c0rr310

Pensamento Livre

Guía de uso

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

guia

Direi que os cambios sociais relativos ó emprego de novas tecnoloxías son lentos no xeral. É dicir, pasaron decenios antes de que se popularizaran outros medios como a maldita televisión, e centos de anos antes de que a poboación tivera aceso á literatura en formato impreso. Ou alomenos que o aceso se xeneralizara. Todos os marxes de tempo; todas as vidas humanas, viven o seu cambio tamén no eido tecnolóxico. Nós vivimos a etapa informática. Unha revolución soamente comparable á tipografía de Gutenberg. Ate entón as bibliotecas eran poucas. Monasterios e palacios. A copia facíase a man, e o coñecemento era reservado para unha elite. De repente, os cidadáns tiñan aceso á literatura. Daquela podía ser unha cuestión de poder. Ou de aprender a ler ou escribir. Hoxe pasa o mesmo. En poucos anos, a información e aparellos dixitais a disposición do cidadán é desproporcionadamente superior en volume e contido ao correspondente poucos anos atrás. Como proceso, ha esperar a que a maioría aprendamos a manexarnos con algo tan novidoso, que irase acoplando á sociedade, mellorando a calidade de vida no mellor dos casos, e absorbendo tempo, esforzo e cartos no peor.

É unha “fundición tecnolóxica” do ser humano. Convértenos en cyborgs. Literalmente xa no eido da mediciña, e virtualmente en todos os que manexamos un ordenador. Poida que nono teñamos baixo a pel, controlando os niveis de sucre en sangue, pero acudimos a el unhas horas ó día, e pegadiños á pantalla, facemos vida.

Discutir hoxe como definitivo o noso xeito de ver este tipo de cuestións é absurdo. A cada paso, aparecen miles de pequenos cambios, moitos cambios grandes, e algún definitivo, que logo aínda cambia, e que cambiará de novo.

O peor deste tempo noso (eiquí e agora) é que está espallado á inmensa maioría. Aféctanos a todos de varios xeitos, aínda que pretendamos marcar unha política de mínimos, decidindo ben que empregamos e que non.

Hai cousas que son complexas de evitar. O wifi, é nocivo para a saúde. Vale. Pasamos a outra cousa. Non. Digo que o wifi é dañino. Non debera empregarse cerca de nada vivo, a non ser para combatilo. Pois vivimos a diario “irradiados” con estes apartiños que as leis permiten empregar de xeito libre ós usuarios domésticos. En locais públicos, e mesmo na rúa. Pode que teña que ver coa “liberalización” de uso privado de bandas libres que funcionan ós megaherzios que fagan falta. Microondas xigantescos sen tapa.

A relación con esta tecnoloxía, se avanza, ha de clarificarse e regularse máis adiante, cando cada un de nós, e máis tarde aínda todos, prestemos atención á importancia destas cuestións. Nuns anos botaremos as mans á cabeza cando pensemos as barbaridades que se están cometendo en nome do avance tecnolóxico, cando só resposta a razóns que a razón non comprende.

E hai cousas que son sinxelas de ver. É terrible ver tódolos días a tódalas horas, tanta xente tanto tempo agochados na súa pantalliña. Desconectados. Perdémonos uns a outros. Empobrecemos as comunicacións con chascarrillos e “e-fotos”. Distraémonos o suficiente para que sexa imposible concentrarse en nada. Moito menos en aprender algo. E esta conversa non é soamente de adultos. Os nenos chavales adolescentes penso que están sendo os máis perxudicados, porque non se lles mostra opcións. E ben mirado, lembramos ao grupo de control dun experimento global con primates.

Non existe a solución “prohibitiva”. Iso sería parte do experimento (aquí non, aquí si, pero a partir das doce…). O único xeito https://www.acheterviagrafr24.com/viagra-online/ viable é a educación para o emprego das novas tecnoloxías, que si daría opcións. As “guías de usuario” non valen de nada sen unha “guía de uso” que te permita empregar ben o aparello. E contra antes se poñan en valor estas cuestións, antes remataremos co que máis adiante pode ser a causa de maiores males. Se é que xa hoxe non sufrimos bastante o invasivo e desalmado advenimento de tanto tomagochi. Saúde.

guia1

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons