c0rr310

Pensamento Livre

Azogue

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

azogue

O Azogue é o mercurio. Na nomenclatura química Hg. A verba é de raíz árabe, e tamén expresa inquietude, hiperactividade. E coloquialmente podes ser un “azogue”. Noutro contexto expresa o mercadeo, o mercado pequeno e artesán. Matiza do “zoco”, que este non ten necesariamente continuidade nen emplazamento concreto. É o mercadeo libre que xorde nun cruce de camiños, na rúa, na praza da aldea.

Gocei a lectura da triloxía do Criptonomicón. Os tres libros: “Código Enigma”, “Código Pontifex”, e “Código Aretusa” Historias sobre a cripta de dados. Paraíso de información. Ciencia ficción cunha narración vertixinosa. Neal Stephenson escribiu máis tarde, animado polos seus lectores, por non dicir obrigado por eles, unha triloxía precuela do criptonomicón chamada Azogue. Os tres libros, “Azogue”, “O rei dos vagabundos” e “Odalisca”. De man da saga dos “Saftoe”, somos testemuñas directas dos primeiros pasos da tecnoloxía no século XVII.

A ciencia ficción sempre acompañou, e en moitos casos levou da man, distintos avances científicos e previu situacións e panoramas sociais que logo resultaron posibles, ás veces moi ó noso pesar. Como calquera liña literaria, ten obras tan fantásticas e alonxadas no coñecemento actual, como precisas no aspecto científico. Un exemplo é “Mundo anel”, unha novela de Larry Niven na que describe con tal precisión a estrutura, funcionamento e materiais dun mundo “fabricado” no espazo, que nalgunhas universidades o recollen como plantilla sobre a que traballar en exercicios de cálculo. Autores como Robert Anson Heinlein, cargan con historias como “forasteiro en terra estraña” ou a mellor novela que existe; “Tempo para amar”. Moitos destacan pola clarividencia da previsión de situacións politico-sociais, obrigando ó lector a facer unha reflexión sobre a súa propia situación. “Mil novecentos oitenta e catro” de George Orwell é case un manual de supervivencia despois de sesenta e cinco anos. Hai cinco condenaron a 4m4zon por borrar este libro dixital da biblioteca virtual de usuarios. Supoño que é como cando outros os queimaban. En 1984 publicou William Gibson o “Neuromante”. Intelixencia artificial. Philip Jose Farmer remodelou a sociedade en “Ös vosos corpos dispersos”, e navegou no seu “Fabulosos barco fluvial”. Ray Bradbury fixo o poema marciano nas paraxes desérticas navegadas a vela polo home en “Crónicas marcianas”. Compras o libro por obriga co título. “Estou en portomarte sen Gilda”. A biotecnoloxía e cibernética estreouna Alfred Bester en “Tigre, tigre”. Orson Scott Card tívonos en vilo no “Xogo de Ender”, madurou en “A voz dos mortos”, e ate o mirou dende outros ollos en “A sombra de Ender”. Stanislaw Lem explorou a natureza da intelixencia en “Solaris”. E o mundo robot na “Cyberiada”. E puso en cuestión o mundo do confort en “Congreso de futuroloxía”. Eu estiven tomando unha pinta con Arthur C. Clarke cando contou os “Contos da taberna do cervo branco”, e quedamos para a “Cita con Rama”. Lin todos aqueles libros en papel de biblia nos que Jules Verne non falou de relixión. Escoitei a dramática e derradeira conversa entre os cosmonautas cando xa perdía sinal o intercomunicador ó sairen despedidos cada un en liña recta cara a ningures. Coñezo como catro clones de John Varley desde “E mañán serán clones”. Antes de que Sparky construíra “O globo de ouro” e Hildy sobrevivira na “Praia de aceiro”. Weinbaum imaxinou os máis extraños seres vivos, ou máis ben “vitales”. Asimov escribiuno todo. Incluídas as “Fundacións” e as “Bóvedas de aceiro”. Dixo que nunca ía ser o mellor escritor de ciencia ficción, pero sería o máis prolífico. E o é. Robert Silverberg salvounos a cialisfrance24.com todos en “Tom O’Bedlam”. Frank Herbert apoiou ós freemen en “Dune”, e trouxo con el ao mismísimo kwisatz Haderach, que resultou ser da Casa Atreides, en pugna por arrebatarlle o control da produción de especia aos Harkonnen, imprescindible entre outras cousas para que os navegantes podan plega-lo espazo. Personaxes como Lucky Starr, Lazarus Long, Viernes, Gurb, o autoestopista galáctico, son case “disfraces” nos que colarse e viaxar no tempo e no espazo para verse un mesmo noutros lugares e noutras situacións. Non creo que todo estea nos libros, pero dende logo hai un montón de cousas. Saúde.

IMG_1615

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons