c0rr310

Pensamento Livre

0-1, Kubrick-0

Filed under: 0-1 — pakolas @

dardosa4Lúa gorda, oronda, branca pura. Xeografía propria descoñecida.

Na Terra noite fría, sorda. Virxe areia dura en dunas curvas coma estrías.

Facendo camiño ó pisar, 0 e 1 consolábanse pensando que no fondo as mentiras non aparecen todas porque non hai horas na tele pra tanto.

1- Como cando retransmitiron a alunizaxe. Hai ate dúbidas de se foron ou nos pasaron unha película.

0- Pero tío… ¿Cómo vas dubidar diso?. Non sexas animal. Por suposto que foi unha montaxe propagandística.  Unha decisión de estado pra manexa-la masa.

1- Outro porco na corte… Agora me virás con que a banderita se move, as sombras son absurdas e as cores imposibels. Que as pegadas non son de 30 Kilos, a toma da Terra dende a Lúa non é viabel…

0- Non, home non. Iso pase por evidente, e que o defenda a NASA. Eu Falo das verbas.

Fíxate bem. ¿Cal é o puntazo da retransmisión?

1- “Estou baixando da cápsula espacial. Este é un pequeno paso para o home, e un gran chimpo para a humanidade“.

0- Iso é de Kubrick, tío…

Coas mas nos petos, erguendo a mirada, 1 asentiu suspirando pola decepción. Facemos que os nenos queiran ser astronautas buscando auga noutro planeta caendo eiquí do ceo.

Ocasional Visión Na Ionosfera

Filed under: 0-1 — pakolas @

platoA noite sorprendentemente clara de luz de estrelas por millós e de lúa por unha, sorprendeunos tumbados boca arriba, desentrañando constelaciós. Unha extraña luz azulada, aceirada, en forma de anel, separouse dunha formación estelar desvelando un extraño engano visual. Iniciou un vó horizontal cara ó norte. Ducias de kilómetros en segundos. Parouse en seco. Suspendeuse por uns intres e ascendeu na vertical do planeta a unha velocidade imprevista, anulando a posibilidade de que fora un artefacto humano. O ceo recuperou a serenidade, e 0 e 1 a calma.
1- Tíííío… Tííío… ¿Viches iso?
0- Si. Un OVNI
1- Ninguén o creerá. En fin… eu tampouco teño moi claro iso dos avistamentos…
0- Outro porco na corte…. Nin tropezando con el. Sodes moi inxenuos. Pero vamos a ver, mona… ¿Era un obxeto?
1- Si. E a bó seguro se reflexou nalgún radar.
0- ¿Voaba?
1- ¡A saco!
0- ¿E sabes o que era?
1- Nom.
0- Moi bem. Aló temos un obxeto voante non identificado ¿non?
1- Si
0- …

Sorprendido polo descubremento, 1 oteou de novas a inmensa cúpula celeste. Fantaseou con ter que atender el ó novo ser. Nada diso ocurrirá. E sen embargo existen…

Deserto fiscal

Filed under: 0-1 — pakolas @

No deserto fiscal, mulleres e outros escravos semidesnudos dispensaban uvas de racimos en divanes pra que os incautos se onanizasen de plástico. Lonxe de preocuparse, 0 e 1 camiñaron outro tramo.

1- Seica van abri-las arcas dos paraísos fiscais.

0- ¿E?

1- E nada. A ver se reparten.

0- ¿E?

1- Que como é unha economía anti-persoa, o único que fan é mirar nuns ordenadores a cantidade de numeritos que pone. Non hai un puto lingote detrás, nen un billete impreso de débeda. Non hai ren. Logo os estados renegociarán tal débeda, reaxustarán o IPC ou algún delito deses, cambiarán o tamaño dos teus billetes, e te dirán crisis muitas veces, a ver se insistes en currar.

0- Non pensarás que a macroeconomía é solventabel…

1- Nom

0- Nen creerás que os bancos deixarán de coller cartos das contas corrientes…

1- Nom

0- Nen pedirás factura ó banco do que se incauta por motivos financierosos…

1- Nom. O banco que eu sepa non declara á mesma facenda que nós

0- Nom

1- E tí nom terás tabaco…

0- Iso sí.

Incomodados pola circunstancia de dar mal exemplo ós nenos, non fumaron de inmediato. Afanosamente e sen perde-lo paso, liáronse un peta agardando pacientemente ó fin do relato. E cando por fin se achegaban a

1- ¡Dame lume!

1001

Filed under: 0-1 — pakolas @


A dureza de Sol e a golpe de area, o esqueleto dun colosal mamífero parou a marcha de 0 e 1 que con curiosidade natural, blanderon pezas daquel puzzle morto.

1- Só co óso xa son perigoso coma o oso roxo de Favila.

0- Mil anos antes de 2001, xa acontecera que un primate ideou unha ferramenta que lle ía  liberar da opresión doutro individuo. O caso é que o primate opresor (que era un animal), lle agarrou a cabeza e usou a recente contraposición do pulgar pra vaciarlle as cuncas dos ollos. Pasaron todos eses anos antes de que se lle ocurrira a outro.
En realidade, os primates opresores non van en contra da evolución. Só a frean.
Pretenden unha exolución. Unha evolución paralela á natural, na que o individuo pretende tomar control da súa propria natureza e manexala a capricho. Algo estúpido.

1- Fixo bem zoscarlle.

0- Amáis empezou él.

O CHE

Filed under: 0-1 — pakolas @

Prácidamente acomodados nun espexismo, dúas birras os invitaron a unirse á fantasía:

0- Mira. Tí mais eu imos montar un negocio. O CHE ( de “chistes españoles”). Poñemos por escrito que o chiste dos dous heavies que van polo deserto é noso e facemos unha estimación aproximada das veces que se conta entre os muitos que contan na Administración Pública. Iso nos permitiría cobrarlles un bó pico a cada edificio, oficina e ventanilla pública. Un “canon”.
1- Pois iso é o que fai a Suciedade Xeral nas Frores.
0- Exacto.
1- Bó é que non é noso…
0- Bó é.

Astendidos bolas mensanas dos colós, 0 i 1 conjundieron la enfrenda car sa vinistro.

Lázarus

Filed under: 0-1 — pakolas @

Nunha das escasas ocasiós nas que toparon cun bó penedo, 0 e 1 reflexionaban sentados na noitiña sobor da famosa historia do máis longevo humano na historia aínda non escrita.

1- E ese Lázarus… ¿era banquero?
0- Nom. Era supervivinte. Mais cando chegaba como pionero a un novo planeta, o primeiro que facía era organizar un banco de débeda. Esto significaba imprimir papel-moeda do seu banco. Mantendo calquera producto imprescidibel (normalmente semente) como referencia. Cando decidía abandonalo todo pra comezar outra “personalidade” noutra aventura colonizadora, comezaba a deixar de dar créditos (imprimir papel) e queimaba cada un dos billetes que entraba no banco. Iso eliminaba a débeda.
1- Xa, pero estes non van facer iso…
0- Nom, pero comezaron igual.

A rabia de 1 nunca é tan grave como pra armala, mais desta ocasión pensou en bombas e granadas, todas elas fétidas e desgranadas.

Governo de Emerxencia

Filed under: 0-1 — pakolas @

As poderosas espinas dobregábanse baixo o coiro lumbar de 0 e 1. Á sombra do cactus compartían conversa e Marihuana.

1- E os anarkistas… ¿votamos?
0- O que botamos os anarkistas e de menos unha boa anarkía. Mais xa no lío, deberiamos ir concretando un Governo de Emerxencia. No caso de que a cousa se poña fea (por exemplo xa), ter cabezas pensantes que sí poidan opinar sobor do que gobernan, e toma-las riendas das infraestructuras políticas xa financiadas varias veces.
1- Ponme a mín de ministro do rock.
0- Non, que tí non tes nin puta idea. Mais podes propoñerte. Terías un salario, se a xente te vota claro.
1- ¿E por onde comezamos?
0- Ministro de economía: Noam Chomsky.
1- Hai un fulano, mestre e mariñeiro, que no meu pobo os poñía a todos a nadar. Conselleiro de pesca: O rubio.

0 sorriu. Fixo palanca contra o cactus ate erguerse. Marcando a chupa a cuchillo, pensando no novo tempo que viría cando morrese o demo da cracia.
1 riu abertamente, debuxando a man na areia con sombras. Primeiro a victoria co índice e cos corazós. Logo virou a man e baixou o índice.
1- Cabrós.

Entropía (en diante S)

Filed under: 0-1 — pakolas @

En termodinámica, a entropía é a magnitude física que mide a parte da enerxía que non pode empregarse pra producir traballo. Pero voltemos á realidade:
A noite cae fría e seca no deserto, e a lúa brila pola súa presenza. E vémola porque non estamos no medio (ou a eclipsamos) e lle da a luz, (ou o Sol a irradia).
1 trabou as puntas das botas na areia, e o aceiro atacouna cun raiante fío agudo. Erguiu o mentón ate a prepotencia.
1- A Lúa me atrae. A saco. A Terra me atrae máis. Neste punto, claro. Tamén poidera caer na Lúa. Isto me lembra a unha noiva que tiven.
0- A consecuencia deste fluxo e refluxo constante (ou ritmo) que remexe a auga e a enturbia, é que saen seres do caldo. Papá Sol e Mamá Lúa. Un da calor, e outra remexeo todo. A búsqueda entrópica (ou S) de vida noutros planetas debería combinarse coa búsqueda de lúas proporcionalmonte enormes con respecto ó planeta luneado. Neste sistema hai moita pedriña polos Júpiter, pero nada comparado con Selene.
1- Pero cero, eu falaba dunha pava. Quecina e arroupei, e ela…
0- ¿Remexeute todo?
1- ¡Eh! Cómo…
0- ¡Ah! Migo…
Na noite as crestas coma navallas das dunas aceiradas semellaban trampas desproporcionadas que inútilmente pretendían cortarlle-lo paso.

Teleostias

Filed under: 0-1 — pakolas @

1- Joder, ¡Qué calor!
0- ¡Home…! Estamos no deserto…
1- Molaba teletransportarse ate o oasis.
0- Xa. Coma cando te estás facendo polvo, e pensas na cama.
1- Sí tío, fas ¡chas! e te teletransportas onde queiras.
0- Pffff… O teletransporte é un superpoder que non vale tío. É como trampa. Non serve. Cero. Nada. Date conta:
Pra empezar, teriamos que falar do teletransporte tipo “Rondador Nocturno”, é dicir, sen cabinas nen nada ¿non? porque doutro xeito, xa te vexo poñendo unha cabina en cada lugar ó que precisaras seren teletransportado. ¡E te regalo as inalámbricas!. Mais isa non é a cuestión principal. A cuestión principal é que se te desmaterializas nun punto “A”, e te materializas nun punto “B”, non estás viaxando. Definitivamonte non vale, porque NON É UN TRANSPORTE. Non te porta, tío. Te deriva, e logo te integra. Te modula, e logo te demodula. Te destrúe, e logo te reconstrúe.
E no caso de que lograses o “transporte” (en plan Iron-man, que llo compra supertodo a un fulano superlisto que llo mete no supertraxe: “-¡Hala!… Se me acaba de ocurrir una idea buenísima. Un misil nuclear interplanetario del tamaño de una moneda.”) e lograses “transportar” a túa materia dun espacio a outro, eu pregunto… ¿En qué preciso momento ou lugar, se des/materializa a consciencia? É dicir, se recolocases exactamente a mesma materia exactamente coa mesma estructura exactamente no lugar preciso … ¿Son suficientes as tres dimensiós (espaciais) pra da-la condición da túa consciencia colocando todo no sitio exacto, ou precisas da cuarta dimensión (temporal)? ¿Daríanse as condiciós ideais pra “exactamente” a mesma consciencia, ou volverías a comezar coma un bebé?.
1- Sí tío, mellor a pata.
0- Sí. Amáis así Falamos…

1-0 Falan de 0′ (en diante 0 prima)

Filed under: 0-1 — pakolas @

1- ¿Y a moza?
0- ¿Qué moza?
1- Non jodas.
0- ¡Ah…! Vina onte. Lle dixen: “Te quiero”
1- ¡TIPO!… ¡Non lle podes dicir iso a unha muller!
0- Dixen “te quiero”, mais preferíría telo retirado e matizado. Ó que me refiro é a que os humanos repetimos esa fórmula pra intentar facer entender ó resto dos humanos o que sentimos. Evidentemonte, isto nom é posibel, mais consensuámo-la fórmula pra evitar parecer estúpidos intentado explicalo. Entón ven a parte na que cada un intenta atopa-las verbas adecuadas nom tanto pra explicalo como pra que a outra mente se poda facer unha idea. ¡Da igual!. Ningunha mente se pode facer unha idea. Cada unha fai a súa. É inútil.
De feito, estamos de acordo en que o azul é a cor, mais isto a base de aprendizaxe. Certo é que físicamente o ollo recolle a info dun xeito determinado e a envía ó cerebro. De ahí en diante, pódese falar muito, mais aseverar pouco. Quero dicir, que unha cousa é o proceso e outra a percepción en sí.
Cae polo seu peso, sabueso, que isto se lle ocorreu a alguén moi listo, e resulta unha práctica moi práctica, e logramos entendernos co informático cando lle explicamos cómo se queda a pantalla cando sobreven o colapso do ordenador.
Cando andan polo medio os sentimentos, todo se complica, pois non temos un referente global que nos indique a dirección do consenso. Non existe unha versión do amor humano externa ó ser humano. O amor é a versión humana do amor (en todo caso). Nen sequera ó namorado lle parece suficiente a comparación coa novela do Montesco.
1- Xa… E ela ¿qué dixo?
0- “Te quiero”
1- Xa…

O – 1

Filed under: 0-1 — pakolas @

Atópanse dous sudorosos heavies (en diante 0 e 1) no deserto.
0 -Joder, tío, cómo gostaría de atopa-las verbas exactas pra comuicarte a ledicia que me produce atoparte.
1 -Eu tamén tío.
Un abrazo

Camiñan xuntos, e ó cabo 0 agóchase sorprendido recollendo algo da areia:
0 -¡Ostia|, Tipo…, ¡Unha pedra preciosa…!
1 -¡Quita de aí!, se iso é un ladrillo…
0 -¿Qué pasa?… A mín me mola.
1 – Alégrome moitísimo de que te mole, porque non podo percibila coma tí, mais sí entendo o pracer que produce esa sensación. A mín me pasa cos Zeppelin.
0 -Buscan vocalista.
1 -Sí. Molaba.
0- Sí.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons