c0rr310

Pensamento Livre

Vixilancia sen fronteiras

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

vixi1

Para todos aqueles sorrintes usuarios de servizos de correo electrónico gratuítos (e non) da Internet, que é unha rede privada, será unha refrescante nova saber, se non o sospeitan xa, que todos os seus emails son susceptibles de ser lidos por axencias de vixilancia “sen fronteiras”, e empregado para os fins que consideren. Isto viola os dereitos fundamentais de cada un, en canto a privacidade e dereito de expresión. Mais non impide que ano tras ano, co servizo da máis cara e punteira tecnoloxía, se revisen millóns de correos diariamente no empeño do ser humano en crear “un mundo feliz”.

Tecnicamente é un pesadelo pensar en intervir tal volume de información, mais os medios actuais sorpréndennos https://www.viagrasansordonnancefr.com/viagra-suisse/ ós máis instruídos. As máquinas están a punto de dar un salto cualitativo de capacidade de procesamento de dados, e o software avanza con aceleración constante. Axuda o feito de que antes de chegar ao seu destino, cada correo electrónico pasa por moitos sistemas informáticos. Con controlar os principais, xa se ten aceso a infinidade de comunicacións, dados persoais, arquivos, etc… E non pensedes que os cartos son un atranco para financiar este tipo de actividades.

Esta práctica é fomentada e apoiada por diversos gobernos, e realmente non creo que a maioría deles poida decidir se o practica ou non. A principal axencia deste tipo (NS4), xa case funciona como a axencia efe da vixilancia, e o goberno norteamericano é o dono da maioría das máquinas que moven dados na rede. O resultado é a violación de dereitos das persoas ó longo do planeta para a nosa propia seguridade. (Esta é a parte que xustifica pagalo con cartos públicos).

Como non podemos contar de momento con que algún xuíz meta alguén no cárcere (para a seguridade de todos), temos que buscarno-la vida, e como sempre o software libre volta á cabeza da loita polos dereitos e a liberdades das persoas. GnuPG é unha ferramenta marabillosa para pecharlle a porta no nariz a quen intente ler o teu correo particular, profesional ou as túas cartas de amor (que por certo van mellor en papel).

Consiste en cifrar os correos para que non compense “traballar” neles. Para que descifralos sexa tan complexo e requira tanto esforzo, que non compense ou simplemente non sexa viable. Aínda que a programación, e definición técnica da aplicación sexa moi complexa, para o usuario é realmente sinxela de empregar.

Tes dous contrasinais. Un é público. Compártelo, e o que queira mandarche algo tamén cifrado o coñece e conserva. O outro é persoal. Sábelo ti e ninguén máis. O GnuPG pide o teu contrasinal para envíar ou recibir un email, e o codifica / decodifica e o abre / envía como un correo normal. E xa está. Pero no seu camiño, viaxou como un paquete de dados codificados que non servirán de nada nas mans “equivocadas”. Doutro xeito, pode ser copiado, consultado ou manipulado por estes sistemas. Eses dados poden ser empregados por calquera empresa que teña cartos para pagalos e que sexa do agrado gubernamental de turno. Pensemos que Gm41l é g00gl3. Que esta é unha empresa privada. Que se moven no inabarcable mundo das finanzas, e das intrigas gubernamentais. E que anda polos 70 millóns de usuarios. Outras empresas entrañables: Y4h00 anda polos 76 millóns. H0tm41l polos 36.

Recomendo non virar a cabeza como se non fora con un (… que total… eu non mando nada importante…). Recomendo facer o pequeno esforzo de instalalo no teu ordenador , tablet, smartphone… (igual que facemos coa app máis absurda), e empregalo non soamente para preservar os teus dereitos, se non tamén os dos demais, pois tamén expós as comunicacións dos usuarios remitentes. E loitar polos dereitos que deberan ser amparados pola xustiza. Xa son moitos (e cada vez máis) os que o empregamos. É o seguro que pode ser o encriptado máis complexo. E é software libre, co cal a fiabilidade, precisión e confianza é demostrada. Di Stallman que debemos empregar software libre porque nós merecemos liberdade. Máis info por Emailselfdefense. Saúde.

vixi2

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons