c0rr310

Pensamento Livre

Informática terminal

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

terminal

O control absoluto do hardware que logra o software libre está máis que demostrado. Durante as tres últimas cialis generique décadas, evolucionou ate converterse no que é hoxe. O máis moderno sistema de software. A ferramenta definitiva para manexar as computadoras coñecidas. Dende o técnico profesional ate o usuario máis básico, teñen á súa disposición un ou outro sistema operativo adecuado ás súas necesidades. Dende o principio, os sistemas dixitais empregaron “teletipos”; Teclado e pantalla para poñerse en contacto con unha CPU (unidade central de procesamento). Alí o técnico escribía e enviaba “comandos” á computadora. Ordes detalladas para que a máquina realizase calquera que fose o proceso. Isto era un “terminal”. Un “teletipo”.

Hoxe en día, seguimos podendo empregar este tipo de comunicación cos ordenadores. Un dos medos infundados, (quero pensar que superado), que sempre acompañou á implantación de software libre, era pensar que para manexar un ordenador tiñas que aprender a escribir ese tipo de comandos, e os seus significados, en troques de poder “clickar” nun menú ou darlle a “play”. Nunca está de máis aprender, sexa o que sexa, e hai que pensar que manexar un terminal é simplemente unha magnífica opción máis do sistema. Ao principio era a única forma de comunicarse co ordenador. Máis adiante viñeron os sistemas gráficos, o rato, os escritorios e as carpetiñas, que nos permiten manexalos dende un entorno máis “humanizado”, intuitivo, e sinxelo. Pois ben. Todo. Absolutamente todo o que se pode facer co ordenador, pódese expresar en forma de “comando”, e introducilo como orde nun terminal. Así poderías igual reproducir un arquivo de vídeo que conectarte a unha rede wifi, ver unha páxina web, ou apagar o ordenador. É un aprendizaxe alén de recomendable. Os que o manexamos, o facemos entre moitas outras cousas porque é un xeito moi fiable de manexar as máquinas. Son ordes directas ao procesador. Sen intermediarios (aplicacións, sistema gráfico…). Así, cando precisas facer unha conexión segura cun servidor, cando monitoreas redes, ou calquera outro tema técnico, manexarse cos terminal é moi útil. Tamén moi divertido. Existen aplicacións que nunca verás funcionar se non as arrancas dende o terminal, pois están deseñadas para funcionar nun entorno de “texto”.

Podes empregar editores de texto, controis gráficos de configuración, ver web (sempre nese curioso modo texto), enviar emails, e en definitiva todo o que podes facer tamén en modo gráfico. Por suposto, son posibilidades, non obrigas. Empregar o terminal para editar vídeo, non parece unha boa idea. É lóxico preferir un entorno gráfico, sistema de ventás, etc… Sen embargo manexar o terminal é tamén consecuencia de terse interesado e aprendido anque sexan soamente un par de comandos que empregas continuamente, e que prefires facelo en terminal a abrir unha aplicación, buscar no menú, etc… É un mundo de miles de comandos (tantos como funciones teña a máquina) que poden complicarse ate o absurdo (ou artístico). Unha liña de comando como esta: “FILE=[nome do arquivo]; CHUNK=$((64*1024*1024)); SIZE=$(stat -c “%s” $FILE); for ((i=0; i < $SIZE; i+=$CHUNK)); do losetup –find –show –offset=$i –sizelimit=$CHUNK $FILE; done”

Non a escribes cada vez. A “copias” e a “pegas” no terminal. Con todo non é moi atractiva. O que fai realmente é dividir un arquivo de por exemplo 10 Gb en 10 de 1Gb. Para ti pode non ser útil. Editando vídeo, podes aforrar horas de espera. Algo más sinxelo: “w”. Esta orde da información sobre usuarios conectados ao sistema. Para escribir un texto?: “nano”. Instalar un programa: “sudo apt-get install [nome do programa]”. Para configurar o son do ordenador: “alsamixer”. Podes ver Star Wars: “telnet towel.blinkenlights.nl”. Non ten cabida nun artigo (nin na miña cabeza) a infinidade de cousas que podes empregar. O máis natural é achegarse a ela buscando algo curioso ou divertido (proben a buscar o que chaman “ovos de pascua”). Ah! Podes abrir un terminal igual que calquera outra aplicación en calquera sistema GNU/linux, incluído Android (anque non sexa software libre). Saúde.

terminal2

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons