c0rr310

Pensamento Livre

Ano

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

 

ano

Vai un ano que empregamos este espazo para dar unha visión máis realista do que é a informática. Ó noso redor proliferan ducias de aparellos que imos incorporando á nosa vida, que parecen imprescindibles cando os estreas, algo molestos cando os empregas e despreciables cando os abandoas. Se voltamos a vista atrás, veremos cantas aplicacións temos “visitado”, e que pouco nos axudaron a maioría delas, no millor dos casos. No peor facernos perder tempo. Co software libre temos a posibilidade de achegarnos ao mundo real da informática. A pouco de aparecer e normalizarse tamén o hardware libre. A pouco de madurar a nosa interacción con todo ese mundo tecnolóxico e virtual. Cando nuns anos teñamos a perspectiva suficiente como para ver o xeito no que inevitablemente o software pasou por etapas dende a exclusividade empresarial, con costes abusivos ate os teléfonos intelixentes (sic), que non son senon ordenadores en miniatura con mínimos costes.

Hoxe en día non é dificil “migrar” a software libre. Instalar nos equipos (sexa PC, tablet, teléfono…) sistema operativo, periféricos, aplicacións lúdicas, semi ou profesionais. Completar a ferramenta física informática co software imprescindible para que todo acheterdufrance.com funcione, e compense cada minuto que invirtas nel. Se ben xa moitos servizos técnicos ofertan solucións de software libre, non deixa de ser unha opción, pois toda a documentación dende a instalación ate o aprendizaxe a calquera nivel de calquera sistema operativo, ou aplicación para uso propio, está á túa disposición en miles de webs e lugares de referencia, que permanecen actualizados, e servennos para profundizar o que queiramos en calquera liña que nos permita apoiar tecnolóxicamente coa informática, as cales, penso que son a maioría.

A cuestión de axudar libremente ao próximo, á vez que se axuda un mesmo, non é unha idea nova, mais nestes tempos non é algo que se dea frecuentemente. O movemento do software libre deu xa razóns dabondo, segue a facelo, e seguirá, para demostrar con feitos que o traballo corporativo, o procomún, os sistemas de traballo p2p, e todo o que envolve a filosofía hacker, é unha dos poucos xeitos productivos que se manteñen vivos, e desligados da salvaxe voráxine comercialista, que non da máis que medo, tristura e síntomas de decadencia.

Sen pretender medallita, o software libre, por ser un movemento tan pragmático como filosófico, arrastrou, ou simplemente abriu camiño a moitas outras facetas da interacción, comunicación, traballo, cooperativismo, contrainformación e todas as novedades e movementos sociais que estamos a coñecer nestes anos. E veremos como os hoxe “famosetes” da farándula do software, van desaparecendo, ou como fan os de m1cr0s0ft, arrastrándose cara á desaparición. Perdendo totalmente o sentido como software, ou empresa desenvolvedora de software, e gañando a carreira de famoseo, flashes, prontomoda, colorines e numeriños para vender por millóns cousas inúteis e cotizar en bolsa.

Lembro pensar hai anos, que ate eu, convencido usuario de software libre, contemplaba a posibilidade de empregar de cando en vez algunha ou outra utilidade de software privativo, anque fora “freeware”. Non hai que pechar portas. A posibilidade sempre a hai, pero o realmente útil é cambiar totalmente o costume, para non arrastrar futuras tomaduras de pelo, errores, perda de dados, actualizacións, repagos, e esixencia empresarial. Cando logras cubrir as túas necesidades con software libre, o fas dunha vez e para sempre. Tendo en conta o avanzado (punteiro) do nivel de esixencia do software libre, non queda moita escusa. Queda a de que non te interesa. Isa é boa, mais sen querelo xa empregas diariamente o software libre. Os servidores de correo, as búsquedas web, a videoconferencia, incluso as chamadas de voz, empregan (as mellores) software libre.

De tódolos xeitos, antes de empregar o software libre, o hardware libre, facerte hacker, ou ver unha peli co ordenador, recomendo sempre dar un paseo pola praia, falar presencialmente coa xente, facer un debuxo, escribir un artigo, unha carta de amor, xogar coa rapazada, e comprometerse con cousas realmente importantes, non virtualmente imprescindibles. E ser libre, coma o software. Saúde.

ano6

 

 

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons