c0rr310

Pensamento Livre

f

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

f5

Para ir directamente ao asunto, e aproveitando que a empresa considerou que “incumprín as condicións de contrato”, polo que xa non podo (nin desexo) empregar o servizo, vou repasar un par de características deste sistema de comunicación. Dende que o emprego coideime ben de non incluír información persoal. Propia ou allea. Con todo, isto non garante que non haxa información sensible de ser empregada por terceiros para o seu propio proveito polo emprego da conta.

F4c3b00k (en diante “f”) é unha empresa privada. No apartado 2.1 do contrato de servizo que insisto, case ninguén le, indicase claramente que a propiedade de toda a información publicada na rede social, é propiedade desta empresa. Que significa isto? Que o texto que publicaches, anque sexa orixinal, é deles. A foto do teu rapaz xogando no parque, é deles. Os comentarios picantes no “mensaxe privado” é deles. A foto que realizaches e publicaches é deles. Todo o publicado no teu perfil pertence https://www.acheterviagrafr24.com/a-quoi-sert-le-viagra/ á empresa. Por suposto, tamén os dados persoais. Nome, idade, sexo, dirección postal, teléfonos, contactos… Toda a información relativa á túa persoa, e “amigos” é deles. E que senso pode ter? Pois moi sinxelo. Lograron contratar por 0 € a millóns de usuarios (o derradeiro reporte que lin falaba de 1.516.682 ) que traballan diariamente para proporcionarlles inxentes cantidades de información máis ou menos relevante, como método de estudio publicitario para empresas. Ti non, porque non te adicas a isto, pero “f”, procesa toda a información publicada, e atopa innumerables xeitos de negociar con ela.

Non foi exactamente o meu caso, pero na sección 14 do apartado 4.6 do contrato, resérvanse o dereito de borrar a túa conta no caso de que a túa información de perfil non sexa real ou non estea ó día.

E dis ti: “Total… para o que o emprego…”. Pois resulta que ademais hai un sinfín de aplicacións que dan a opción de “compartir” ou “sincronizar” a información co sistema “f”. Opengraph, Instagram… Ben. Toda esa información vai ao mesmo sitio. Cando por fin decides rematar coa espionaxe, comeza un curioso e confuso periplo cara a borrar a conta. O que propoñen facilmente é que “desactives” a conta, o cal poderiamos igualalo a “non logearte”. Ou sexa, nada. Borrar a conta non é sinxelo, e se o logras, tarda 14 días en ser definitivo, e calquera movemento da conta invalida o borrado. Por descontado, isto non significa que borren os teus dados. Lembra que non son teus.

Por outro lado, a seguridade deste sistema está en continuo entredito, xurdindo “crackeos” de contas, usurpación de identidades, e innumerables casos que rematan en responsabilidades penais. Outra cuestión é a da idade mínima para empregar o servizo. Se non volveu cambiar, é de 14 anos. Os menores de 14 precisan autorización dos pais ou titores legais. A axencia española de protección de dados estableceu esta idade, e cito: “Por encima dela, enténdese que unha persoa é capaz de entender os términos nos que cede os seus dados persoais e actuar en consideración”. É dicir, non se ten en conta a maioría de idade por motivos obvios. Tense en conta a idade menor posible para poder manexar, vender, e en definitiva empregar a información persoal dos usuarios. Todo o dito ate o de agora, pode ser trasladado a G00gl3 +, outro precioso monstro.

Pero non todo son maldades. A ferramenta non ten culpa. O sistema de comunicación é exitoso precisamente porque funciona ben, e actualmente é un xeito de achegarse a círculos de interese e persoas afíns. Esta mesma ferramenta foi desenvolvida e perfeccionada polo software libre, e existen alternativas que permiten ser empregadas con garantías (ate onde o coñecemento e a vontade permite) de privacidade, e por suposto sen estar vinculada a ningunha empresa privada. Son os casos de “diasporafoundation” e “n-1”. Diaspora xa leva anos de avances, e podes “importar” facilmente tódolos teus dados de “f”. Funciona perfectamente, e te sorprenderá o sinxelo e intuitivo que é de manexar. Idéntico no manexo e fines, pero sen intereses privados. En canto a n-1, xurdiu como sistema de organización para o 15M, mais seguiu empregándose por moitos para comunicarse. É unha rede totalmente libre e privada. Non hai usuarios. viagra perime Hai habitantes, e organízanse en grupos e subgrupos de traballo. Está máis orientada á organización, xestión de tarefas e eventos. Posúe, por suposto ferramentas para mensaxería privada, calendarios, galerías de imaxes… todo o que precises, pero a diferencia de Diaspora, que mantén ese carácter “lúdico” ten un senso máis “organizativo” (o cal é magnífico), mais o fai máis concreto no seu uso. Ti verás. Saúde.

f1

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons