Pensamento Livre

HOXE:

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Aconteceu:

A madrugada deume moito que pensar e pouco que facer. A mañanciña desapareceu e a mediodía comecei co techo da terraza. Pra tal poño as chanclas que me molan sen que se me pasara pola cabeza pensar que as usara pra puli-lo óxido do cadaleito. Despois de dous ou cinco minutos, descubro o que parece o paseo dunha pantasma con chanclas metálicas por toda a casa, que inclúen os farrapos que… que poño mil lavadoras, vamos… e xa postos vai o saco, o cójeme de Son Gokū (孫 悟空,?) e uns trapiños.

-Esta pintura é unha mera mancha branca. Non axuda ren ter furado buscando as viguetas inexistentes pra colga-la hamaca. Dúas capas.

Xa que xogo a debuxar vou polos arreglitos do baño. A zoa máis exposta á humidade parece deixarse espatular ate o infindo (témino que define o que non precisa ser tan basto, pero se te pos sae todo).

-Bem. Xa postos rasco todo, mais limpar logo requerirá unha muller, ou un esforzo infindo. Joder. ¿Pedacitos de pintura manchados de pintura?

Repaso un ovo, e limpo cos dous. Decente.

-Esa marca quedará … sempre… sei que está aí… podo vela… BBrrfff….en fin.

O corredor observa con odio o meu paso. Pero me asustan os seus metros. Pra outra.

Me como un plátano. Zumo. Fumo.

-Por certo… pasei polas pezas das venecianas. Coloca-las dúas que faltan deixaría un fermoso espazo libre na memoria do meu Xa Petao cerebro. Colocadas.

-¡Ay! ¡Mi dedo…!

Molaba encintar pola cociña (o fregadero só… veña), pero pra iso teño que livera-lo todo e lava-la louza. E non por ese orden. Joder.

-Está demasiado atascado pra non asesina-la gata no intento, así que desmonto, e remonto as cañerías ate o impoluto final. Sí. Era necesario.

Lavo todo o que existe. Continentes enteiros.

-¡Bem! Xa podo raspar os azulexos pra que pague a pena o esforzo de logo enmasillalos. Quedou un bó pedazo feito. Mañá o remato.

Me como un plátano.

Escrebo unha líña a unha muller…

Onanismo verbal

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Quixen dicirlle a soas… “-Ven antes e marcha máis tarde.”, e rematei suplicando… “-¿Por qué non vés antes de te iren?”.

Ennubecidos coma bobos impúberes vencímo-lo cumio fumando a Juana a caramelo, e o mel a lametós, e aquela vivencia tan dramáticamente insípida que eu épicamente engrandezo ate o HenryMillerianorgasmático, lle dí ós outros o que queren oir.

Así me invento varias danzas miñas que eloxia o resto, e nen sequera teño que pensa-lo que signifique. Sorte que os que me ulen se achegan buscando traductores personalizados de sentimentos e outras alleas complicaciós non só pra estaren de acordo.

A palabra é un medio fortísimo de comunicación. O máis seguramente. A verba escrita entra e reentra coma puñal.

Mais… ¿Tí entende-lo que che digo? Tí me escoitas ¿non é?

A maxia non existe. Existímo-los ilusionistas.

Eu falo así… e desaparezo.

Eu, xenio.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

auroraygenioluz.jpgXa sei que este o meu xeito de senti-las cousas non é axeitado, mais de sempre, asustado, me teño axustado ás normas fixas de xente extraña.
E endexamais me serviu.

Existo por seres externos que me fixeron subsistir ate deixar que o fixera por min. E non fuxo das esixencias que nos unen.

Sego a desexa-lo que non coñezo coma un obseso, alimento o seso e desexo o mesmo sexo, non pra enxaulalo mais preservalo.

O éxito é o feliz fin dun axioma. Coma núas xuntas as amantes liveradas, que elixen hoxe pra deixa-lo mundo e adicarse ó outro.

Non deixo de vixiar que non xordan reixas nen verxas de redor, e as derribo a soplidos e en campo aberto abro os brazos e sinto cada verba pra aturuxa-lo teu nome alto e bravo. Calado ate os ósos do oxíxeno que me queima a pel.

Vexo a claridade frouxa e difusa do crepúsculo coma penúltima, e gozo o luxo de cada verba túa coma luz de lúa.
Luz que é arte. Que peta nela e parte de rebote, coma atoparte.

Eu, xenio, baixo o peso da sensación de saber mais por sabio que por pelexo, que se de base teño un x, son fuste que ten e sostén o planeta por capitel.

Calor

Arquivado en: Faladas — pakolas @

calo.pngPois hoxe vai de alegría e consciencia. Consciente de estar alegre e ir indo e vir vivindo. Alegre por seren consciente de que hoxe, coma outrora alguén me pediu que escribira. Grazas.
A ela e a todos, que sei que existides por egoísmo. Case por supervivença.
Mais me servides bem de espello no que verme mellor ou pior. Sodes vos os que me mostrades o bon e malo de min, igual que eu a vos. Cando sou só solo ser espectador pouco severo conmigo mesmo, por coñecerme. Por comprenderme e arrouparme a min mesmo, que son o mellor que teño. E o único.
Pretendía coñecervos e comprendervos, e arrouparvos, parvos, mais vos, o que pretendedes e acabar comigo.
Pois nesa loita luito; E agradezo a compaña. Miúdo vehículo planetario comandamos, con toda esa parafernaria de vida, sangue, dor e de morte.
E toda esa pesca, e toda esa caza, que de sobrada vai linda e marcada e mancada por outros coma nós.
Hoxe montei unha partición en /dev/mapper/. Foi un erro.
Que me deixa aquelado ate volver ó taier.
Hoxe soltei unha maldición, e non confesei estar disposto a non poseerte tanto que te me escorregues entre os dedos. Poseerte cada vez, non todo o tempo. Foi outro erro.
Que me deixa tocado ate volverte ver ou voltar a verte, e que só quero liberar esas verbas na escuridade dos teus ollos.

Kaos

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Na miña experiencia, a Natureza se empeña en devolverme ó caos. Á terra.

Faime perde-lo móbil, o pin dos Guns, córtame as unllas, e faime depender do sangue que me oxixena ate morrer.

Non vou eu pelexar contra a miña propria natureza. Non podo colecciona-la miña vida, e facer unha exposición dela.

Ela é desas praias de area tan rica que contra máis a presiono pra retela máis se che me escorrega entre os dedos. Ó fin non sabe un qué lle quedará. Se lembranzas e pó, ou a pedra preciosa da esencia da Terra.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

O bipartidismo e a nai que os votou

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Política bem entendida como a de que cada cidadán sexa quen decida en cada momento cómo emprega-lo rendimento do seu traballo é unha cousa extraviada. Cando o comercio e a industria emprega Recursos Humanos, xa non é unha cuestión persoal, e te jodes.

Que de cada grupo de persoas con intereses parecidos xorda un representante que os defenda é lóxico e preciso pra unha funcionalidade mínima (supoño). Se segues globalizando o poder de decisión aparecen ducias de grupos políticos. Se continúas acabas como en USA ou en Spain, cunhas elecciós que recordan moito ó Madrid-Barça, e ó final, (como nom), acaba mandando un tipo.

Isto me recorda un pesadelo que tiven.

É así

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Un fulano ten 1207 corbatas no seu perfecto armario. Quere poder elexir, e cada mañán moléstase en elexir unha.

Outro fulano ten 5. Parecidas. Gosta de elexilas. Non gosta de que o molesten namáis erguerse.

Un fulano ten toda a discografía de todo…

E así…

Chiste

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Unha parella está facendo o amor. Ela convencida de quedarse, rematado o acto, lle pregunta:

- ¿E cómo lle imos chamar ó bebé?

Mentres o home anuda o condón, o tira polo water e tira da cadea di:

- Se sale de esta… McGuiver.

Ela levanta desafiante un alfiler, e responde:

- Ou Houdini…

Presa

Arquivado en: Faladas — pakolas @

greta.JPG

¿Así que qués unha poesía?

¿Unha miña que te diga? ¿Que te escriba?

Pois non son escritor, que Falador. Mais se queres che falo que atravésa-lo meu espazo con ese desparpajo e atención. Disípa-lo vaho que vos cubre a todos co alento da túa risa e coa claridade das canicas dos teus ollos. Furacanes de intelixencia e aire limpo que me traen con forza planetaria.

Trapos inxustamente axustados e medias enteiras caladas ate onde eu non chego. Calado cálido desexo. Non atino a descobri-la túa greta. Vulnerabel punto fraco de entrada pra rompe-la resistencia que te manten tan enteira e insumisa.

Pra ti ló esta cuña. Publicitaria de min. Pénsoa golpear ate te abrir, e no colapso afogar se son quen na avalancha presa licuada do teu corpo forrado en pel. E nos teus beizos lambe-lo teu mel, se son quen… rendido.

Poida que vencido.

Primeiro Batallón de Autodefensa Animal Contundente a Dúas Maos.

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Erguédevos, membros do Primeiro Batallón, desempolvade as vosas casacas

 

Engrasade as baionetas, dirixímonos á batalla

 

Destruíde tódolos muros, derrubade as alambradas

 

Atoparémo-lo noso refuxio, entre rúas destrozadas

 

Rajade, golpeade. gruñide, Krunch. As súas testas son vosas dianas

 

Facédevos coas estradas, de estandartes alfombradas.

Anos

Arquivado en: Faladas — pakolas @

ano.jpegHai moitos anos. Hainos froidianos, kaftkianos, aristotelianos, platonianos. Básicamente, todos levamos un ano dentro. Eu agacho as orellas cando penso na bronca que nos botaría calquera destes grandes pensadores se sacásemos da ficción a posibilidade de que algún poidera opinar hoxe. Grandes homes e mulleres que dun ou outro xeito iluminaron unha nova área de pensamento cunha intensidade descendente en círculo, de xeito que outras mentes poideran partir dalgún punto e segui-lo seu proprio camiño. Sen embargo nos empeñamos en calcular e recalcular e redefinir e matiza-las ideas xa iluminadas.

O pensamento fulano, abre varias portas pra cruzalas e ver qué pode haber alí. Portas que antes non coñeciamos.
- ¿Pero é que non me escoitades?. Que digo que non todo é o mesmo, que hai moitas cousas.¡Que hai que asomarse a mirar!

E nos:
- Elocuentemente… ¡Qué bem falou Zaratrusta…!
- Imos redesenrola-lo roio pra alcanzar os 17 matices de branco da luz que ilumina o resto das cousas. A ver… 1.

Agudo é un ángulo de menos de 90 graos. Paupérrimo ángulo de visión en relación ós 360 posibels por dimensión.

Obtuso pode pasar dos 90, e seguer a selo. Anos, claro.

Maga

Arquivado en: Faladas — pakolas @

maga.png

Es o xoguete que nunca tiven. Tes beizos coma labios e labios coma teclas de cerebro. Non tes curvas, que son tetas e ano, que amo se amar é algo. Seino de ti, que sabe-lo que digo. Que fago un amago de violencia pra desfacerme de miles de anos de memolución e senti-la dureza da Vida fodendo o calor do Sol.
Tiña moitas gañas de veren algo tan bonito coma ti.¡Oiches?

Chéiranme os dedos a hiel, e ó mel, e a túa boca sabe a min, se é que o sabor se conxuga, e misturámo-los sensos, e os sabores e os sentidos, e xa non son un. Son dous.
Xa sei o que se sinte sendo ti. É o mesmo que sinto eu.
Loito coas telas que me negan a natureza, e antes de me espir, xa nos corrimos.
Xogos de roles, de rolos e cinchas, e mantas e plumas, e panos e roupa.
Contos ao oído e estertores de vida.
Logo acordo rastrexando o teu corpo. Buscando asi-la ergonomía da túa pelvis. Fechando torpes as maos atopando ausencia. Enganado porque este leito ule a tí, que estás a mil ladrillos, a cen cidades. A dous parsecs de min.

Y eu só quería despertarte pra facerte volver durmir.

Miña

Arquivado en: Faladas — pakolas @

minha.jpgSinto reterte de memoria percibindo o mundo distinto. Teño frío, e a cotío, imaxínome preso do teu peso tan preto que queimas. Sen compromisos nen débedas. Sen concesiós nen súplicas. Por pura vontade.

Sinto roubarte minutos de ollos pechados e mente aberta descubrindo a lúa da pel túa, o sol por melena e por sorriso a mirada.
Sinto imaxinarte tan despoxada de todo, maxestuosa espida, muller e ser.
Sinto bicarte sen ti sabelo.
Sinto durmirte ó meu carón, e observarte rendida, reaccionando a soños absurdos que me escusan abrazos e cunas.
Sinto mostrarte o animal que son, dándome ou tomándote sen outra moral que a nosa.
Sinto non che ter dito ren do noso, mais bem pensado, é meu contigo.
Sinto todo iso.
Sintoo tan delicada e pracenteramente, que non esquezo nen un intre de estar contigo. Acordo citas pra atoparmos de novo. Nunha sala que non existe. Nunha habitación baleira chea de nós.
Sintoo tan bruscamente cada vez… que nono evito. ¿Pra qué?. Se son tan monstruo como os meus segredos… Por tí ló son un anxo.
Sintoo moito, e a miúdo.
Síntome bem, ó teu abrigo.
Eu quedo contigo.
Ti ficas comigo.

Falas Faladas

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

 

 

 

Creative Commons

Aquí téde-las Falas Faladas.

Recollido no “Acceso Universal ó Coñecemento Humano”, ou Archive.org.

Baixo Licenza Creative Commons.

Música por DaRkSiDeZ ProDuctionS.

10010110:

^ΣndΣr^

Ebanista

Arquivado en: Faladas — pakolas @

edu.jpgEbanista contrúe con madeira unha cadeira máis aló da descripción das verbas atinadas ou non.

Pra facelo emprega un afiado machado que conserva por bó.

Algún animal educado mal, empregou o machado pra sesga-la vida doutro cidadán.

Só é unha ferramenta. Sería estúpido limita-lo acceso a ela.

Inútil sería tamén pretender acota-la desbordante expansión de información consecuencia dos avances tecnolóxicos. E se no tempo que levamos, o volume de información accesibel multiplicouse exponencialmente ¿cal será o acceso a ela noutros XV anos?

Todo o mundo poderá construir calquera ferramenta. A única posibilidade de que non se empreguen mal é a educación.

Educación cidadá no senso máis inxenuo, que é tamén o máis exacto. Só así poderiamos evitar a miles de trogloditas blandendo afiados machados conservados por bós.

E os rapaces que agora teñen XV e non aprenden ren, son as bestas que nos atopamos con XXX incapaces de solucionar ren, e que frean ó resto cára un pobo mellor.

Alquimista

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

alquim.jpgO alquimista cambiou o concepto do seu nome. Convertiuse nun constructor de materia. Un home do futuro que aprendeu os segredos da “construcción”. Soupo de elementos e enlaces. Aprendeu de sistemas e procesos. Empregou máquinas e colaborou con tódalas mentes que se achegaron.

Simplemente deseñaba, calculaba, preparaba e recolocaba carbono, nitróxeno, oxíxeno e fósforo. Da mesma forma reconfiguraba enfermidades, creaba vida ou materia inerte.
Pensaba o perigosa que era a súa habilidade. E o marabillosa.
Resoplaba e botaba as mans á cabeza imaxinando o que poderían ter feito os seus predecesores cun poder tan cargado de responsabilidade.
A humanidade avanzara finalmente no seu camiño de comprensión do seu proprio universo respetando, serenando, creando e vivindo.
Xa tódolos procesos de comunicación se compartiron e distribuiron.

Humanos e demáis animais, coexisten sen a necesidade de loitar polos seus dereitos, xa garantidos polas leis. Leis que evolucionaron tamén e maduraron da man do desenvolvemento das comunidades liverpensantes cára educación dos máis novos nunha comunidade responsabel, abandoando as proto-leis de condena e penalización de anos pasados.
Por fin o control das actitudes humanas foi devolto ós seus lexítimos donos pra definirse un a un nunha mesma coexistencia, convivencia e comunidade.
Preguntábase o creador de cosmos se o verían os seus ancestros coma un deus. Programador da casuística. Creador e terminador de vida. Teletransportador cuántico de materia. Inxenieiro de existencia. Manipulador electo de vida.
E negaba coa cabeza. Fungaba e rumiaba aspaventos comprendendo a inxenuidade daquelas xentes sen formación nen información que non podían senon ter fe no seu futuro en troques de construilo.
Non tiña claro se aqueles séculos escuros de guerra, maltrato á única natura e analfabetismo social foran tan cruciais, ou simplemente foi un anaco de historia a non olvidar por todas e todos.

Cada minuto durante décadas morreu a coñecedora da solución da enfermidade. O creador da máquina de transporte inocuo e a nai do futuro fillo. Tamén un músico extraordinario, un sastre, unha modista, e un gran mestre de xadrez.
Todos eles desapareceron pra sempre por culpa da mala educación no berce.

¡Cántos alquimistas morreron á vista cega e estúpida do resto da humanidade!

Onironauta

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

onironautaA onironauta aprendeu a ser consciente nos soños. Consciente da súa ensoñación. Capaz de distinguila da outra realidade. Esa da cama, da carne, dos ósos, do tempo perdido e do tempo gañado.
Era exactamente espertar durmida no medio do soño pra entender que estaba soñando, e comezar a experimentar con tódolos caprichos da súa mente.
Este outro mundo non tiña limitaciós. Nen físicas nen metafísicas.
A exploradora de sí mesma adoitaba tenta-la cordura mentres durmía, empregando os soños como lámpadas maravillosas que lle permitían converter calquera situación nun pracer pra os sentidos, e volatizar todo o que a incomodaba.
Cada noite era unha aventura nova na que mergullarse tra-los persoaxes dos seus soños que a esperaban pra arroupala cos seus desexos máis íntimos.
Aprendeu a facer isto en pouco tempo, mais lle deu a impresión de coñecelo de sempre.

Posuía dous mundos. O real, limitado por compartido, e o onírico, onde todo era posibel, onde non existían normas nen regulamentos. Un mundo autodictatorial sen os inconvintes morais da denegación de dereitos dos demais seres vivos, inertes ou ideados.
Tralas experiencias, non persistían as culpas nen os rencores. Non había penas nen alegrías. Todo quedaba nun recordo máis ou menos duradeiro dun acontecemento que nunca acontecera.
Pero… ¡qué incríbel sinfín de momentos!
¡Qué sensación de liberverdade!¡Non vivi-la situación, mais inventala!
Tódolos seus soños a enchían de viaxes de calma, calor e carne. De paz e sonrisas. E de frores.

Tódolos persoaxes aparecían e volatizaban á velocidade do seu pensamento, coexistindo na súa realidade inventada perfecta.
Soamente atopou un espazo descoñecido. Imprevisto. Un recuncho que a atraía como nengún. Alí unha cadeira baleira, e unha figura escura, que fumaba a carón dun lume imposibel ideal, pesadamente apoiado na repisa dunha lareira. Reflexivo e ausente.

-¿E tí quén es?
-¡Es tí quen é! Eu non existo…

Botouno do ensoñamento á velocidade do pensamento.
Mais voltou. Cada vez máis a miúdo. Cada vez máis presente. Cada vez máis atraínte.
Aquela sensación de descoñecemento lle resultaba excitante e familiar.

Era como buscar e descubrir novos seres e estares.
Era como no mundo real.

O recto senhor

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

sabio.jpgO senhor rector do sainete de promociós nacionais do oligopolio, como moitos ignorantes do seu entorno, molestan ó resto con frases lapidarias como que se vai acaba-la piratería e que as industrias industriosas se encargarán desos rufians.
As persoas que posuímo-lo Dereito, que somos todos, (escribíndoo con maiúsculas porque entendemo-lo que significa e dignifica se-lo herdeiro do Dereito que outras mulleres e homes lograron poñer en cita universal pra garantir a calidade de vida dos seus semellantes) temén sabemos distinguir entre os Dereitos e as Leis.
Tan boas ideas tiveron estes homes e mulleres que o resto da Humanidade estivo de acordo con eles, e o puxeron por escrito pra os presentes e futuros membros da comunidade. Por desgraza ou pra regozijo de algún, o devenir da comunidade pensante do Planeta, sufriu varias épocas escuras durante as que determinados grupos de individuos caían presa da ignorancia ou desentendemento do seu tempo, pervertindo as Leis ou adicando a súa vida ó mantemento de determinadas instituciós decrépitas e antisociais numerosas en gran número cántas veces e de qué forma…
O peculiar da raza Humana é a inconsciencia da falta de perspectiva.
Así moitos temos que sofrir a iracunda embestida de sofridores do seu traballo, coa incontenida risa que nos provoca, e que ás veces nos asusta.
A creación artística nunca foi dirixida por nengún artista cára exclusión do espectador.

Existe algunha institución artista-legalista belicista moi lista e pouco realista, que causa sensación cós seus despregues de cartos, mezclando o Dereito cos negocios.

-De tódolos xeitos da igual.
-Déixaos estar… Dicía Currás que ten que haber de todo.
As novas tecnoloxías nos están dando a oportunidade de darnos unha oportunidade a nós mesmos e ós nosos conxéneres.
As ideas globalizadoras neoconservadoras son perigosas. Os comentarios previsibels de personaxinhos de poucos anos e moitos cús, non conmoven a ninguén que estea relacionado mínimamente coa tecnoloxía real e non a través dos escasos medios divulgativos que temos a man.
Hai que ser humildes e renderse con disposición ás mentes que nos fan crecer como comunidades livres que somos.
Xentes que nos guiaron como amotinados nun barco sempre á deriva cheo de falta de espazo. Nos mostraron o camiño e nolo seguen a mostrar. Prestemos atención a quen realmente a merece.
A piratería non existe. A cultura só ten un sentido, e no noso mundo, hoxe, só cabe esperar que de novo as instituciós perversas da sociedade acaben o seu ciclo e desaparezan pra redirixir de novo o barco cáro Norte da calidade de vida para TODOS. O esforzo dunha empresa por sobrevivir, non debe ser confundido coa declaración de Dereitos dunha comunidade. Grazas senhor O.E.K. pola súa opinión. Sabemos qué é o que precisan vostede e a súa empresa.
O resto dos seres coidaremos de nós mesmos.
Crearémo-las nosas redes de comunicación e conservarémo-la nosa cultura e natureza. A súa tamén.
Sorte ós bós.

Galiza, dentro e fora

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

galizan.jpgResulta que imos ser tod@s iguais.

As mulleres son todas iguais e iguais ós homes; Todos eles son iguais ó resto dos espanhois; Estes iguais ós franceses, alemans e resto de idénticos europeos; Aqueles son moi parecidos ós americanos e todos queren que asiáticos e africanos veñan a igualarse ó resto.

Isto fronte á Lei. Pra impoñerlles os mesmos impostos, penalos coas mesmas penas ou endereita-los seus dereitos.

¿Qué pensará da Lei e da nacionalidade un africano sen patria nen estado?

Senos mollados papeis, porque tampouco ten nacionalidade. Perdido na súa casa. Perdido nese mapa africano de liñas pintadas a escadra hai mil anos por algún absurdo sajón que tampouco sabía de onde viña.

De vez en cando hai que escoitar a algún imbécil decíndote de onde es ou de onde debes ser. Normalmente xente que xa perdeu, ou que aínda non buscou as súas raíces. Profundas ou sanguentas. Negras, bastardas, quechuas, indias ou protoceltas.
Nacional tamén é unha palabra jodida, porque cada un pensa no seu nacional particular, e recorda, sabe, ou cre saber qué significa.

O interesante é o que cada un sinte como seu. Outra cousa é que non teñas grupo nen manada (qué putada). Entón tes tódalas papeletas pra convertirte nun observador de nacionalidades, e comezar a decirlle ó do lado de quén ven sendo.

Eu e outros iguais ca mín témo-la sorte de ser de onde nos sae dos collós.

Da man do coñecemento

Arquivado en: Faladas — pakolas @

conocimiento.jpgTod@s cren que Eduard é especial, tirando a tolo.

Porque a cada paso se sorprende de todo.

A medida que adquire coñecemento, a súa cachola é capaz de comprender máis detalladamente cada un dos acontecementos que observa.

E cada pequeno anaco de vida lle leva á sorpresa constante do incríbel que resulta a súa simple existenza.

E tódolos enormes universos de vida o sorprenden constantemente polo alucinante que resulta a súa complexa existenza.

Se é que exinten…
Cando arrinca a máquina, todo é normal, e o que prema o botón pode non parar un intre a recrear mentalmente os 1024 procesos e compoñentes que interactúan nun segundo pra que funcione.
Non é o caso do forxador das pezas, ou do constructor do aparello. Ou de calquera que coñeza o seu funcionamento polo miúdo e que poida chegar a recrear na súa mente o maravilloso e complexo proceso, e disfrutar da súa comprensión.

Tamén podería asombrarse do funcionamento físico-químico, ou meta-físico-cómico da súa mente.

Todo depende da atención que preste. E da sabeduría que goce.

E é fantástico…

De resanca

Arquivado en: Faladas — pakolas @

Xan foi estudante pra enseñeiro, e aturou moitas veces a retranca dun canteiro:Velha e burro.jpg

-”Estudiante que estudías. Que sabes latín e letanías…

…¿cómo é que estando o burro no prado, en troques de redondo, caga cadrado?”.

Mascou moitas noites unha solución axeitada a semellante inquedante fenómeno:

-”Según a ciencia mo ensina, e os libros mo indican

dentro do burro hai un canteiro, que antes de cagalo,

… o pica”.

Pasaron anos e se reconciliou coa súa vivenza. Comprendiu que as mentes pensantes interactúan cós seus semellantes. Facéndoos partícipes do seu mundo.

Así voltou Xan a face-lo plantexamento de tal enrevirado acontecemento pra espalla-lo seu proprio coñecemento:

-”¿Sabes o que pasa?.

Ó que lle espetaron:

-”Que tu culo se retrasa”.

Por sorte pra todos voltou acontece-la interacción entre mentes pensantes. Facéndose partícipes dos seus mundos.

Rindo o absurdo, e brindando coas drogas que en troques de levalo o outros mundos, o traían de volta ó seu. Pra mirarse máis preto, e voltar á reconfortante sensación de sinceira fraxilidade.

Só son sons

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

cuerdas.jpg

Non oio ren. Só palabras, música e traqueteos de automóbiles.

Palabras demasiadas.

Música decente.

E automóbiles de merda.

Presta un demasiada atención ós sons que lle entran polas orellas porque nonas pode pechar, máis poucas veces atende por interese.
Porque todo ó redor dun é son. Mensaxes de aluminio, de celulosa ou de oxíxeno. De pedras, de oceanos e de carne.
Só son sons. Se queREmos, podemos ve-LA SInfonía DO Planeta. SInfonía de corda en MÍ maior. Concerto DO SOL sostiDO. Obertura en SÍ, grazas.
A materia non é redonda como no debuxo. Cada quark é unha corda, vibrante coma a dun violín, que dependendo da afinación, configura unha ou outra materia. Así, todo o que percibimos e coñecemos é son. Música e Palabras. Helio e Carbono. Se estás afinado en DO, escoitas a gaita redonda. Se en RE, a grileira. Gústache a materia na que estás afinado, e queres ás Xentes que cantan no teu coro.

Ou afiliación. Ou canción.

Un universo de son que vibra ó teu carón. O único plano plano é o das ideas, que pretenden case sempre velo todo dende fora, e se distrae un da vibración que nos fai homes ou mulleres.

Ou pedras. Ou Terra.

Moda ou Fashion: O que ven.

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

Debido á nefasta influencia que nalgúns seres provocou o todavía peor costume de volcar tódolos esforzos persoais en estar ó tanto de algo tan artificioso como a moda, determinadas persoas perden o control da situación, e abandoan todo razoamento para obter, posuir e abarcar un enfermizo volume de materiais sintéticos coas máis variadas formas e cores.

Cando se agrava nalgún aspecto, esta neurosis desemboca en síndrome.

Aproveitando a adherencia destes desaxustes a vocablos fashion, votemos unha ollada ó que ven:
* As cores: Ós básicos branco e negro, súmanse os pensamentos críticos -ciencia, espíritu e verde herba-, as protestas -interaccción, comunicación, anticlasismo, progresismo, ciberactivismo- e os máis chillós -arte, cultura e natureza-.

* Xéneros rústicos, alimentación naturista, respeto, transparencias, orgullo, reivindicación, conciencia, multitude intelixente, ciberpunks desenfadados, coñecemento e información.

* Estilos de tódalas épocas: os 50s e 60s, pasando pola onda hippie e o retro-rock dos 80s. Feminino e masculino singular, urbanita para o día e labrego para a noite.

* Na biblioteca: Pantalós e saias para vestir, camisas con mangas, calzado cómodo para a saúde e roupa de abrigo para o frío.

moda* Os detalles: pins reinvidicativos, emblemas livertarios, bandeiras de sentimentos, mensaxes “pásao”, tecnoloxía livre aplicada, pancartas escritas con sangue e mentós erguidos. Frores. Lunares gordos e fracos, libros cargados e detonadores nas maos, artesanía e camisetas desafiantes.

* Frases con detalles exclusivos, minis e microostias a remeiros e trepas, balas de algodón, polleras de corte sajón, irreverencia e intolerancia ó cacique.

*Tendencias altruistas e responsabilidade civil. Comunidades e razoamento colectivo.

A trampa da palabra

Arquivado en: Faladas, Falas 4 — pakolas @

pensiero
As argumentaciós creacionistas poden ter dúas vertentes:

A segunda ha de se-la incontinencia verbal dos máis ignorantes. Xentes perigosas pra o resto, que forman rebaños, e precisan de esquemas de comportamento e razós divinas para adivinar qué carallo fan no mundo.

A primeira, e non por elo menos difamante, é volitiva. Non é o produto do sentimento de comprensión. É unha ferramenta para dirixir ós demáis cara ó cerco da relixión.

O lastre que arrastra a humanidade é a confusión (xerada artificialmente polos avatares de determinados movementos relixiosos) que culmina na mezcla de relixión e espiritualidade. E non soamente isto, senon a posterior suposta “inhumanidade” dos que se reviran contra a sinrazón eclesiástica.

Ven isto sendo que primeiro precisan facer que confundas a túa espiritualidade coa necesidade dun deus, para cando te afastas del, condenarte por herexe.

Non vou caer na trampa de enumera-los males das igrexas. Tampouco as bondades.

Vou mirar cara o lado da miña propria natureza. Vou espirutualiza-los meus actos e palabras.
Nalgún momento da existenza, comeza a comprensión e o discernimento entre o que está ben e o que está mal. Comeza no mesmo lugar no que debera rematar toda pretensión espiritual ou relixiosa: No meu interior.

O aliñamento co pensamento relixioso ha de seren activo.

Voluntario. Honesto. Razoado. Sentido.

O aliñamento coa igrexa ha de seren pasivo.

Imposto. Dogmático. Indiscutibel. Sumiso.

¿ Qué lixo dixo de occidente qué, e quén o dixo? ¿Ú-lo occidente? ¿Na esquerda de qué mapa?

Da coraxe a pereza mental dos que arrastran todo o que ven de atrás e falan dende o púlpito da verdade dos seus, que non fan máis que fabricar infelices.

É.

Da coraxe a beleza vital dos que abrazan todo o que ven de atrás e falan deste minuto da realidade dos meus, que non fan máis que tentar ser felices.

Liverade-vos de dios. Sodes vós. Somos nós, os que temos que ir en pos da nosa propria comprensión. Queréde-vos. Non vos distraea xa a atención o circo ou ritual. Non precisades permiso. Precisades facer caso omiso do compromiso que vos impuxeron.

Saúde e calidade de vida, non ataúdes e benestar.

Así caigo de novo, irmaos e irmás, na trampa da palabra…

Un roubado á materia escura

Arquivado en: Faladas — pakolas @

materiaIsta parece se-la faciana da intuída ata o de agora materia escura, que nos une e nos condena a ser todos un mesmo. Realidade invisibel.

¿Quén?… ¿Eu?

Arquivado en: Faladas — pakolas @

 

 

 

EUA tele é unha merda. A música son as vibraciós que sincronizamos. A terra é a Gaia. Os animais sodes vós. O inferno, os demáis. Todo, nada, sempre e nunca son palabras continuamente mal empregadas. Nikola Tesla era un xenio, e Gandhi un bó home. Os fillos dunha cadela, non teñen memoria que repetir. Esvaécense con todo o seu equipo sempre que desaparecen e volven á terra. Para seren un primate, temos pouco pelo, e os demais animais; as bestas que andamos a despreciar, nos teñen medo. O Xadrez é un xogo e a playextension unha porquería. Sabemos que ler nos da sabedoría, pero non lemos. Que coñecer nos da perspectiva. Que os que cambian o mundo somos os que o cambiamos, pero nen coñecemos, nen cambiamos. Coma as bestas, temos medo.

Éxito: Resultado feliz dunha actuación.

Fracaso: Falta de éxito ou non realización dun proxecto.

O planeta está ás escuras. Ocorre que os ollos mostran un tipo de radiación concreta. NADA máis. O planeta segue ás escuras. Me perdo na diversidade das formas que vexo, e esquezo que o 95% da realidade non é visibel.

Amáis diso, son unha consecuencia sen numerar, (porque numerar é de humanos), dun terribel acontecemento que aconteceu noutro tempo (porque o tempo é de humanos).

Nos rixen 4 forzas: A electromagnética, a gravidade, a nuclear forte, e a nuclear débil. Do demáis só falamos entre nós coma se fora realmente importante. Supoño que porque non nos da tempo nunha existencia de facer ren que trascenda. ¿Ou si?

É este un exercicio de trascendencia… para humanos.

Tema deseñado porDL2 Media

Creative Commons License
Este blogue e o seu contido está baixo licenza Creative Commons