c0rr310

Pensamento Livre

Hackers

Filed under: Xeral — pakolas @

 

A falta de información, os desinformadores, e a maldita televisión, andan sempre a meternos medo con expresións como “hacker”, “cracker”, “coco”… A diferencia entre uns e outros non é tan importante como a comprensión do que ocorre cando unha persoa entusiasta emprega un ordenador. Hai moitas mentiras case convertidas en dogma ó redor da informática, e non é de estrañar pois certamente, é un mundo relativamente novo, e aínda hai moitos espazos pouco claros sensibles de seren aproveitados por persoas con malas intencións. Vaia por diante que se un é un delincuente, é un delincuente empregue o que empregue. Un machado, un cargo político, unha empresa, ou un ordenador. A responsabilidade non é da ferramenta. En cada caso, depende do que fagas con ela.

Existe un porcentaxe moi pequeno da poboación que adica moito tempo e esforzo a coñecer en profundidade a programación, as ferramentas informáticas, e seu funcionamento. Por diversos motivos. Logo ven a parte na que empregan eses coñecementos para algo. Cando alguén emprega os seus coñecementos informáticos para roubar, non estamos a falar dun hacker. Estamos a falar dun ladrón.

Poucas actividades foron tan maltratadas ó longo destes anos como esta. E sempre pola ignorancia do senso que tomou dende o berce da informática real. Chegouse xa a denominar determinados actos como de propios “terroristas informáticos”, traendo consigo consecuencias penais similares ás aplicadas a delincuentes digamos “tradicionais”. Non é unha broma.

Os hackers son persoas adicadas a programar de xeito apaixonado e pensan que é un deber para eles compartir a información e elaborar software libre. Existe unha ética hacker. Unha nova moral, que desafía á ética protestante do traballo, exposta por Max Weber na súa obra “A ética protestante e o espírito do capitalismo”, fundamentada na laboriosidade dilixente, a aceptación da rutina, o valor dos cartos e a preocupación pola conta dos resultados. Puaj! A ética do traballo para o hacker fundaméntase no valor da creatividade, e combina a paixón coa liberdade. Os cartos deixan de ser un valor en si mesmo, e o beneficio cífrase en metas como o valor social e o libre aceso, a transparencia e a franqueza. O mundo hacker, igual https://www.acheterviagrafr24.com/acheter-viagra-sans-ordonnance/ que o do software libre, mantense nunha organización baseada na “meritocracia”. Isto significa que a xerarquía basease no mérito (do latín mereo “merecer, obter”). Es o que fas, non o que di o teu currículum.

Os hackers do software libre, consideran a referencia da intrusión informática como un uso incorrecto da verba, e refírense ós que rompen os sistemas de seguridade como crackers (analoxía de “safecracker”, que se traduce como “ladrón de caixas fortes).

O cracker é a persoa que emprega os seus coñecementos informáticos de xeito destrutivo, introducíndose noutros sistemas para obter beneficio, destruír ou roubar información, ou creando virus.

Cando empregas software libre no teu ordenador, servidor, ou calquera aparello informático, sen ter unha garantía absoluta, estás protexendo o sistema de practicamente todo este tipo de actividades. Cando empregas software privativo, debido á súa debilidade en materia de seguridade, estás a mercede de calquera que teña un mínimo de coñecementos sobre o tema. Incluídos os denominados “script kiddies”, xente que invade computadoras empregando programas escritos por outros e que teñen moi pouco coñecemento sobre como funcionan.

Na curta, complexa e dispersa historia dos avances informáticos, o papel dos hackers non é relevante. É fundamental. Eles son os que moven a verdadeira informática, innovando e compartindo coñecementos. Dende o desenrolo de ÑU, Linux, e o propio World Wide Web.

Os hackers forman unha nova clase social abstracta que produce cambios reais, aínda que non posúen os medios de produción, nin o que produce. A cultura hacker é intelixencia, sempre vinculada á innovación e cambio tecnolóxico.

 

 

 

 

 

 

 

 

Os comentarios están pechados.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons