c0rr310

Pensamento Livre

Dados sementados

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

dados2

Xa está sementado. E a semente no eido científico é o “open data”. Dados abertos. A filosofía deste movemento entronca con outros como o do “software libre”, e o “aceso libre”. Persegue e logra a posta a disposición de xeito libre a tódalas persoas de determinado tipo de dados sen as restricións que hoxe en día afectan á inmensa maioría de información na rede. Métodos de control como as patentes e o copyright.

Os dados abertos están centrados en información non documental como información meteorolóxica, xeográfica, compostos químicos, fórmulas científicas, tratamentos médicos, biodiversidade ou o xenoma humano. Todos eses dados han de ser accesibles e reempregables por calquera, se ben algúns poden ter algunha restrición de uso normalmente por motivos lóxicos.

A idea é que a xeración desta información sempre ou case sempre está ligada a servizos públicos, e como tal, deberan estar a disposición de todo o mundo sen limitacións.

Casos hai moitos, mais o https://www.acheterviagrafr24.com/prix-du-viagra-en-pharmacie/ realmente interesante, é que desta semente xa está garantido o crecemento dun novo xeito de entender a información, e dubido que haxa aínda perspectiva sobre este eido, pois está no berce, mais cun chisco de imaxinación, podemos ver as posibilidades que ten en canto a educación e formación profesional, pragmaticamente. E filosoficamente vemos por fin liberada a información dos nosos científicos, pensadores, e en xeral persoas que avanzaron nun senso ou outro para participar no “ben común”. Por desgracia, esta información foi sempre secuestrada por gobernos, institucións e empresas para distintos usos mediante restricións de aceso, licenzas copyright e patentes.

Poida que as autoridades e determinados monstros empresariais leven séculos freando o desenvolvemento cidadán con prácticas que todos recoñecemos e desprezamos, mais coa lei na man, non se pode evitar (pode que por ser os mesmos que escreben as leis). Tamén parece lóxico que (caendo no materialismo) a sociedade que financie calquera proceso que produza unha información valiosa para a comunidade, poda e deba poñelo en común para o beneficio de todos, pois é público. Por un lado, a información “privativa”, soporta ás veces licenzas restrictivas de uso e aceso que duran centos de anos. Veremos máis adiante como termina. Por outro lado, todo o xa publicado con licenzas “libres”, que xa é inmenso, foi liberado e en consecuencia seguirá sendo libre e de aceso público por sempre. A clave deste mundo de novas comunicacións e información está na convivencia á que está obrigada. O coñecemento aberto ten futuro. Asegurouno empregando de xeito “creativo” as mesmas leis que permitiron os absurdos negocios e malas prácticas convencionais a costa dunha humanidade desequilibrada e inxusta.

Universidades como a de Granada ou Arizona xa son exemplos a seguir, e moitas outras crean xa os seus propios “almacenes” de información relacionada coa actividade desenvolvida nas mesmas. Outro exemplo ben coñecido é o caso do arquivo nacional do Reino Unido, onde se publica todo tipo de información xerada dende as institucións públicas. En México, grazas a recentes reformas lexislativas (maio deste ano), xa é a día de hoxe unha nación onde se garante o aceso público á información científica. No aceso á información, e grazas á informática, hoxe non existen fronteiras (sic), co cal falariamos máis ben de quen o fai e quen non. O INDA, en Brasil, é un organismo gobernamental adicado exclusivamente a isto. O goberno español tamén ten o seu espazo de dados abertos ofertados polo goberno, pero está moi lonxe de situarse na liña que falamos. É unha especie de catálogo interesado para turistas web. Hoxe quixen acceder ao catálogo de información dispoñible e non funciona. En fin… Noutro planeta, miles de científicos e publicacións especializadas van unindo esforzos e achegas para poñer tamén a disposición pública os seus avances no eido científico, e deixalo en herdanza á humanidade. Os hackers, programadores e deseñadores organizan habitualmente os eventos chamados “Hackathon”, “Hack Day” ou “Codefest” nos que se colabora intensamente no avance e programación de novo software con propósitos educacionais e de ben común. As licencias libres que se empregan para publicar estes dados na maioría dos casos, soamente esixe “atribución”, isto é que se se emprega para o que sexa hai que mencionar ós autores (atribuír o traballo), para evitar apropiarse do traballo e mérito doutra. E tamén soen esixir unha atribución chamada “share-alike”, que é máis ou menos que se empregas algunha información “libre” para retomalo e producir algún avance, esa información debe tamén ser liberada, como proceso lóxico de herdanza de coñecemento. Isto non quita de poder beneficiarse do éxito. Bravos!. Saúde.

dados1

 

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons