c0rr310

Pensamento Livre

Impresionante

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

011

Xa falamos nalgunha ocasión de “hardware libre”. Tamén as chaman https://www.viagrapascherfr.com/prix-du-sildenafil/ “máquinas libres” ou “electrónica libre”. A idea é a mesma do software libre, para completar con este o completo sistema “tanxible” dunha computadora. Se ben empregando software libre tes aceso de xeito libre a todo o relacionado con el, proporcionándote unha ferramenta de tantas posibilidades como usos podas darlle, co hardware ocorre o mesmo. As especificacións técnicas e diagramas esquemáticos de cada aparato pertencen ó fabricante, e as que teñen copyright non son de aceso público, e simplemente non tes aceso a eles. Isto dificulta o emprego de software libre, pois non é posible adaptalo ó non coñecerse tales dados. Cando o fabricante publica ou libera esa información, todo é moito máis fácil e fluído, e aproveitase ó máximo as capacidades de cada aparello. Neste caso están por exemplo unha serie de magníficos servidores da marca “Oracle”, que manexaban sistemas “Solaris”, e que proporcionaban aceso ós dados técnicos do hardware. Aproveitábanse ó máximo, e aínda hoxe son moi empregados. Chámanse UltraSpark. Hoxe en día moitos fabricantes deciden liberalizar esa información polo seu propio e común beneficio. O paradigma actual desta práctica é “Arduino”, que son mini computadoras que ofrecen ferramentas para que o usuario cree os seus propios proxectos. Sistemas domóticos, sistemas de seguridade, sistemas de iluminación, de son, robots… Todo é posible coa vontade de estudar algo de programación, e practicar. Hai un cento de vídeos por toda a rede para aprender a manexarse con el, documentación e casos prácticos para facer ti mesmo.

A raíz disto, xorden continuamente proxectos moi interesantes de xente, que facendo unha inversión mínima, acada un xeito de vida fabricando clones, que á súa vez son moi asequibles para quen o queira mercar e empregar, pois teñen licenzas libres e optimizan sempre os recursos. Un exemplo disto é o lanzamento por parte da empresa que da nome á famosa máquina (Arduino) dunha impresora 3D. O modelo é “Materia 101”. Ponse á dispor do usuario o pleno control de deseño e ensamblaxe, podendo reemprazar pezas e redeseñar a estrutura do aparello a gusto segundo as túas necesidades. O tamaño máximo de impresión (de momento) é de 13×10 cm. Pezas pequenas, pero posibilidades infinitas. Dende a creación artística ate a impresión das pezas mesmas da impresora para ensamblar outra. É o sorprendente da impresión 3D. Xa non é soamente que pode ser unha ferramenta moi útil na túa casa. Xa existen impresoras a escala que “imprimen” casas. Nin sequera é imprescindible que aprendas a facer o deseño 3D do obxecto. Moitos profesionais e afeccionados, colgan os arquivos de deseño na rede con licenzas libres co cal podes empregalos abertamente, compartilos e modificalos. Webs como Bld3r, Fabster, CubeHero, Thingiverse ou 3D Builder.

De momento o seu prezo ronda os 700 € a ensamblar ti mesmo, e sobre 900 montada. Aínda non é como para ser unha impresora máis na casa, pero tampouco o eran os ordenadores hai pouco. Irán proliferando por aí, e en pouco tempo xa será algo común ter unha alomenos “a man”. E plantexado como unha inversión para un pequeno ou maior negocio, é máis que razoable. Soamente precisas unha gran idea. Ou dúas se son pequenas. Saúde.

researchers-are-making-a-3d-printer-that-can-build-a-house-in-24-hours

 

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons