c0rr310

Pensamento Livre

SSOO

Filed under: NORDESÍA: InformáticaReal — pakolas @

ssoo1

O sistema operativo que temos instalado no noso ordenador, tableta ou teléfono, é o conxunto de software que nos permite manexar de xeito “humano” este tipo de máquinas. Dependendo de cal empreguemos, estamos coidando máis ou menos a nosa privacidade, e garantizando os nosos dereitos. Elixindo un ou outro, estamos optimizando ou desaproveitando os recursos da máquina. Distingamos dous tipos: os bos, e os malos. Analizar cada un, as súas características, o seu potencial, capacidade, etc, é inabarcable, pero podemos resumilo simplemente na súa conveniencia. Isto o digo, porque a pesar de empregar software libre dende hai anos, incluso eu, teño as miñas dúbidas sobre cal empregar. Dubido entre moitas posibilidades. Pero o que non dubido é que quero un dos bos. Os malos son os que non son software libre. Polas infinitas cuestións que non caben aquí, e polas miles de cuestións que teño en conta despois de tanto tempo elixíndoos.

Os malos:

 A finalidade dos sistemas operativos privativos, alén de facer malfuncionar as máquinas, é empregalas como aparellos “espía”, indefectiblemente conectados aos servidores dos seus amos, que son macroempresas comercializadoras de información. O feito de que non funcionen como é o caso de w1nd0ws, de que funcionen a base de talonario como m4c0s, ou de que funcionen ben pero como espías como fai 4ndr01d, ten máis que ver co funcionamento das empresas que os sustentan que coas dificultades de xerar un software tan complexo como un sistema operativo.

Os bos:

As finalidades dos sistemas de software libre, son moitas. De feito, vanse desenvolvendo a medida que xorden necesidades. Botando unha ollada viagra con receta precio atrás, vemos decenas de sistemas que aínda perviven, e que xa melloraron moito máis do que o farán os privativos nunca. Son os casos de Debian, Slackware, Knoppix, Suse, RedHat…

Para ser prácticos, veremos un par de sistemas que actualmente son opcións idóneas para calquera. E digo para calquera porque non é certo que teñas que ter coñecementos avanzados para manexalos, e se os tes, tanto mellor. Podes ser o máis humilde usuario, ou o máis esixente profesional, que atoparás varios sistemas operativos libres que te permitirán manexar as máquinas con fiabilidade, aproveitamento, e alegría (lembra os cabreos, e gastos derivados de empregar software privativo).

Facendo un repaso rápido podemos poñer sobre o papel un par de exemplos fantásticos polos que poderías empezar a empregalo coa única garantía explícita do software libre: a satisfacción.

Ordenador:

Inevitablemente, hai que mencionar Ubuntu. Esta verba africana tan linda (en zulú e https://www.viagrasansordonnancefr.com/viagra-en-ligne/ xhosa, “humanidade cara ós outros” ou “son porque nós somos”). Así, Ubuntu é un sistema operativo enfocado á facilidade de uso e instalación. Por isto o seu lema é “Ubuntu. Linux para seres humanos”. De este “tronco”, saen moitas “ramas”. Sistemas como Linux Mint, Kubuntu, Edubuntu, Mate, Studio, son sistemas operativos completos baseados no mesmo, pero enfocados a necesidades específicas como educación, audiovisual ou equipos modestos. En Galicia temos un dos mellores sistemas operativos do mundo. Está baseado en Ubuntu, e é especialmente estrito coa inclusión de código, evitando por exemplo software gratuíto, pero non libre. O seu nome: Trisquel.

Para necesidades e traballo empresarial, sen dúbida OpenSuse é unha boa opción. Tamén RedHat Linux Enterprise. Máis modesto, dirixido a pequena e mediana empresa, Guadalinex (desenvolvido pola junta de Extremadura). Hai que entender que existen centenares de distribucións tan válidas como as mencionadas, e todas elas son magníficas, instalables no teu ordenador, no teu idioma sexa cal sexa, e con todas as aplicacións que comparten os sistemas operativos de software libre, que son decenas de miles. Podes botar unha ollada nunha web de referencia na que se facilita descarga, info, descricións, etc, de todo o mundo GNU/Linux: “Distrowatch”. Alí atoparás os Mageia, Fedora, CentOS, ArchLinux…

Teléfono:

O tema smartphone é delicado. Hai que ter en conta un par de cousas. É algo relativamente novo. Non hai tanta variedade. Os fabricantes limitan a información sobre os aparellos, co cal o desenvolvemento de software libre para eles vese entorpecido. As instalacións aínda están sendo “simplificadas” cando é posible, porque para algúns modelos, simplemente, non hai posibilidade de instalalo (de momento). De novo aparece Ubuntu Touch. Un sistema magnífico, mil veces mellor que calquera 4ndr01d, aínda que soamente sexa porque non te espía. Eu emprego CyanoGenMod. Está baseado no “Android Open Source Project”, pero é máis fiable. Hai outros como OpenMoko/Linux, pero o máis prometedor, aínda no berce, é Replicant, que xa está probado en Nexus e HTC. Case todo isto é exportable ás tabletas, lóxicamente.

Que non o queres empregar? Vale. Que a ti váleche co que tes? Non o creo. Aparte dos erros e as limitacións técnicas dos sistemas operativos privativos, teñen a maldita manía de espiarte e vender a túa información. De novo, está na túa man. Saúde.

ssoo

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons