máquinas para encher de contidos unha rede virtual que non existe sen electricidad en algúnha nave de kansas, xunto xon 57869 memorias flash máis, e sentímonos orgullosos dos nosos comentarios e distintos chistes e chismes. A comunicación non é superior por volumen, e a facilkitación da creación de contidos virtuais para o usuario, xeneran unha cantidade de información infame. Non coñecemos nen sabemos como se tratará a información no futuro, mais hoxe en día está tan comercializada, que danos un pouco de pena ver como se degrada o emprego das tecnoloxías. Non consiste en que non teñamos dereito a manexar os distintos aparellos como ben entendamos, se non en que ninguén ten a decencia de dar un manual de emprego que non seña as características técnicas. A tecnoloxía é unha ferramenta moi útil. Nada máis. Non somos capaces de distinguir a realidade do virtual por representación. Para demostralo direi que mereces un euro por mensaxe enviado. Ah! De novo a representación. O símbolo.

Cada unha das persoas que coñezo emprega diariamente 4 horas en total no emprego dalgún aparello electrónico. Isto representa unha estampida de creadores, músicos, inventores e persoas de ben cara un mundo virtual que non existe. Xenial.

Ninguén se ocupa de planificar algo e logo empregar os rcursos tecnolóxicos para logralo. Non. Primeiro hai que “lograr” os recursos tecnolóxicos, e despois a ver que facemos con eles. Pois non hai que confundirse. Todos andivemos co tomagochi. Uns co trompo, outros as canicas, logo as maquinitas, e finalmente a informática. O relevante é o resultado do esforzo que invirtas. Se é cun ou con outro aparello, non é tan importante.

O conto viña polas cámaras, e a min ocórreseme poñelas no estudio como plató de maldita Tv, e que veñan danzarinas e musicoides a tocárnolas e deixar algo feito por eles e por nós. Se pensades que a tecnoloxía axuda por sí mesma, estou en desacordo. É soamente un recurso para realizar un traballo. De que me serve un iph0n3 octocore super chulo se non se me ocorre ren que facer con el máis que empezar a descargar absurdas aplicaciós para seguer perdendo o tempo?

Pois resulta que moitos precesadores, memorias, circuitos e pantallas que empregamos coma distracción, son a envidia de moita xente que pretende xerar audiovisuais, gravar un documental, un programa de radio, facer unha boa foto, ou debuxar unha meniña.

Recomendo a tecnofobia, a tecnoloxía supletoria, o minifundismo tecnolóxico, o odio pola televisión, o amor pola radio de calidade, o emprego de hardware e software libre, e a ruptura cos conceptos de unión entre posibilidades e felicidade. É unha ilusión propagandística. É un aprendizaxe inconsciente. Estannos tomando o pelo. Saúde.

bicho-negro

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons